Mensajes de LUBIAN (Zamora) enviados por INDA CHO SEI:

Porque non todo é política. O que fai falla é saúde.

Onte fun pasar unha revisión médica.
--E cómo lle estou, doctor?
--Pois moi ben para os 40 anos.
--E quen lle dixo a vostede que eu teño 40? Vou facer 63!
--Pois moi ben. E cánto hai que morreu seu pai?
--E quén carallo lle dixo que meu pai morreu? El ten 87 anos e inda sacha nas hortas.
--Vaia... Falemos daquela de seu avó. Cándo morreu?
--O meu avó inda vive, doctor. Ten 109 anos e está forte coma un carballo.
--Manda carallo! Pois entón, dígame: qué idade tiña seu bisavó cando morreu?
--E dalle coa morte! Meu bisavó ten 130 anos, e vai casar o mes que ven cunha moza de 22 anos!
--Mire vostede: Ándame á brincadeira. Iso non pode ser, que queira casar a esa idade!
--E quen lle dixo que queira? El non quería, doctor; pero deixouna preñada... ... (ver texto completo)
Algo de razón leva vostede, don Cardiño.
Pero as cousas non lle son así.
Que un de dereitas no noso país sexa corrupto é coma se un can lle mordera a un home.
Pero que un de esquerdas sexa corrupto é realmente coma se un home lle mordera a un can.
E hainos.
Cando a monxa subiu ao taxi decatouse que o taxista dirixiu o espello interior cara a ela, e non facía máis que mirala, en lugar de atender para a carretera.
--A ver, señor. Que pasa? Ten que mirar para a carretera, que inda no-la imos dar!
--Perdoe, pero é que sempre tiven o soño de bicar a unha monxa --sincerouse o taxista.
--Vaia! --sorprendeuse ela. Logo de pensar un intre, seguiu a falar-- Ben. Nada malo vexo niso. Podemos facelo, sempre que vostede sexa católico e solteiro. Pero deberá ser ... (ver texto completo)
Vela eiquí: esta ben podería ser a papeleta dun referendum pola independencia de Galicia:

"Queres que Galiza sexa un estado independente?

A.- Pode ser
B.- Depende
C.- Por qué o preguntas?
Son dous nombres propios y tan respetados cada uno. Ahora desde el punto de vista de aquí, a la familia Ferrusola, y a muchos catalanes que conozco, que me dicen; ¡Es que yo aún no lo creo lo de Pujol! ¡Tan honorable!. No les gusta para nada que le llamen Jorge, seria algo así como un desprecio. Yo tengo un vecino muy catalán, también llamado Jordi y cuando lo quiero cabrear le digo Jorge, y se tira un mes sin hablarme, pero es muy buena persona. Pero vamos que yo tampoco quiero cambiar a la ferrusola ... (ver texto completo)
Chámalle XURXO, a ver que cara pon!
Auditorio do Areal

Rúa Areal, 46 36201 - Vigo

Web oficial
27 de Mayo de 2014
Gratuito
Horario: 20:00
Conferencia-proyección-coloqui o
... (ver texto completo)
Graciñas, Barxés.
Costas é un home comprometido coa nosa lingua, alí onde se fale. Para min foi unha honra facer a súa presentación, e levar un anaco das Portelas deica a beira do mar.
Gracias tamén pola túa presencia e por ternos convidado ao que fose necesario, inda que xa tiñamos todo cuberto e comprometido.
Unha aperta de mazapereira.
Lo de los almendros en flor, te has fijado bien? tú has visto blanco, pero también podía tratarse de una borrasca de nieve.
Pois as camelias de Lubián: a túa, as miñas e a da praza Nova Da Fontarbela van cheas de capullos. Dentro dun mes, están floridas.
Por certo, teño curiosidade por saber como vai o asunto da "bacinilla" na Vilavella. Non será La Loca del Tango a que bota o ouriñal pola fiestra...
En Chaos tivemos un problema similar, que houbo que arranxar hai uns trinta anos. Inda podemos asesorar ao voso rexidor, bó amigo meu, para acabarmos co lanzamento á rúa do dourado contido do penico.
