Respuestas para INDA CHO SEI:

Amigo Casa del Perú: Estás a falarme de tempos bastante remotos.
Na década dos sesenta, marchei para Zamora, interno, no 63 con 11 anos de edade.
Paséi toda a década en Zamora, e cando viña en vacacións, non saía de xoldra, a non ser ás festas dos pobos perto do meu, que tampouco abondaban os coches.
Eu non andei en Puebla ata que fun político con responsabilidades na bisbarra.
No comercio, se había un home alto e delgado, non podía ser outro que un cuñado de Miguel que tamén marchou coa familia ... (ver texto completo)
Amigo Inda Cho Sei: Munto obrigado por a tua informazahu, o Miguel era un bon gaxo, de comprensión forte 1´70 de estatura, alegre, debertido, en definitiva un home en tuda sua extensión, do que senifica pra min isa palabra, non un macaco cualquera com muntos que andan cá. Que de pronto aparecen pra meterte uha riprimenda y logo desaparecen. Que si fodan que o Zé non debe nada a ninguén.
Amigo Inda nahu te quero cansar, sô que le des lenbranzas miñas, recórdale a bota de viño que levamos, que era ... (ver texto completo)
O galego e maila cultura galega non son só de Galicia. O galego é a miña lingua vernácula, e eu son moi respetuoso coa miña cultura e coa cultura dos meus ancestros.
Levo moitos anos con responsabilidades en institucións (desde 1.979). E sempre defendín e defenderei a miña cultura, por riba do meu partiodo político, se fose menester.
Tamén digo que o castelán é unha lingua moi fermosa. É tan miña coma o galego.
Por certo: Miguel, un dos Sotillo, ten 87 anos e aínda vive. Agora mesmo acabamos de ... (ver texto completo)
Felicidades Grande Amigo Inda Cho Sei: Respeito o tema da lingua vernácula nosa e dos nosos ancestros, a forma que teis de respeitala e espallala diceo todo, tamen o castelan e tan meo como o galego pero nin mais nin menos.
O que si queria lembrar dende eiqui que cuando eu escomencei a escribir nos foros de Barxa,, O Pereiro, Vilavella etc. en Galego, algun señoria me queria o mandaba que me tiraran de las orejas por escribir en gallego a mis años, menos mal que no 2010, xa facia 35 anos que morrera ... (ver texto completo)
O galego e maila cultura galega non son só de Galicia. O galego é a miña lingua vernácula, e eu son moi respetuoso coa miña cultura e coa cultura dos meus ancestros.
Levo moitos anos con responsabilidades en institucións (desde 1.979). E sempre defendín e defenderei a miña cultura, por riba do meu partiodo político, se fose menester.
Tamén digo que o castelán é unha lingua moi fermosa. É tan miña coma o galego.
Por certo: Miguel, un dos Sotillo, ten 87 anos e aínda vive. Agora mesmo acabamos de ... (ver texto completo)
Munto obrigado por a tua informazahu Inda CHo Sei, me alegro munto, olla recordale o Zé das carballas, cando me levou pra Hernani, eu ia pra Franza,é andaba coa cerbexa. Canto me rein con íl. Me decia si non te queren na France nahu te preoucupes te dou traballo eu. Eu andube de pasador pra él, que tenpos aquiles.
Dale lembranzas miñas.
Unha aperta.
É moi doado saber se o lume o prendeu un home ou unha muller.
Se se prendeu cun mixto, foi un home.
Se se prendeu cunha "cerilla", foi unha muller.
A paisaxe dos nosos contornos está diseñada polo lume. É unha desgracia.
Andar polo regueiro que vai de Erosa á Barxa, era como darse un paseo polo Canadá. Iso antes do lume. Agora será como camiñar polo máis fondo do averno.
Non sei se foi cerilla ou misto, pero tanto unha cousa como a outra, o que prendeo o lume había que queimalo no lume vivo pouco e pouco pra que lle doera mais e tivera mais sufrimento.
Porque a paisaxe dese tramo de rio era tal com tu a recordas.
Un saudo
Alejandro era fillo de Paco, do irmán de Socorro.
Bueno, me ha sucedido lo mismo que a Jose, eh vuelto de Vacaciones y al abrir el foro me eh encontrado con la noticia de que ha fallecido alguien vinculado a Padornelo, no tenia ni idea.. pero claro ya lo han explicado.. ahora me doy cuenta que Alejandro es hijo de Paco, hermano de Felix y Socorro... mi màas sentido Pesame, les acompaño en su dolor, y pido a Dios les de la resignacion necesaria, para seguir adelante... es cierto que cuando un Ser querido se nos va, duele muchisimo, pero asi, es la ... (ver texto completo)
Xa sei que en Barxa non hai lampreas, pero vexo que falades moito delas.
Eu tamén teño un amigo poeta perto de Padrón que sempre me anda a convidar para irmos a Manselle no tempo delas, pero nen arre nen xo. Cando el pode, eu non podo, e cado podo eu non pode el.
Algún día será.
