LUBIAN: Amigo Inda: Pensome que o bazar existe, é o lado do...

Baixou un día desde a Escola ao bazar que había no pobo, para mercar algunhas cousiñas que farían falta no centro.
Cando voltou, acercouse a min con cara de non saber se contarme ou non o seu segredo. Por fin decidiuse:
--Inda, mira unha cousa... A señora de bazar é viuva, non si?
--Ë viuva, si.
--E o carteiro?
--Manuel? Non. Manuel está casado coa María. É o pai do Niní.
--Pois... enténdense. A señora do bazar e o carteiro... enténdense.
--E logo por que dices tal cousa? --preguntei, escarallándome xa coa risa.
--Porque entra no bazar, o carteiro, e xa por dúas veces o observei... Dícelle
con moito xeitiño: "Hola, amor".
--Claro, home. O carteiro sempre foi moi xeitoso no falar. E a señora do bazar chámase Amor.

Amigo Inda: Pensome que o bazar existe, é o lado do peirao de Cangas pero agora a señora xa e mui maior e quen rexenta o negocio e unha filla casada (mui ben casada) quen por certo tamen se chama Amor, que xa ten fillos mociños. De quen non puiden conseguir información foi do carteiro.
Un saudo pra Inda, Piño, Candil e todos os foreiros de voa bontade.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Barxés: O mestre é de Coiro, alá en Cangas; pero o bazar do que falo estaba neste lugar de Lubián. É curioso que outra Amor tivera tamén un bazar no peirao de Cangas. Cousas que pasan.


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España