LUBIAN: Piño: Paréceme lembrar que un día me dixeste que non...

Piño: Paréceme lembrar que un día me dixeste que non sabías cual era a SACAPRADA. Vela eiquí. As vacas pacen ao redor desta herba, pero non a tocan co fociño. De comela, produciríalle cirrosis hepática.
Na nosa cultura tradicional hai unha lenda sobre esta herba. Nunha pelexa entre un vibirón e unha donicela, ela envorquillábase de cando en vez na sacaprada. Dicen que cando o vibirón a mordeu, morreu el, e non ela. Algúns vellos cóntano como se eles mesmos fosen testemuñas. Pero iso é un mito. Desde logo eu non quixera que me mordese un vibirón, por moi emboutado de sacaprada que estivera o meu corpo.
Busca en google "sacaprada". Verás que é coñecida como "herba de Santiago". En algúns lugares de España chámanlle "sacapedos".
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
O ver esta planta na foto, si me dou conta de atopala varias veces nos prados máis nas cortiñas, pero non sabía cual era o nombre, e' curioso as vacas o precavidas que son, a donicela tan astuta como sempre. Total, que coa planta hai que guardar distancia, a non ser que leve un o Camiño do vibiron. Carallo pra saca parada!.
Gracias por a información.


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España