Amigo Inda Cho Sei: Teño a completa seguridade, que o meu amigo Pereira de Ribadelouro, se pro ano lle vai tamben como este ano, seguro que nos invita
a comer algunha lamprea das que caza no rio Tea que son das mellores de Galicia,
dixen caza para que el non me corrixa como da outra vez, que me dixo que non se pescaban que se cazaban coa "filga" que mostrou na fotografia. Teremos que compartila co Ze que lle tomou o pelo decindo que as lampreas eran portuguesas, e
eran do rio Tea.
Un saudo pros ... (ver texto completo)
Vigo?
Monsieur, vous n'êtes pas sur le bon chemin. Moi, j'habite sur les grandes montaignes, dans un petit village.
Au revoir.
Mais moi je n'ai jamais dit que c'est vous qui habitiez Vigo, Mr. "Inda cho sei", pourquoi est ce que vous vous sentez concerné?, il ya beaucoup d'autres personnes qui participent à ce forum, soyez pas si égocentrique, ou alors il y a anguille sous roche là...
Este individuo é polo menos tan individuo coma vostede. Tal vez menos singular, polas ínfulas que a vostede o fan único.
Eu son da CHOZA DE LAGARELLOS, na mallada do mesmo nome, no termo municipal de Porto, onde meu avó vivía cando gardaba a vacada de Lubián polo torresmo, que así se chamaban as especies coas que pagaban os veciños, donos do gando.
A miña choza, que é de todos, non ven tendo escudo heráldico. Pero sirve como alpendre para montañeiros, excursionistas, cazadores e gandeiros, alá ... (ver texto completo)
Assín me gosta Inda Cho Sei, voçe pon os puntos sobre as ieés. Xa era hora que alguién con talento poña no sitio que merecen a alguns. Digo isto por o menos prezo que eu teño recibido de algún gaxo, sin motivo ni razahu que o xustifique. Xa sabe que sahu un bon ademirador de voçe.
Eu lin tamén os textos borrados, e non me escandalicei.
Ao millor algunhas personas non gustan das metáforas. Esa parrafada da Pita non é máis que unha inmensa metáfora. ¿Cómo alguén pode ser dervirgado cuns dedís e unha fouce? Falará doutro desvirgamento que nada ten que ver coa entreperna. Falará tal vez do paso de nena á muller, da perda da inocencia, de abrir os ollos a outras realidades...
Pero cada quen que faga a súa interpretación.
Por certo: eu sempre me porto ben, según a miña conciencia. ... (ver texto completo)
Amigo INDA CHO SEI, Estou completamente seguro que todos os foreros de A Gudiña estariamos muy contentos de contar coa tua participación no foro noso. Asi que esperamos a tua participación cuando queiras, un saludo...
Hoxe anduvemos en 1º co tema "Descomposición en factores primos".
Non fun quen de evitar un sorriso pensando na miña compañeira de Lingua, Pepita, ou Pita, e no seu xeito de encandilar ás boas xentes deste foro.
DESCOMPOSICIÓN EN FACTORES PRIMOS. ¿Cómo interpretaría este tema o escatolóxico e honorable señor Vicuña?
Podría chamarme porco, e eu tería que interpretalo coma un halago, dado que ó millor porco significa simplemente "todo aproveitable".
Peor sería que o venerable anciano interpretara ... (ver texto completo)
Gracias amigo Inda Cho Sei por esta clase tan maxistral e antipornografica que nos deches. Neste foro merecemola. Repito Graciasssssssssssssssss.
Barxes: Algún día será, pero si botas unha ollada en "eventos" na web deste concello de Lubián, verás que vai ser imposible. Ademáis hai outras tarefas que non aparecen aí, como algún casamento que hai que facer, algunha actuación cultural no castelo de Puebla, acompañando coa gaita a lectura dun escritor de San Ciprián de Hermisende, máis outras obrigas que me condicionan.
Aparece ti por eiquí se podes, que unha adega non ha faltar.
Unha aperta de buxo.
Prezado amigo: Xa mirei "eventos" en Lubian estades cargados de actividades culturais e de lecer, me alegrou muto ver como os programas de festas estan colgados na rede no idioma galego, que tan esquencido está en outros concellos da nosa querida "GALLAECIA". Desexo ver actuar esa banda de gaitas que levou o premio en Manzaneda 2010 que segun o amigo David actual alcalde o fixeran moi ben.
Si podo un deses dias da ponte de agosto pasarei en visita mui rapida coa miña dona por Lubian, a estar aunque ... (ver texto completo)
Piño: Ben sabes que para encontrar un día para a seitura tivemos que aplicar logaritmos.
A min paréceme que a cousa tiña que comezar con Barxés convidándonos a unhas magras de xamón na súa adega, ou no garaxe, que o mesmo ten. Logo... Deus dirá.
Prezados amigos Piño, Inda Cho Sei é Lito poque Gel este ano non pode vir por algun tema familiar, dende hoxe quedades convidados pro dia 15 de agosto, a tomar unha merenda-cea na casa do Barxés, despois fariamos extensivo o convite para outro dia nun restaurante o resto de foreiros do Pereiro, Barxa, Lubian e demais pobos pero somtendo a vosa consideración, porque o dia 15 e festa no Pereiro e o Candil e demais foreir@s estan de festa e non lle vale o dia.
Eu por un tema de enfermidade de un familiar ... (ver texto completo)
Piño: Ben sabes que para encontrar un día para a seitura tivemos que aplicar logaritmos.
