LUZ: 5 Cts/kWh 3.0 TD

BARXA: Prezado amigo: Tentarei dar resposta as tuas preguntas,...

E logo que pintan as ruinas dun 4 L azul no medio do río?
E nas poldras, paréceme que falta unha. E hai alí unha pedra de xeixo moi resbalona, tramposa ela, que che pode botar a remollo.
Parabéns a Barxa, que aínda é quen de conservar unhas señoras poldras feitas e postas á conciencia.
Recibiume unha egua preta, pequena e regordeta, atada á borda do regueiro Ribeiriña. Ollou moito pra min; pero xuro que non son eu o culpable do seu estado.

Prezado amigo: Tentarei dar resposta as tuas preguntas, o coche que viche era un renaul 8 leba ali mais de 25 anos está fora do rio, a non ser que baixára o rio de febreiro pra ca que é o tempo que lebo sen pasar por esa zona, a historia dese coche e longa, apareceo alí corria o ano 85 o botarono dende a estrada sen matriculas. No seo momento se denunciára a garda civil e mais no concello e mais tarde en medio ambiente, sigue alí.
As poldras estan ben os noso antepasados facian as cousas ben feitas. Arrancaron unhas no rio ribeiriña que xa non tiñan utilidade por que a ponte que vai pra Portugal lla quitou, algunhas arrancas o rio con outros penedos ou troncos, antigamente repuñanas me lembro que lle facian un "petril"enterrábanas mais de 1'5m algunhas estaban gastadas das zocas que lebaban os nosos antepasados con cravos pra non gastar a madeira, efectivamente as poldras dabaixo, onde se xuntan os rios falta unha pero como din que van facer unha ponte a xente do concello pasan pero o paso que leban van facer como coa estrada nova que leva 10 anos a medias e sen rematar. Na linguaxe nova chamase inconpetencia.
Respeito o da egua é dun primo meo que vive no pobo ten polo menos 14 equinos en varios puntos do pobo está muito por fora plas feiras e igual lle estaba enredada que xa eu llos teño desenredado mais dunha vez.
O grande amigo Pereira e de Ribadelouro perto de Tui pero ten estado en Barxa moitas veces e se hai saude ainda lle quedan moitas.
Espero que ti na seguinte visita a fagas un sabado ou domingo, e conque digas que vas ir a barxa tal dia alí teras o teo amigo Barxes pra convidarte.
Unha forte aperta.


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España