LUBIAN: O problema da parella de falepas foi namorarse. Xa...

Pois ten razón o noso amigo Ballesteros, estando eu o luns no peirao en Cangas vin pasar as falepas, o que nunca pensei é que a súa orixe eran as serras de Lubian. Chamoume muito atención porque debian ser macho e femia eran mui branquiñas.
Unha aperta pros dous.

Pois seguramente que, se eran macho e femia, e coa dirección que levaban, nestes momentos deben andar collidas do brazo alá por América do Sur, buscando un remanso de paz,... alonxadas daqueles incómodos xigantes das portelas que non paraban de abanear os seus brancos e longos brazos.....
¡Xesus!
Saludos pra todos.

O problema da parella de falepas foi namorarse. Xa na primeira aperta parecían chorar de amor. Pero non eran bágoas, non. Derreteron, e deviñeron en dúas pingas de auga cristalina perdidas no Atlántico. Se aínda deran chegado á Illa do Tesouro como falepas, ben podíamos facer un contiño. Pero misturadas coa inmensidade do océano...
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
(...) misturadas coa inmensidade do océano..., certamente, duas pingas de agua son pouca cousa, pero se nos guiamos polas palabras de Mateo Aleman " De pequeños inicios resultan grandes fines", podemos navegar a través do tempo e situarnos fai, aproximadamente, 3.500 mlla. cuando a condensación do vapor, producido polas explosións que acontecían na recén formada Terra, formou unhas pingas de agua.
¿Cuantas?, seguramente foron algunhas mais de moitísimas, dando lugar a formación dos océanos e, xunto ... (ver texto completo)


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España