A min paréceme que a cousa tiña que comezar con Barxés convidándonos a unhas magras de xamón na súa adega, ou no garaxe, que o mesmo ten. Logo... Deus dirá.
¡Eso! ¡eso! a la adega esa, o al garaje, pero luego al pajar
Un dos gaiteiros aprendeu un cantar pola súa conta, pola partitura. Cando se incorporou á banda, tocaba a peza sin esquecer corchea algunha. Só houbo un pequeno problema: 11 gaiteiros tocaban unha marcha, e un gaiteiro, unha cumbia, e coa mesma partitura e a mesma melodía. Sonche cousas do ritmo. O problema non pasou a maiores porque aquel gaiteiro someteuse de inmediato.
Coas mensaxes deste foro pasa o mesmo. Cada un as interpreta ao seu xeito, cuestión que o fai máis divertido.
E digo mal inda ... (ver texto completo)
Amigo Inda Cho Sei: Totalmente dacordo contigo, e mais tamen con GEL, non soio neste foro existe a bipolaridade, os que se escriben pra eles se contestan con outro nome, nalgun foro perto no concello da Mezquita son os campeóns da bipolaridade. Eu xa fai tempo dixen que invitaba a tres con unha consumición soia e era o mesmo. Tamen teñen arte pra falar con viciños que conocen alguns de nos e despois facer ver que coñecen a nosa familia, nalguns casos finados.
"MUY SIMPATICOS ELLOS"
UNHA APERTA ... (ver texto completo)
Un dos gaiteiros aprendeu un cantar pola súa conta, pola partitura. Cando se incorporou á banda, tocaba a peza sin esquecer corchea algunha. Só houbo un pequeno problema: 11 gaiteiros tocaban unha marcha, e un gaiteiro, unha cumbia, e coa mesma partitura e a mesma melodía. Sonche cousas do ritmo. O problema non pasou a maiores porque aquel gaiteiro someteuse de inmediato.
Coas mensaxes deste foro pasa o mesmo. Cada un as interpreta ao seu xeito, cuestión que o fai máis divertido.
E digo mal inda ... (ver texto completo)
Pois sí, a bipolaridade mais o trastorno disociativo sonche doenzas xeneralizadas en alguns foros. Uns persoaxes debaten consigo mesmos, outros parecen a personificación do Doctor Jekyll e Mister Hyde e outros, istes son os máis graciosos, primeiro cágana para despois poder rectificar, porque parece ser que iso é cousa de sabios... de todo ten que haber na viña do señor. O importante é que non perdamos o sentido do humor e que nos sigamos divertindo, que como di certa señora na tvg "a veces nos esmendrullamos ... (ver texto completo)
Vai a cousa de xerundios. A Señorita Pita, que sempre pita cando chega a curva, foi quen sacou este novo tema, celosa con Gerundina.
Ela pensou sobre todo no xerundio do verbo "fernar", e trabucouse. Non porque non exista tal verbo, que non existe; o que pasa é que, ao meu parecer, quixo poñer "pingando".
Señora ou señorita Gerundina: Cando o pisador perdeu o coñecemento, como quedou a súa tensión? Comprobouno? Era de alto, medio o baixo voltaxe?
E de que afeitadela fala a Moñuda? Vostede ten ... (ver texto completo)
Prezado amigo: Na zona da Lombada chamanlle Pitas Moñudas as galiñas que teñen plumas o redor da cresta, e que comen os saltons "saltando" cando hai erva seca nos prados o pisala co cal alguns tamen os comen as troitas se hai prados a beira do rio.
UNHA FORTE APERTA ABEIRA DAS PORTELAS.
Carallo, esta Pita, que non é María nin ten unha praza na Coruña, é mooñuda de verdade. Ábate non defaga o moño, se nos desmelene, e se nos esparrame por riba do "prado".
(Por certo: "ábate" é unha palabra de Lubián que ven significar "só fai falla que...". Non está nos diccionarios, pero a min dame o mesmo).
Será ela a mesma Pita Moñuda da miña infancia? Imposible. Era a súa nomeada. Pra ela era un insulto, e inda chegou a correr detrás de min por cabreala chamándolle así.
Agora, medio século ... (ver texto completo)
Carallo, fai cuarenta anos moita herba se pisaba pra que collera mais na palleira, nos en Barxa cando viñan os madrileños no mes de xullo convidávamolos ha xogar enriba da herba pra calacala" tampouco éran labregos."
Paravens por os con tos. E UNHA APERTA
E logo que pintan as ruinas dun 4 L azul no medio do río?
E nas poldras, paréceme que falta unha. E hai alí unha pedra de xeixo moi resbalona, tramposa ela, que che pode botar a remollo.
Parabéns a Barxa, que aínda é quen de conservar unhas señoras poldras feitas e postas á conciencia.
Recibiume unha egua preta, pequena e regordeta, atada á borda do regueiro Ribeiriña. Ollou moito pra min; pero xuro que non son eu o culpable do seu estado.
Prezado amigo: Tentarei dar resposta as tuas preguntas, o coche que viche era un renaul 8 leba ali mais de 25 anos está fora do rio, a non ser que baixára o rio de febreiro pra ca que é o tempo que lebo sen pasar por esa zona, a historia dese coche e longa, apareceo alí corria o ano 85 o botarono dende a estrada sen matriculas. No seo momento se denunciára a garda civil e mais no concello e mais tarde en medio ambiente, sigue alí.