Señor alcalde, hay qe arreglar as carreteras de acceso a Lubian, son muy incomodas. Usted e bo alcalde e seguro qe o consigue.
Tés toda a razón, Pepita. Unha delas é da "Junta" (ZA-106) e a outra "de la Excelentísima Diputación de Zamora". A Junta inda ten previsto unha actuación. A ver se cando acaben as obras do AVE conseguimos unha nova capa de aglomerado, que os camións están a desfacela. Pero a Deputación é unha institución que non solo non arranxa determinadas estradas, senon que ademáis ven presumindo de non facelo.
Nesta provincia as carreteras da Deputación non son carreteras. Son "calderilla" electoral. E o peor ... (ver texto completo)
buenas piño este año me toco conocer castrelos y a duli el que viene espero ir conociendo mas foreros... cuando son las fiestas de la tuiza?'
barxes que es de tu vida?
As festas da Tuiza comezan hoxe, venres, na praza nova da Fontarbela cunha verbena do grupo ALKAR. Mañán, sábado, outra verbena coa orquestra PARÍS DE NOIA. E o domingo día 29 é a Romaría no Santuario da Tuiza, desde as 11:00 ata as 22:00: actos litúrxicos, banda de gaitas, artesanía, produtos da terra (Castela e León máis Galiza), orquestra SALSA ROSA e cea de todos os romeiros ás 21:00 horas con dúas vitelas asadas por Karlos Ibarrondo.
Quero agradecer a íste pobo o trato recibido o día da festa do Cortello, pois nahún teño parábolas a tal evento, foi unha coisa que so se pode comprender istando presente, claro que pro padre Xosé so facía meterse ca culpa ca tiña un do Porto, claro eu o primeiro pensaba que por la cercanía sería del Porto de Sanabría, más cuando le pergunto por segunda vez dice ser portugues, eu nahún daba credito so pensaba íste con tal de meterse con migo fai cualquer coisa, totale que o finale tubo que tirar ... (ver texto completo)
Grazas a tí, e mailos compañeiros que trouxeches, por compartires con nós o máis enxebre dos eventos. Este acto xurdíu como reacción á negativa de LA JUNTA a declarare Ben de Interese Cultural ó noso cortello.
A garrafa de viño do Porto veu de Portugal, das partes baixas do río Tuela-Tua, coa intención de facer con el unhas sopas de burro canso. Pero non tivemos a afouteza de facelas, polas crianças que nos acompañaban, e porque dezanove graos son moitos graos para unhas sopas.
Ollo con padre ... (ver texto completo)
Carallo, non sei se ían para cincuenta e tres anos que non pisaba a volta polo noso pobo, cando Federico Martín Bahamontes levaba nove minutos de adianto, e dicen que parou no alto de Padornelo a tomar un pikolo, porque tiña medo de baixar sen compaña.
Onte apoleiráronse nas bordas da estrada ata os máis vellos do lugar para ver pasar coma lóstregos aos tipos das bicicletas.
--Viche o maillot? --preguntoulle Tito ó Alfredo.
--O amalló? Miña naiciña! Cómo lle poideches ver os amallós coa ostia ... (ver texto completo)
Necesito comunicarme ca panade Lubian e non podo non consigo o tlfno, dixeronme qe fai unhas empanadas boisimas ¿recomendismas ou non? Gracias amigos.
659779494 José Antonio.
E bon proveito.
Enterado de la triste noticia, de la morte de un gran amigo, como era para min Sotillo, nahún me queda más que dar el pésame a los familiares, espero que colla un bonito camiño, como el se merece, un gran home, amigo dos seus amigos, sempre mirou por los más necesitados. Pra min nahún te fuches, sempre istarás presente, aprezado amigo, descansa en paz.
O Miguel tamén era algo meu. Non sei realmente o qué. Pai? Irmán? Amigo?
Inda sen ser familiar, sentirei a oquedade que deixa, a pesares dos vinteoito anos de diferencia, pola súa proximidade, a súa conversa, a súa ironía, a súa amabilidade e o seu sorriso.
Pero ese viaxe sempre haberá que facelo, e a el tocoulle baixarse xa deste tren da vida.
Así que, amigo Zé, eu mesmo son quen de agradecerche as túas verbas, no nome da súa familia que probablemente non as vexa neste medio.
