LUBIAN: Cando a monxa subiu ao taxi decatouse que o taxista...

Cando a monxa subiu ao taxi decatouse que o taxista dirixiu o espello interior cara a ela, e non facía máis que mirala, en lugar de atender para a carretera.
--A ver, señor. Que pasa? Ten que mirar para a carretera, que inda no-la imos dar!
--Perdoe, pero é que sempre tiven o soño de bicar a unha monxa --sincerouse o taxista.
--Vaia! --sorprendeuse ela. Logo de pensar un intre, seguiu a falar-- Ben. Nada malo vexo niso. Podemos facelo, sempre que vostede sexa católico e solteiro. Pero deberá ser anal, por aquelo de conservarmos a miña virxinidade...
--Pois eu son solteiro e católico...!
--Moi ben, señor. Pare daquela nun sitio discreto.
E alá foi. Deica os mesmos colgadallos.
Ao continuaren o camiño, a monxa notou moi serio e preocupado ao taxista.
--E logo que lle pasa? Arrepentiuse vostede?
--É que lle mentín, señora monxa. E non mo podo perdoar. É que non son nin solteiro, nin católico. Eu son casado e musulmán.
--Pois tampouco se preocupe tanto, home, que eu chámome Dalmiro, tamén estou casado e vou ao entrudio de Verín.


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España