Carro, LUBIAN

este se merece un lugar especial muy bien cuidadado
si estaria mas cercas de mi pueblo me iria un dia asacrtme unas fotos en el
un saludo desde villela
Faisnos pasar moi bons ratos cos teus contos, inda cho sei.
Teu abuelo, coma dicen hoxe, "era un crak". Pra nos un home con muta retranca.
Saudos a todos os foreiros lubianerios.
Alá no século pasado, cando os pés vivían nos escarpíns bravos de lá, e os escarpíns nos zamancos, baixaba o carro do tío Prefeuto pola canada do Val, cargado ata os topes de estrume e coas terraxas ben apretadas.
Ó chegar ó Pego, meu avó deume a aguillada a min, que non tiña máis de oito anos, pra ir facendo prácticas de condución pola estrada, ben arrimadiño a borda da dereita, pra chegar a ser un bon chamador de carros o día de mañá.
Ai, amigo! Esta sí que foi boa: ó chegarmos frente ó cuartel,...
COUSAS DO BÍO
O avó érache un viuvo novo que andaba polos cincuenta. No tempo da herba da serra, el soíño apalleirou o prado do Casar e ata cargou o carro sen axuda. Tal era o xeito que se daba nos traballos da labranza. Claro que todo fai o non ter quen te axude.
Tantiño máis alá andaban a cargar o carro o tío Aquilino maila súa criada xabresa. O vello encaramado no alto do carro de herba, e a xabresa toda arremangada coa espalladeira na mao, agora collo o engazo pra engazar ao redor, agora boto...
De berbiois e estadullos anda ben, pero a cabezoalla xa apañou a herba, leña e esterco que tiña que apañar.