Sinor Inda: Emprimer lugar teño que decirle munto obrigado por lenvrarse de min, logo por el fondo del seu relato, que desdelogo nahún téin desperdicio, o sinor escrebe el portugués munto béin, además le da unha entonazahún munto pecularie, parece como sí istibese de profesor en algunha academía portuguesa. Tambéin le digo, que como dice o sinor practicando portugués, sei que nahún ha mala fe más si nahún como dice el tópico, el meu quedaría como cagancho en toledo.

Unha aperta.
Ese portugués meu, amigo Zé, só é unha copia literal sacada do facebook, compartida con outro amigo portugués.
Quixe compartila cos foreiros, porque describe, sen marrarse sequera nunha vírgula, a situación que se está a dar tanto no seu país coma no meu.
--Pai, eu preciso fazer un trabalho para a escola! Posso te fazer uma pregunta?
--Claro, meu filho, qual é a pregunta?
--O que é política, pai?
--Bem, política envolve povo, governo, poder econômico, classe trabalhadora e futuro do pais.
--Nâo entendí, dá para explicar?
--Bem, vou usar a nossa casa como exemplo: Sou eu quem traz dinheiro para casa, entâo eu sou o poder econômico. Sua mâe administra e gasta o dinheiro, entâo ela é o governo. Como nós, ela e máis eu, cuidamos das suas necessidades, ... (ver texto completo)
Esas "Juntas Vecinales" nada teñen que ver coas nosas, pois os montes delas non están clasificados como veciñáis en man común. Decataivos que na reportaxe anterior non aparece Galicia, rexión onde máis abundan os montes veciñáis en man común.
En toda Castela e León só hai 13 montes veciñáis en man común, e deles hai 2 en Lubián, 1 nas Hedradas, 1 en Chaos, 1 en Hedroso, 1 en Acibeiros e 1 en Padornelo.
Os outros están nos concellos de Cernadilla, Mombuey e o de Cional en Villardeciervos.
A Lei ... (ver texto completo)
Houbo en Lubián un boticas que unha noite, nun dos bares que había daquela, prendeu co chisqueiro un feixiño de petardos, ciplinou o chisqueiro para baixo dunha mesa, e quedouse cos petardos prendidos na man. Menos mal que os artefactos tiñan menos forza que o peido dunha meretriz con tódolos buracos ben afurracados.
Pois ben: onte mandoume a muller cortar una cabaco de xamón para picalo e botarllo ás fabas verdes que xa acabaran de cocer. Como o xamón viña sendo ibérico, tiña por un lado unha boa ... (ver texto completo)
Hoy lo voy a hacer en castellano, así esta tableta no sacará fórmulas raras cuando a ella le parece, se debe creer que es Pitágoras, lista ella!.
Siempre se cuenta lo bonito, los viajes, las fiestas, ferias y demás, ayer he tenido una pequeña contrariedad, fuimos arecoger leña en una finca que està plantada de castaños, con el fin de limpiarla y adecentarla, un palo enfadado por no querer venir para casa sabiendo el lo que le esperaba, me salto a una pierna, la avería no fue grande, todo quedó en ... (ver texto completo)
Coidadiño coas canelas, non te nos aleixoes, que na toñada tés que face-la sidra!
Aquela mañán acompañárame ata o castelo de Fuensaldaña o noso veciño Jorge, quen quería arranxar na Demarcación de Estradas de Castela e León Occidental, en Valladolid, un asunto dunha expropiación da autovía nas Coruxeiras.
Coma un lóstrego chegamos ao aparcamento do castelo, sen paradas polo camiño. E nada máis aparcar, Jorge botouse fóra, xa coa man na petrina, cara un seto que había entre o patio do castelo e un colexio de primaria.
--Quietiño! --berreille antes de botare el a ferramenta contra ... (ver texto completo)
Iso, iso: a xubilación aos sesenta!
Nos anos sesenta éramos moitos os rapaces labregos en Lubián. Como non había televisión, os pais ían cedo para a cama e facían fillos á esgalla. Aquelas eran familias numerosas, e non as de agora.