As poldras estan ben os noso antepasados facian as cousas ben feitas. ... (ver texto completo)
Aquel cura érache de sotana. Coma todos os cregos da miña infancia. Non coma os de agora, que algunhas veces ata parecen os "churros" da serra.
Despois da misa, el andaba a quitarse as vestimentas de complemento: casulla, estola, alba,... A todas lle ía dando un beixo.
O monaguillo que lle axudaba naqueles traballos na sacritía érache un pillabán ao que non se lle escapaba unha.
--Señor cura --preguntou o cativo coa súa inocencia inmaculada-- Vostede ten pelos nos "güevos"?
--Arrenégote, Satanás! ... (ver texto completo)
Posibelmente, non fora caspa, senon mantelos de neve miuda do Padorneloe é o crego un peregrino. Non me cadra o das zapatillas porque para camiñar longos recorridos os cregos antigos usaban zamancos, e os untaban con manteiga do porco.......
Un saudo amigos
Dirixido á persoa que desexa vivir nun lugar ermo por perfeizón:

Na choza de Lagarellos pode vostede acomodarse, restaurándoa ao seu antollo. Alí pode xogar a ser anacoreta ou asceta. Non haberá teta de vaca, nin talladas de touciño; pero pode alimentarse coas raíces das abriotas, estofado de grilos, ensaladas de acedas con saltois, asado de serpe con crema de borea de charrela e outros manxares tamén naturáis.
Ao cansarse de tal eremitaxe, baixe á miña casa, como amigos que somos, e papámonos ... (ver texto completo)
Despóis de unha vida tan austera en Lagarellos, o darlle esa tan boa benvida o amigo na túa casa, fácil que terías que botarlle o can (casi se me escapa o nombre, o ser tan famoso...) pra botalo de casa, non creo que intentara outra aventura na serra.
Xa vai tempo que colgache no foro de un lugar da zona, non o encontro, se trataba de un tema de un cura, podía ser o Avelino, falaban da caspa que tiña nas zapatillas negras él, a pregunta de un monaguillo, me fizo moita gracia, o podías contar de ... (ver texto completo)
De mozo, el andaba un día a gardar as vacas nun prado perto do río Asureira.
A Garbosa érache unha novela mansiña, cunha mirada limpa e penetrante. El ollaba pra ela, garimoso; e ela mantíñalle a ollada, mentras andaba a remoer as herbas frescas daquela fresca riveira.
--Garbosa, carallo: que boa estás!
Ela, veña remoer, allea aos pensamentos xa casi lascivos do seminarista.
--Carallo, Garbosiña, que xeitosiña eres!
Botoulle man aos cornos, colocouna de cu contra a parede do prado, e el encaramouse ... (ver texto completo)
¡Home vai, semellantes proezas acrobáticas naide llas apuña! Anque nesta, o nome de milagreira perténcelle á Garbosa sin dúbida algunha.
O "caballero" sempre toma ponche Caballero. Un cafetiño quente, e despois a súa copiña de Caballero, a pao seco, con ese sabor doce que pega un beizo co outro, facéndote rumiar.
Unha tarde, en lugar da copiña, botáronlle en Casa Tito o Caballero nun copón, cunha pedra de carouxo --tamén chamado xeo--.
El non facía máis que chocaldrear aquel copón de Caballero pra disolver o carouxo: tilín, tilín, tilín... Inda me parece estar ouvindo o soniquete. Bebía un grolo, e o penedo rebotaba contra os dentes: ... (ver texto completo)
Lembra tamén, que entre golito e golito de ponche Caballero, o citado "caballero" acomodaba os xemelgos, unhas veces por diante e a maior parte delas por tras.
Se se trata do mesmo crego que eu penso, habería que engadir o que sigue:

Aquel mociño, unha vez cura, nunca precisou da "bacinilla". El enchía o depósito, sin derramar unha pinga, directamente coa súa mangueira, que che foi sempre moi milagreira.
Jaja, pois xa nos contarás algún deses milagres, que a miña fonte informativa non chegou a tanto.
O domingo vindeiro temos unha pequena viaxe: imos acompañar a nosa Banda das Portelas deica Melón (Ourense), a unha xuntanza de bandas.
A nosa banda xa vai sendo banda: 12 gaitas, un tambor, 2 timbáis, un bombo e 6 panderetas. O repertório xa anda polas 20 pezas.
Xantaremos na Caniza, xa na provincia de Pontevedra, e viremos a pasar o luscofusco na vila de Allariz.

E falando do pago do viño en Padornelo, paréceme que Pablo está ben informado de como foi ese conto. Beberao o outro rapaz, ou será ... (ver texto completo)
Banda As Portelas. Esto xa é unha señora banda, ¡como aumentou o personal! seguro que estáis ensayando moito, tampouco tedes que machacaros demasiado, tamén será conveniente ir tranquilos e descansados, todo vai a salir moi ben.
Tedes un repertorio alto, pero si hai un lapso de memoria en algunha peza, sempre habrá un recurrente. Tal como este -Sonche gaiteiro- sonche moi chulo - teño a gaita - pegando o culo....
