LUBIAN: Sinor Inda: Iso que le pasou o sinor no exercito, istá...

Burguillos non era o seu primeiro apellido. Para min sempre foi o Capitán De las Heras. Procedía tamén da tropa, como Romerales. Foi el quen me meteu naquela oficina que de tantos barrigazos polas dunas me salvou. Era segoviano, do pobo de El Espinar, e conocía ao comandante Vicente Tomás, de Lubián.
Eu tamén o vin entretenido varias veces, furgando co rotulador e o cartabón na "Escalilla de Oficiales". Pero nunca me atrevín a darlle conversación, se lle daba por estar calado.
Dictábame os escritos coma se fose un vello mestre e eu un aprendiz, pois como a miña mecanografía era só de catro dedos, en lugar de palabrear, silabeaba.
Unha mañá mandoume repetir un oficio porque advertiu unha falta de ortografía:
--Lubián, coño, pon más atención, que eres maestro. Ovispo se escribe con uve.
--No, mi capitán. Obispo es con be.
-- ¿Con be? ¡Valiente maestro estás tu hecho! Repite el oficio, y corrige esa falta.
O escrito saíu para o seu destino, anunciando a presencia do "ovispo" na Santa Misa e na Parada Militar do seguinte domingo, con motivo de non lembro xa que festividade.
Logo collín un diccionario de castelán da biblioteca para saldar a dúbida, e cando voltou De las Heras, abrino pola palabra obispo, e mostreille-lo con toda educación na súa mesa.
-- ¿Qué cóño me enseñas?
--Obispo, mi capitán, que es con be.
Deulle unha labazada ao libriño que o botou contra a parede, e berrou deste xeito:
--Mecagüen mi puta madre, Lubián. Ni diccionario, ni hostias. Si tu capitán dice que ovispo es con uve, es con uve, ¡joder!.
Eu amodorreime..., encollín todo o que fun capaz de encoller, agarvándome na miña mesiña, mudo coma unha lezma despreciable.
Houbo un profundo silencio duns cinco minutos. Despois levantouse, con non moi boa fustaxe, e díxome con moito respecto e mellor talante:
--A ver, Lubián, a partir de este momento se acabaron los dictados. Yo te mandaré hacer un escrito para tal cosa, la que sea, y tú lo redactas a tu manera, y me lo das a la firma. Buenos días.
Colleu o seu gorro, e saíu pola porta, camiño seguramente da cantina dos oficiais, a degustare unha tapiña de Thackeray, digo..., de bacallau.

Sinor Inda: Iso que le pasou o sinor no exercito, istá a pasarme a min cuasi todos los días dibido a mi falta de ortodoncia, claro eu recurro al xefe,éste depois de enxerme a cabeza de cabeza de corzo, me dice si a pergunta e relacionada con los acentos, pon dous outres por línea que por ahí debe andar a coisa, sí se trata que a dubida é de b ou v, me dice cuando teñas dubida pona grande nahún sexas miserias, totale que assín o fazo, claro que depois quéin sempre me dice a verdade é o santo do padre, o Zé que ignorante xegas a ser, mira que o xefe munto se enxe de reir a conta tua, totale pobre de min que fazo da miña vida, a veces que o terminar de escreber xa me empezo a reir eu pois de outra maneira nahún podía ser que le faza caso o xefe, penso que é un armadanzas.

Agora en serio, sabe o sinor que o meu xefe era munto amigo do seu capitahún sólo que él coñeció por o capitahún das mallas, claro que según o xefe reformouse de xeneral, o que nahún sei por qué le cambiaron o apellido, más eu istibe a darle a cachola y o mellor foi porque era donde se facía a malla.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Que Deus che conserve por sempre a túa ortodoncia, Zé das Carvalhas. Ére-lo demo das Carballas, que decimos nestes lares.
Dille ao Xefe que non, que Burguillos non mudou de apellido. Era Don Teodoro de las Heras Burguillos, e non sería quen de pasar de capitán, pola edade que xa tiña daquela. Se acaso, comandante, grao ao que non quería chegare.
Quen sí chegou a xeneral foi o meu coronel: Gerardo Mariñas Romero.
Por outra banda, o xeito máis adecuado de arranxar a ortodoncia é engadir unha posdata ... (ver texto completo)


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España