Tamén había vacas a fartar: trescentas na vacada da serra, cen na veceira que se levaba ao campo, máis as parellas de mansas para o traballo e as becerras que inda eran pequenas para botalas para a serra.
Moitos rapaces labregos, cando se ceibaba unha faceira de rastrollo no acordo, íamos coas becerras ... (ver texto completo)
Sinor Inda: Iso que le pasou o sinor no exercito, istá a pasarme a min cuasi todos los días dibido a mi falta de ortodoncia, claro eu recurro al xefe,éste depois de enxerme a cabeza de cabeza de corzo, me dice si a pergunta e relacionada con los acentos, pon dous outres por línea que por ahí debe andar a coisa, sí se trata que a dubida é de b ou v, me dice cuando teñas dubida pona grande nahún sexas miserias, totale que assín o fazo, claro que depois quéin sempre me dice a verdade é o santo do padre, ... (ver texto completo)
Que Deus che conserve por sempre a túa ortodoncia, Zé das Carvalhas. Ére-lo demo das Carballas, que decimos nestes lares.
Dille ao Xefe que non, que Burguillos non mudou de apellido. Era Don Teodoro de las Heras Burguillos, e non sería quen de pasar de capitán, pola edade que xa tiña daquela. Se acaso, comandante, grao ao que non quería chegare.
Quen sí chegou a xeneral foi o meu coronel: Gerardo Mariñas Romero.
Por outra banda, o xeito máis adecuado de arranxar a ortodoncia é engadir unha posdata ... (ver texto completo)
Burguillos non era o seu primeiro apellido. Para min sempre foi o Capitán De las Heras. Procedía tamén da tropa, como Romerales. Foi el quen me meteu naquela oficina que de tantos barrigazos polas dunas me salvou. Era segoviano, do pobo de El Espinar, e conocía ao comandante Vicente Tomás, de Lubián.
Eu tamén o vin entretenido varias veces, furgando co rotulador e o cartabón na "Escalilla de Oficiales". Pero nunca me atrevín a darlle conversación, se lle daba por estar calado.
Dictábame os escritos ... (ver texto completo)
Como anda o tempo por ahi maña me vou pra laaaa
Ai o tempo! Vaia ración de auga. Non deixa de chover. E por riba, botas unha ollada á ventana para ver se deloura un intre, e o que ves é pasar un enorme camión con este letreiro inmenso: CABREIROÁ!
¿Como no me va a gustar leerle?... Un salud para todos los Pepes del mundo, nombre que nos habla de la sencilled del hombre trabajador, responsable ante la vida y sus deberes.

Felicitaciones por su relato
Blas
Bienvenido, Blas. Que pueda usted leerme muchos años. Y yo escribir. A fin de cuentas, yo me limito a monologar frente al teclado, como lo hago otras veces frente al río, la montaña, los pájaros,... Con los amigos es mejor, por aquello del diálogo.
Cuando empecei a ir o colegio da Mezquita con 6 anos, tuven unha profesora estupenda que se chamaba Doña JOSEFA e que me durou dous cursos, era de Pías. Despóis, tocoume en suertes outra profesora estupenda, chamada Doña PEPITA, de Vilanova, outros dous cursos. Pra mín foi todo un descubrimento cuando soupen que Pepita e Josefa eran o mismo nombre e a miña cabeciña infantil non acababa de entender por qué eran o mismo sendo tan diferentes. En fin, cousas da infancia. Logo xa viñeron Doña Rocío, de ... (ver texto completo)
Doña Josefa, de Pías, é a nai do mellor amigo que tiven eu en Zamora, especialmente entre os dezaséis e os vinte anos: Acedo. Éramos inseparables, inda que el é dous anos menor ca min. Qué parella de dous, aquela! Non había bar, cafetería, nin sala de festas que non souperan de nós. Ata chegamos a actuar como parella de humoristas no teatro Ramos Carrión no intermedio dun concerto. Facíamos dous monólogos cruzados que converxían nun diálogo asombroso. El sempre foi moi espontáneo e imaxinativo.
... (ver texto completo)
Houbo un tempo no que as casas estaban cheas de xente, as cortes cheas de vacas e de res, as pallaregas cheas de herba, os currunchos con sequeiros de leña e palleiros de ramallos, as leiras aradas, as cortiñas todas cheas de patacas, verzas ou millo, e os camiños cheos de bulleiro.
