LUBIAN: Houbo un tempo no que as casas estaban cheas de xente,...

Houbo un tempo no que as casas estaban cheas de xente, as cortes cheas de vacas e de res, as pallaregas cheas de herba, os currunchos con sequeiros de leña e palleiros de ramallos, as leiras aradas, as cortiñas todas cheas de patacas, verzas ou millo, e os camiños cheos de bulleiro.
E naqueles tempos había no pobo tantos Josés e Josefas, que a xente houbo de botar man das nomeadas para poder distinguilos.
Estaban o José da Salvadora. o José da Casavella, o Pepe da Joaquina, o Pepe da María Rosa, o Pepe do Mancera, o Pepe do Saro, o Pepín do Saro, o Pepito, o Pepín da Catalina, a Josefa do Pepe da María Rosa, a Josefa do Justo, a Pepita da Camila, o Pepe da Lourinda, o Pepín do Bar, o Corbal, o Pepín do Corbal, o Pepín do Rato (hoxe máis conocido por Ferreras), o Pepín da Cándida, a Josefa do tío Baltasar, a Josefina do Ramírez, o José do Ramírez, a Jose Peluquera, a Finita, o Xé da Zagala, o Xé da Lola, o Piño do Santiago, o Piño da Consuelo, o Ricoi, o Pepe do Ricoi,... (Perdonen aqueles Josés e Josefas que quedaron nos puntos suspensivos.)
Meu avó, o tío Prefeuto, tiña un nome que non precisaba nomeada. Ninguén o felicitou tampouco xamáis polo santo.
Sen embargo cando chegaba o dezanove de marzo, o pobo fervía de parabéns pola onomástica. No barrio da Cruz había quen saía de casa pola mañá cunha botella na man e unha caixa de galletas María debaixo do brazo, para convidar á xente no camiño, na corte ou na pallarega se te collía acomodando, ou atando a herba.
--Felicidades, José.
--José? Como que José? Así que hoxe chámome José. E tódolos demáis días, Perroscas.
O convidado quedaba un intre en blanco, sen saber moi ben se rir antes de bota-lo grolo abaixo, ou beber primeiro e logo rir.
Tiña máis razón ca un santo. Aquel home só se chamaba José coa botella de augardente ou de quina na man o día dezanove de marzo. Para o outro día xa volvía ser o Perroscas ou o tío Perroscas, según a edade de quen o nomease.
Pero non era certo de todo. Ca. Meu avó non o chamaba Perroscas. Non señor. Meu avó Chamáballe Perrosquiñas.
Sirva este relato como lembranza para todos os Josés que se foron un día moi lonxe, ou moi perto, pero sempre seguirán eiquí: na nosa mente.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Sinor Inda: Nanhún teño párabolas para usted, co béin que conta el día del padre, más alén na aldea donde eu nací, había constumbre de felicitar os Xoses y tambéin os padres de familía, totale que como quéin nahún quere a coisa había un homito que se xamaba Atanasio, le facía a laboura o sinor cura, un tal Dn Arturo, más claro iste homito tiña un fixo numha tal Amanda, pero que pasaba, o referido era un retrato do padre Arturo, claro a mocedade falta de circo na aldea, xente nova y con ganas de brincadeira, ... (ver texto completo)
Cuando empecei a ir o colegio da Mezquita con 6 anos, tuven unha profesora estupenda que se chamaba Doña JOSEFA e que me durou dous cursos, era de Pías. Despóis, tocoume en suertes outra profesora estupenda, chamada Doña PEPITA, de Vilanova, outros dous cursos. Pra mín foi todo un descubrimento cuando soupen que Pepita e Josefa eran o mismo nombre e a miña cabeciña infantil non acababa de entender por qué eran o mismo sendo tan diferentes. En fin, cousas da infancia. Logo xa viñeron Doña Rocío, de ... (ver texto completo)
¿Como no me va a gustar leerle?... Un salud para todos los Pepes del mundo, nombre que nos habla de la sencilled del hombre trabajador, responsable ante la vida y sus deberes.

Felicitaciones por su relato
Blas


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España