LUBIAN: Porque non todo é política. O que fai falla é saúde....

Porque non todo é política. O que fai falla é saúde.

Onte fun pasar unha revisión médica.
--E cómo lle estou, doctor?
--Pois moi ben para os 40 anos.
--E quen lle dixo a vostede que eu teño 40? Vou facer 63!
--Pois moi ben. E cánto hai que morreu seu pai?
--E quén carallo lle dixo que meu pai morreu? El ten 87 anos e inda sacha nas hortas.
--Vaia... Falemos daquela de seu avó. Cándo morreu?
--O meu avó inda vive, doctor. Ten 109 anos e está forte coma un carballo.
--Manda carallo! Pois entón, dígame: qué idade tiña seu bisavó cando morreu?
--E dalle coa morte! Meu bisavó ten 130 anos, e vai casar o mes que ven cunha moza de 22 anos!
--Mire vostede: Ándame á brincadeira. Iso non pode ser, que queira casar a esa idade!
--E quen lle dixo que queira? El non quería, doctor; pero deixouna preñada...


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España