E naqueles tempos había no pobo tantos Josés e Josefas, que a xente houbo de botar man das nomeadas para poder distinguilos.
Estaban o José da Salvadora. o José da Casavella, o Pepe da Joaquina, o Pepe da María Rosa, ... (ver texto completo)
Por incargo del padre Xosé, enhorabuena a la Igrexa, tudos/as los creyentes no creyentes endifinitiva tuda malta, pois debemos istar contentos por Deus noso sinor iluminar al cardenalicio para que saiera elixido el único, que nahún é outro que Francisco I, home sencillo seguidor del gran Maestro fixo de Deus Padre.
Jesuíta, como ROQUE LUBIÁN.
A certas horas da noite mellor e irse a cama en vez de porse a escribir improperios, eso e o qe me pasou a min o Domingo perdon a todas esas personas qe se puderon sentir aludidas polas miñas palabras qe por supuesto non foron mal intencionadas, non e meu estilo creo ser bqstante respetuosa pero a veces se suele meter a pata hasta o fondo; sempre leo os textos antes de envialos e nesta ocasion non foi asi de ahi este grave eror. O sinto de verdad.
Iso pásanos a todos. Pero non te preocupes o máis mínimo, que non diches tempo a que poidera ofenderse ninguén.
Claro que Guti era ése, Barxés. Sempre gustou dos eventos. Ata dos enterros. Era fillo dunha cadela mastín e dun can de caza. Daba risa velo de mostra ata cos saltóis, a pesares do seu corpachón.
Vai sustituilo un cachorro mastín leonés. Este chamarase Karín ou Mou. Sonche cousas dun dos meus mozos, que é moi culé.
Esta foto es única, merece ponerla en un cuadro; porque no se puede compartir, sino ya lo hubiera hecho. Un saludo.
Si envías tu correo electrónico al Ayuntamiento de Lubián (aytolubian@telefonica. net), yo mismo te la mando.
La planta sí se llena de los insectos que dices, y florece en primavera/verano.
Sirva esta foto coma homenaxe á desaparición de Guti, o meu querido can de palleiro, que dormía tempo atrás no palleiro que había á miña porta, e tamén na mesma porta da casa. Ladraba polas noites, e metía respecto aos visitantes, a pesares de ser amigo de tódolos humanos.
Estamos a extrañar os seus ladridos e a súa presencia en tódolos eventos. Onde quera que descanse, descanse en paz, como pacífico foi nos seus dez anos de vida.
Piño: Paréceme lembrar que un día me dixeste que non sabías cual era a SACAPRADA. Vela eiquí. As vacas pacen ao redor desta herba, pero non a tocan co fociño. De comela, produciríalle cirrosis hepática.
Na nosa cultura tradicional hai unha lenda sobre esta herba. Nunha pelexa entre un vibirón e unha donicela, ela envorquillábase de cando en vez na sacaprada. Dicen que cando o vibirón a mordeu, morreu el, e non ela. Algúns vellos cóntano como se eles mesmos fosen testemuñas. Pero iso é un mito. Desde ... (ver texto completo)
Muy valientes los componentes da Banda as Portelas, no les da miedo hacer Km. Por otra parte, tiene mucho mérito el ir a conquistar a tierra de conquistadores (Extremadura.)
Por se iso fose pouco, ás dúas da mañá, un grupo de componentes da banda foi atracado a punta de pistola por un encapuchado na cafetería do hotel de Mérida, onde pernoctamos.
Pero mira tí por onde resultou que o do bombo, aplicando técnicas de defensa como profesional dun corpo militar, desarmou ao atracador --axudado de inmediato polos compañeiros da banda--, e retuvérono, inmovilizado, ata que chegaron varias patrullas da garda civil para levalo detido.
Sí, Pepita, ahora co WhatsApp é máis fácil comunicarse, sobre todo cuando estemos por a terriña. Cuando vaia a Lubián, a ver si consigo o móvil do Piño, o millor hasta él ten WhatsApp tamén e facemos un grupo pra organizarnos millor. E si non o ten, por SMS ou chamámolo, je, je; pero o do ano pasado non pode volver a pasar, inda que eles dous deron boa conta de todo e non nos precisaron, je, je.:-)

Inda Cho Sei, ¿apareceu o Guti?