Que paséis un día moi feliz, e disfrutar a tope tocando, esto é mui importante.
Para ... (ver texto completo)
Talabarterías non habrá; pero albardas aínda van quedando, así coma tipos aos que lle caen que nin pintadas.
Inda vive hoxe un paisano de Lubián que, estando en Zamora, foi mercar unha albarda á rús da Costanilla, nun lugar chamado "El Sayagués", onde se venden chocallos, albardas, sombreiros de palla, fouces,... Hai catro anos inda estaba alí.
-- ¿Y de qué tamaño quiere la albarda, buen hombre? --preguntou o tendeiro, un bon amigo meu.
O lubianés arrugou o fociño, tirou da boina pra tras, rascou ... (ver texto completo)
Xenial este conto de albardas. Pasa como con todo, antes era a cousa comparable ca “alta costura”, hasta se facían á medida, hoxe son de “prêt-à-porter”, encontránse tamén nos grandes almacéns, e seica teñen moi boa saída. O malo é que visten tan ben, que os que as lucen nin conta se dan de que as levan encima..
A derradeira nevarada, amigo Piño, degallouche o acebeiro da porta. Foi a neve do louxado ó caer en plancha enriba del. Pero quedou moi mal olivado. Vas precisar de cinco minutos para amañalo un pouco, cando volvas.
A neve do meu louxado, fronte a porta do garaxe, non me degallou as orellas, porque inda ando ben de reflexos, e froxei a tempo. Se non, alá van pra o carallo tamén! Ían ter peor arranxo co acebo.
Por certo: teñó debaixo do balcón, ó abrigo do norte e de Padornelo, dúas camelias: una ... (ver texto completo)
Este ano parece ser, que a neve visita a Lubián con bastante frecuencia, dicen que é boa para ter boas cosechas, esperemos que sea así, aunque ahora no pueblo a parte da fruta, pouco máis se cosecha, si algún huerto por entretenimento.
Como ben dices, gracias os reflexos pudeches salvar as orellas (que Dios chos conserve moitos anos) primeiro salvar a cabeza, pero as orellas a parte do dolor o perdelas, tamén teín outra función mui importante, si se perden ¿cómo amarramos as gafas.?
Referente o ... (ver texto completo)
A min este acontecimento na choza da Viña tenme chegado de lonxe, en máis dunha ocasión, e non sei se tódalas fontes son de fiar. Sobre todo se naquel tempo eras un cativo ou andabas inda a navegar polo forro dos perendengues dos teus devanceiros.
Ela, a amorosa, érache a Galdina, procedente do norte da Lusitania.
O emprendedor de tal negocio na choza non foi outro que un "lozano" señor que, entre outros empregos, foi tamén o secretario da Cámara Agraria Local daqueles tempos.
Daquela cabe deducir ... (ver texto completo)
O da pastoriña, si a pesca o Lozano en esas condiciós, nos sei como adaría, seguro que ¡festa no aire! e pro lobo que sempre estaba vigilante, outra festa coas ovellas.

De "gestor" creo que si era o Lozano con algún ayudante máis, menos mal que a Galdina tuvo unha axuda, a pobre muller si ten que dar servicio a todo personal da Cámara Agraria ela sola os "amortiguadores" se lle iban a escarallar por completo, o parecer, eran tres as señoritas, a Galdina, a Roxiña, a outra non me acordo do nombre ... (ver texto completo)
Eu prefiero a explicación dos vagalumes facendo o amor, inda que só é a femia a que ten órganos fosforescentes. Iso leva á conclusión de que se trataba de dúas femias lesbianas de vagalume xogando á brincadeira.
Por certo: os vagalumes tamén son chamados "luciérnagas", lucecús, lucernas, vermes de luz, vellas das papas, vacalumes e cagalumes.
Probablemente os lucecús do Churrián sabrán das vosas pescas nocturnas, pero tamén das aventuras daqueles Templarios dos que dice proceder Malladadacima.
Alegroume un montón saber que Pingadelo saio de dubidas, coa bruxa e o trasgo, non tanto polo tropezon que deo na lastra nin polo mal que o pasou no galiñeiro.
Pero quizas ti coas vellas das papas, vermes de luz teñas razon que podian andar a brincadeira as femias, e o non ter macho brillaban moito mais, e nese caso podian parecer un fantasma ou un morto vivente, habia que liscar rapido e esconderse onde se poidera. UN SAUDO PROS DOUS
Amigo Barxes: Aí che vai un anaquiño dun CANTAR DE REIS a modo de felicitación:
"... I eu tamén digo que vivan
i eu tamén digo que vivan
os señores desta casa
e mai-la súa familia."

Que o novo ano veña cunha boa carrada de boas novas, que boa falta que fan.
Amigo Inda Cho Sei: Graciñas polo cantar, estou contigo no que dis do ano novo, a carrada esa que teñamos que poñerlle doble parexa de vacas porque unha soia non poida coa carrada de boas novas, e levaremos o carro ben enfeitado como os de Lubian.
Un saudo
La AECT Duero-Douro (Asociación Europea de Cooperación Territorial) está integrada por varios municipios de Zamora, Salamanca y Portugal. Lubián es uno de ellos. El día 18 irá a la Asamblea Celestino, porque el Alcalde estará con la Banda en Ourense, e irá acompañadopor los alcaldes de Puebla y Hermisende.
