OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

LUBIAN: Eu prefiero a explicación dos vagalumes facendo o amor,...

Eu prefiero a explicación dos vagalumes facendo o amor, inda que só é a femia a que ten órganos fosforescentes. Iso leva á conclusión de que se trataba de dúas femias lesbianas de vagalume xogando á brincadeira.
Por certo: os vagalumes tamén son chamados "luciérnagas", lucecús, lucernas, vermes de luz, vellas das papas, vacalumes e cagalumes.
Probablemente os lucecús do Churrián sabrán das vosas pescas nocturnas, pero tamén das aventuras daqueles Templarios dos que dice proceder Malladadacima.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Alegroume un montón saber que Pingadelo saio de dubidas, coa bruxa e o trasgo, non tanto polo tropezon que deo na lastra nin polo mal que o pasou no galiñeiro.
Pero quizas ti coas vellas das papas, vermes de luz teñas razon que podian andar a brincadeira as femias, e o non ter macho brillaban moito mais, e nese caso podian parecer un fantasma ou un morto vivente, habia que liscar rapido e esconderse onde se poidera. UN SAUDO PROS DOUS