Piño, xa falta pouquiño pra Semana Santa, sei que está nevando ... (ver texto completo)
Estes días tivemos traballo dabondo, xa que fomos tocar a Olivenza (Badajoz), e entre ensaios, preparativos, viaxes... non houbo tempo para entretenimentos doutro calibre.
O Guti non apareceu. Como andaba moi doente, que nin quería comer, pensamos que morrería no monte. Preto da casa, non, porque temos todo ben buscado.
Antes de nada, felicitacións para o autor das fotos da neve, que é Don Antonio, alias Niní.
Esta fonte, arranxada por Ibereólica, se non me trabuco, está no monte de Hedroso, no concello de Lubián.
Disfrutádea.
Sinor INDA: Según el padre Xosé, dice que o sinor se dedicou a xuntar a neve como en tempos se facia co feno, pra tirar la fota tanhún bonita. Coisa que eu le dixe,-padre tú gostas da brincadeira,-coisa que él contestou de imediato nahún te istás a dar conta que é un erexe, nahún veis o que contou en HEDROSO, claro tú pensas que o sinor Inda é como tú cuando me faces andar o rededor de tuda malta co pote de enxofre y mirra pro desconxuro, logo a min a orella me dices que é pra que nahún xeire tahún ... (ver texto completo)
A ver, Vintecinco: Saúdos para o pater. E dille que ata o de agora teño pasado por irreverente, e chégame ben. Dille tamén que para sermos herexes, antes temos que ser da súa corda. E non temos nin cordel, carallo.
Aí, no Brasil, co calor que fai, seguro que o pater non gasta nin calzóns. Levántalle a sotana... a ver qué panorámica encontras. Craro que agora xa non se lle levanta a casulla ao alzar...
xa veo por esta pequena ventana que todo eso e un remanso de paz, hasta as falepas de neve que revolotean por o cielo se posan en los ojos con exquisita suavidad.
Cuando no camiño da vida encontras lugares y xente así, vale la pena acercarse y caminar xuntos.
Inda que a certeza absoluta poidera se inalcanzable neste tipo de cousas, creo que é certo o que dices. Para máis abundamento, cumpre ler a derradeira mensaxe de HEDROSO suscrita por "aes".
Pois seguramente que, se eran macho e femia, e coa dirección que levaban, nestes momentos deben andar collidas do brazo alá por América do Sur, buscando un remanso de paz,... alonxadas daqueles incómodos xigantes das portelas que non paraban de abanear os seus brancos e longos brazos.....
¡Xesus!
Saludos pra todos.
O problema da parella de falepas foi namorarse. Xa na primeira aperta parecían chorar de amor. Pero non eran bágoas, non. Derreteron, e deviñeron en dúas pingas de auga cristalina perdidas no Atlántico. Se aínda deran chegado á Illa do Tesouro como falepas, ben podíamos facer un contiño. Pero misturadas coa inmensidade do océano...
Os entendidos teñen toda a razón: Xa non neva coma antes nos altos. Pois claro; á velocidade que andan as aspas dos muiños mandan as falepas pras partes baixas; inda onte ví pasar duas, camiño de Cangas.
Pois manda/n.
Mira tí onde carallo foron parar as dúas falepas que nos faltaban!
Gracias pola información.
Xa iremos na súa procura.
Nevar, o que se dice nevar, neva algo de cando en vez. Isto, con permiso de Niní, non foi unha nevada; foi unha pequena nevarada, que dicen os galegos.
É nun dos parques eólicos.
Por certo, dicen os máis entendidos ecoloxistas que desde que se instalaron os eólicos, xa non neva coma antes. Manda carallo.
Nadal do 2011. Paradoxo: para o lobo foi o fin. Non tería nin un ano de edade, cando acabou a súa vida no enlace de Lubián, saíndo de Galicia. Os seus andares seguramente foron a Veiguiña, a Veiga, as Moás, a Penagueira, Rañalobos, Tuíza, Carqueixal, Caiocarro,...