Si ese proyecto en el que se está trabajando saliera adelante en un futuro, en Lubián iría uno de los rebaños, si lo aceptan los vecinos.
Sin embargo las asociaciones agrarias españolas no apoyan ... (ver texto completo)
Muchas gracias por la información, este proyecto fronteras, así a primera vista parece tentador, después estoy contigo, que se deben de mirar los pros y los contras como en las demás gestiones de la vida cotidiana.
¡La banda está pegando fuerte! ya ves, ir a tocar a Ourense donde son famosos los gaiteros, tiene su merito. Ya me gustaría verles tocar en la Plaza Mayor de Valladolid o en el Teatro Calderón. Saludos.
¿DRACULIASIS?
Eu, cando éramos nenos, ouvín ás veces que os cabelos longos de muller non se podían botar na auga, porque se convertían en serpes.
Paréceme que era unha crenza, un credo dos vellos, transmitida pola tradición oral.
Ao medrar, esquecinme por completo do que sempre me parecera unha andrómena.
Pero hai uns anos, de pesca no Tuela, no lugar da foto, nunha charca entre os penedos vin un fío que se movía, con vida propia, como se fora un cabelo dunha marabillosa mociña loira. Estaba ... (ver texto completo)
Igual o que viches foi un pelo da MOURA xa que o seu pozo esta perto.
Moitas son as lendas que envolven a este maxico lugar. Unha delas di que un home roubou o peine de ouro dunha moura que, en venganza, optou por asasinar a todo-los homes da zona ata que desapareceu nesta poza. Outra lenda di que unha fermosa moura chegou a zona co seu pai e que se namorou dun home; o pai, contrario a relación, matou o rapaz e ela, toleu e tirouse nesta poza. Dende enton, nas noites de veran, escoitasen laios ... (ver texto completo)
Eu o Día da Tuíza ando todo o día a cabalo dunha nube. Tanto é así que, este ano saín do recinto para facer un recado e, cando voltei, vin a muller nun grupo de xente polo rabiño do ollo. Acerqueime e boteille a man por riba do hombreiro, decíndolle "hola".
Ela contestou tamén "hola, qué tal..."; pero ao ollar para a súa sorrisa, comprendín que me equivocara de grupo e de muller. Foi un deses intres nos que desexas que che trague a terra...
O seu home resultou ser un amigo das Frieiras que con ... (ver texto completo)
¡Aah Pillín! Xa te agarrarías a unha moza nova é de bon ver.
Como vexo o teu gusto polos contos tradicionais, envíoche unha páxina onde podes disfrutar dunha carrada deles, casi todos dun tal Portospiño:
"www. ayuntamientolubian. es"
E despois picas en "foro"
Saúdos deste amigo virtual
Un milleiro de gracias para ti e tamen para Portospiño, por ilustrarnos con contos de Alfonso Daniel Rodriguez Castelao é con poesias de Rosalia De Castro.
Vexo que os de Lubian tedes unha paxina que merece a pena visitala esta muy interesante sobor de todo o foro, que cos contos de Portospiño xa me estiven a rir un cacho. Gostaria de coñecervos persoalmente, ainda hay concellos que se preocupan dos seos cidadans na Mezquita tamen pero na Gudiña úlo.
Unha aperta deste amigo virtual.
Don Avelino era o crego da aldea. Levaba aquel sotanón que lle chegaba desde o pescozo as negras alpargatas.
Bicábaslle a man, e sempre había un caramelo cando a abría, despois do beixo.
Un día díxolle o monaguillo na sacristía:
--Ai Don Avelino, vostede ten pelos nos "güebos"!
O crego ficou abraiado ante verbas tan demoníacas...
--E ti, pillabán, porque dices iso?
--Pola caspa que leva nas zapatillas --rematou o preguiceiro e observador axudante.
Prezado amigo: Quero felicitarte polo conto está muy logrado, é como dixo o crego noutro conto que contou Gel Martinez pode que fose mentira ou certo.
Temos no foro de Barxa uns amigos portugueses que como podedes comprobar contanos mui bonitos ainda que a un deles llos conta o xefe, que xa nos podia invitar a comer nos seos restaurantes de Madrí.
Unha forte aperta para INDA CHO SEI, GEL MARTINEZ, E PINGADELO
Don Avelino era o crego da aldea. Levaba aquel sotanón que lle chegaba desde o pescozo as negras alpargatas.
Bicábaslle a man, e sempre había un caramelo cando a abría, despois do beixo.
Un día díxolle o monaguillo na sacristía:
--Ai Don Avelino, vostede ten pelos nos "güebos"!
O crego ficou abraiado ante verbas tan demoníacas...
--E ti, pillabán, porque dices iso?
--Pola caspa que leva nas zapatillas --rematou o preguiceiro e observador axudante.
Gracias, como de costume moi bon. Os días como as flores hainos de todalas cores, e por veces esquecémos que un día non rido é un día non vivido. Saúdos dende a outra veira das Portelas.
O pasado domingo foi a Feira Franca da Moimenta, e por alí anduve a dar unhas voltas. Fun convidado polo senhor presidente da Junta de Freguesía.