Algunha vez se asomaría ao cortello? Non tivo tempo.
Con relación ó Santiago, de Vilavella, é mui posible que sí o conozas. Posiblemente
bailaras mais de unha rumba, ou pasodoble, no salón de baile que él mais seus pais
rexentaban en Vilavella, ademáis do bar "Pidal".
Como decía seu primo Manolo, formaba parte do paisaxe do pueblo. Será dificil facerse a idea de entrar na Vilavella e non ver ó Parriña no alto da "rampla"; disposto a saludar con unha das suas bromas. D. E. P.
Un abrazo, amigo Inda.
Teño unha fotografía ao lado dunha estufa de ferro, con dous amigos de Chaos e outros dous de Lubián, e dícenme os outros que foi sacada no salón do Pidal. Tería eu uns dezaoito anos. Foi a única vez que estiven no baile da Vilavella, pero non debín de ligar moito, porque non me lembraba nin do retrato.
Polo que se refire á morte, non debe asustarnos, que xa sabemos que eiquí non imos quedar ninguén. Outra cousa é a pena que dá cando se acaba un ser coñecido e querido, claro.
Chegou o noso grupo de Teatro Matamoura a Rionegro del Puente, convidado pola Asociación Diego de Losada de aquel lugar, e comezou por buscar o mellor recuncho para a súa representación.
--Aquí mismo, en el pórtico del Santuario. Éste es un escenario ideal --opinou o noso director plenamente convencido.
--Voy a buscar al señor cura, para pedirle autorización --contestou un tal Eusebio, daquela Asociación.
O señor crego meneou a testa, engurrou o fociño, e case xemendo preguntoume:
--Oiga usted: ... (ver texto completo)
¡Ah! ¿Pero carallo é pecado? Entonces eu xa teño plaza no inferno de trafugueiro.
Consultados o Padre José máis o Padre Moisés (agora nomeado Trajano), resulta ser só un pecadiño venial. Menos mal, carallo!
O Inferno pode agardar.
E ben que os sacou adiante. Mira qué ben educado che deixou o maridiño nas túas mans. Eu xamáis lle ouvín palabra disonante algunha. Nen un só carallo, que xa é decir.
Amigo Inda: Pensome que o bazar existe, é o lado do peirao de Cangas pero agora a señora xa e mui maior e quen rexenta o negocio e unha filla casada (mui ben casada) quen por certo tamen se chama Amor, que xa ten fillos mociños. De quen non puiden conseguir información foi do carteiro.
Un saudo pra Inda, Piño, Candil e todos os foreiros de voa bontade.
Barxés: O mestre é de Coiro, alá en Cangas; pero o bazar do que falo estaba neste lugar de Lubián. É curioso que outra Amor tivera tamén un bazar no peirao de Cangas. Cousas que pasan.
Baixou un día desde a Escola ao bazar que había no pobo, para mercar algunhas cousiñas que farían falta no centro.
Cando voltou, acercouse a min con cara de non saber se contarme ou non o seu segredo. Por fin decidiuse:
--Inda, mira unha cousa... A señora de bazar é viuva, non si?
--Ë viuva, si.
--E o carteiro?
--Manuel? Non. Manuel está casado coa María. É o pai do Niní.
--Pois... enténdense. A señora do bazar e o carteiro... enténdense.
--E logo por que dices tal cousa? --preguntei, escarallándome xa coa risa.
--Porque entra no bazar, o carteiro, e xa por dúas veces o observei... Dícelle
con moito xeitiño: "Hola, amor".
--Claro, home. O carteiro sempre foi moi xeitoso no falar. E a señora do bazar chámase Amor. ... (ver texto completo)
No me acuerdo de D. Federico. Yo nací en el 52. Pero sí oí hablar de él, tanto en casa, como en el pueblo.
No sabía que había venido desterrado. Hoy me dijeron algunas personas de más edad que coexistieron dos médicos en un tiempo: el doctor Camba, que era el titular del partido, y D. Federico, que vino como médico de la empresa MZOV o Cachafeiros, que estaba construyendo el ferrocarril.
¿Estás seguro de su parentesco con Federico Rubio y Galí?
He oído varias veces que algún hijo de nuestro Federico ... (ver texto completo)