O día non puido estar mellor. Por iso andaba por alí toda a contorna. Houbo touros nunha plaza desas portátiles, con forcados e toureiros dacabalo, concurso de ovellas e de cans da res, e moitos postos de vendas ambulante.
Chamoume a atención un paisano que deu a vara desde dous sitios distintos co autoparlante sempre a berrar:
--Dez panos de cocinha, ... (ver texto completo)
Verdadeiramente, ¡por cinco euros quen non lle fai frente a lei da gravidade!
Nos veráns non hai cincuentón, sesentón ou septuaxenario que non teña horta. Pero cultivar un horto a beira da estrada pola que pasean todos os xubilados é unha tarefa reservada só para os máis atrevidos.
--Vaia pementos máis esmirriados que ten eiquí o Inda. Esta colleita non lle vai quita-la fame, non!
--Non os regues tanto, que vas afogalos.
--Non se cava nuca cando hai orballo. Parece mentira que foras labrego de rapaz e de mozo.
--Eses sucos deberían se máis fondos...
-- ¿E logo moi seca ... (ver texto completo)
Valentín Mimbreo era el abuelo de mis sobrinas, un extremeño que en los años cincuenta emigró con su mujer y sus dos hijos mayores al País Vasco. Después de vivir en un pueblo minero se instaló en Gadácano (Vizcaya) donde cultivaba a la orilla del rio, una parcela donde tenía un hermoso huerto. Tenía un vecino de labores hortícolas que siempre se estaba fijando en las labores que Valentín llevaba a cabo en su huerto y le ponía muchos defectos a lo que este hacía, pero a pesar de las criticas del ... (ver texto completo)
Xosé Ramón e Fernández-Oxea foi un mestre ourensán (1.896-1.988). Estivo na guerra de Marrocos, desde onde enviou crónicas de guerra ao diario ourensán "La Zarpa" co seudónimo "Ben-Cho-Shey".
No 1936, sendo inspector de Educación en Lugo, presidía o Partido Galeguista. Foi por iso supendido de emprego e soldo durante tres meses e desterrado a Cáceres. Logo trasladouse definitivamente a Madrid, desde onde exerceu un importante labor cultural. Foi membro correspondente da Real Academia Galega (RAG). ... (ver texto completo)
Xa que o sabes, boucho a dicir, recordándome do inda cho sei, pensei no dito do meu admirado Castelao, que tamben describía a realidad social de aquel tempo, e non quero meterme en política que nin entendo nin estou preparado pra falar dela, a tenor de tu despida apreciado amigo me siento totalmente identificado y por eso me puse a escribir estas lineas espero no encordiar a nadie y que nadie se siente molesto con mis expresiones, pues no es mi intención herir la sensibilidad de nadie, como veo que ... (ver texto completo)
Eche un conto moi vello, pero a min faime rir cada vez que me ven á memoria.
Acórdome del sempre que meto cada ovo no buraquiño da porta do frigorífico, así é que quen me vexa rir sempre que meto ovos na neveira pensará que toleéi.
Dicen que un de Lubián foi mercar unha neveira onda o Fulero de La Villa, alá nos tempos primeiros deste artiluxio. O tendeiro explicoulle para que servía cada bandexa e cada caixón: conxelador, sitio da froita e das verduras, lugar para o peixe, e na porta para as beberaxes.
Entón ... (ver texto completo)
Jejeje, moi bon. Solo fai falta un pouco de imaxinacion pra ver o probre home encaramado no alto da neveira, e pra partirse de risa.
Eu recordome de unha anecdota que viviu unha amiga miña ca sua nai, paciente de una enfermedade dexenerativa. Non e un chiste, que quede claro. Cuando unha persona querida se encontra en tal estado de desorientacion e moi triste, mais ben pra chorar. Pero as veces hay que reirse, pra quitarlle un pouco de peso a situacion. De esta maneira a miña amiga faciame moitas ... (ver texto completo)
Certo é que dirixo unha explotación de catro galiñas. Pero unha ten 8 anos e xa non produce, e non son quen de retorcerlle o gañote, nin deixala fóra, de noite, para que a pape a raposa.
A conta de resultados da explotación é a que sigue: 225 ovos cada tres meses, que son 18,75 ducias, por 1 € de valor, un total de ingresos en especie de 18,75 €.
Nese tempo, ademais das sobras de pan, arroz, ensaladas e mariscos, comen un saco de millo triturado que vale 15 €. Así é que teño unhas ganancias de ... (ver texto completo)
Certamente o caso foi gracioso. teño que decirte que a risotada que acabo de dar, foi soberana, veu a muller desde a cociña pensando que si empezaba a porme chalado o reirme de esa maneira eu sólo, si debeu de ser forte, de donde teño o ordenador a cociña metense tres habitacios por medío.
Que sigas conservando o humor. Saludos.
Xa tiña coñecemento do pasamento de Don Manuel Alonso Novo (nacido en Lubián cando seu pai era o practicante deiquí). Foi senador do PSOE pola provincia de Zamora na lexistura de 1.979-82. Logo abandonou esta formación e integrouse noutra de nova creación (PASOC), na que militou tamén seu irmán Luis (que foi deputado da Asamblea de Madrid), fundada por Alonso Puerta.
Que a súa morte sexa precisamente ese pasamento a mellor vida.
Xúntome o dor pola perda, inda o recordo nun primeiro mitin en Lubián cando saiamos das longas sombras. Tamén recordo o seu pai e a súa nai, e aquelas parlotadas filosofais que mantiñan coa miña abóela a mida que degrañaban as noticias do “El correo de Zamora”. Todos os días achegábanse a Lubián a tomar café, despois a carreteira nova, que como el dicia: “no es apta para mi seiscientos” e a idade o foi apartando pouco a pouco.
Cando chegou don Miguel a Lubián, facía máis cartos o capador ca o veterinario.
O Paulino tocaba o chiflo, e saíamos todos os rapaces pensando que era o afiador, por aquelo do seu artiluxio a pedais; pero o capador non era do noso interés, sempre enriba da porca.
Daquela saíu un novo decreto vedando a actividade dos capadores en favor dos veterinarios. E don Miguel non facía vida do Paulino, porque toda a xente valoraba máis a experiencia do de Pentes ca os estudios do veterinario.
E tanto se ... (ver texto completo)
A xustiza neste caso exerceu unha presión estéril. Despois pasou o que pasou, saíron capadores de tódalas casas e foi a perdición de moitos cabritos e porcos.
CONTO DO ALCALDE DE LUBIÁN
Daquela inda non chegara a TV ó noso concello. Andaran uns navarros cunha antena cravada no cimo dun pao de piñeiro levantado preto da Escarramana. Pero aquelo máis parecía unha buraca chea de chispas que un televisor.
A radio inda hoxe non se escoita ben, pero naqueles tempos non che había outra cousa, e botaban aquelas radionovelas por episodios diarios...
-- ¡"Matilde, Perico y Periquín"! "Matilde Conesa, Pedro Pablo Ayuso..."
As amas de casa daqueles tempos (que ... (ver texto completo)
Mira que foi ben sincero o señor crego.
O mei querido pai DEP (fai precisamente hoxe xa 6 anos que nos deixou) foi albañil, e pola sua profesion recorreu mutos pobos nos seus anos novos, que despois viviu hasta xubilacion fora. E contabanos sempre historias do que pasaba polo contorno. Bueno, a veracidade delas eu non podo comprobala.
Esta histora sempre a recordo, non sei en que pobo foi, ben pudo ser Lubian o millor, onde vivía o tio Serna e a sua muller Sara mais o fillo do que non me acorda ... (ver texto completo)
Dar unha volta por este foro, e ver que todo o mundo escribe no meu querido castelán, eu --que non son galego-- quedo abraiado. Será certo que o galego vaise murchando coma unha flor feble na xeada dos tempos que corren?
Virán tempos mellores? Chegará o galego a ser coma flor do toxo, ou a da xesta, que non hai xeada que lles entre?
O galego que non usa a súa lingua non sabe o que ten de seu.
Tes toda a razon. Leo mutas veces o foro do teu pobo e, a parte das historias que me divirten muto, quedeime gratamente sorprendida por o uso que lle dais o gelego. Eu son unha galega que sempre falo no meu idioma pero escribo casi sempre en castellano porque, como ben dice Pepita, nunca nos enseñaron a escribilo, daquela era tabu, e non conocemos a ortografia. Pero tes razon, inda cho sei, aunque sea con faltas, vou a homenaxear o meu idioma do que me sinto muy orgullosa, como decia Victoriano Taibo: ... (ver texto completo)
A min paréceme que tanto o pescador de sables e xurelos, como o extractor de fume de tabaco con boquilla, son personaxes do teu entorno infantil, e pode que ata da mesma habitación nun dos casos. Pero ti mesmo has ter moitas aventuras sen contar vividas en primeira persona.
A miña orella esquerda sábeo ben, lembrando a derradeira viaxe á Central das Conchas, despois de representadas as obriñas de teatro.
Sí, é certo que algunha aventura hai en primeira persona. Haberá que esperar a inspiración.
A propósito deste e o mensaxe seguinte. Cúa Banda de Gaitas pasa agora como foi no seu día co teatro. Dende El Pego (Zamora) a Bande (Ourense) pasando por Camarzana, Milla de Tera, Villardeciervos, Rionegro, Robleda, Puebla, Chous, Porto, etc..., e con representacións de tódolos xeitos: "La Zapatera Prodigiosa", "Aola no es de leil", "La Tuta y la Ramoneta", "La tierra de Jauja", "El medico a palos", etc.... ... (ver texto completo)
Alá no século pasado, cando os pés vivían nos escarpíns bravos de lá, e os escarpíns nos zamancos, baixaba o carro do tío Prefeuto pola canada do Val, cargado ata os topes de estrume e coas terraxas ben apretadas.
Ó chegar ó Pego, meu avó deume a aguillada a min, que non tiña máis de oito anos, pra ir facendo prácticas de condución pola estrada, ben arrimadiño a borda da dereita, pra chegar a ser un bon chamador de carros o día de mañá.
Ai, amigo! Esta sí que foi boa: ó chegarmos frente ó cuartel, ... (ver texto completo)
Faisnos pasar moi bons ratos cos teus contos, inda cho sei.
Teu abuelo, coma dicen hoxe, "era un crak". Pra nos un home con muta retranca.
Saudos a todos os foreiros lubianerios.