LUZ: 5 Cts/kWh 3.0 TD

A GUDIÑA: Assín me gosta Inda Cho Sei, voçe pon os puntos sobre...

Este individuo é polo menos tan individuo coma vostede. Tal vez menos singular, polas ínfulas que a vostede o fan único.
Eu son da CHOZA DE LAGARELLOS, na mallada do mesmo nome, no termo municipal de Porto, onde meu avó vivía cando gardaba a vacada de Lubián polo torresmo, que así se chamaban as especies coas que pagaban os veciños, donos do gando.
A miña choza, que é de todos, non ven tendo escudo heráldico. Pero sirve como alpendre para montañeiros, excursionistas, cazadores e gandeiros, alá no máis profundo da Serra Segundeira.
Claro que escudo heráldico teñen todos os apelidos. Ata o meu. Ao millor llo ensino algún día, se tanto interés ten pola heráldica. Só decirlle que un antepasado meu viaxou ás Américas con Frai Junípero, quedou alá, e o meu apelido é un apelido que se dá dabondo na Florida.
Non me conteste. Non quero que o esterco sexa abono, porque eu sei distinguir moi ben entre un e o outro.
Non vou presumindo polo mundo adiante. Pero non me falta educación nin formación académica, como para chantarme diante do primeiro erudito que me chame individuo non desexado.
KDT, graciñas. A xente de ben abonda entre os plebeos.

Assín me gosta Inda Cho Sei, voçe pon os puntos sobre as ieés. Xa era hora que alguién con talento poña no sitio que merecen a alguns. Digo isto por o menos prezo que eu teño recibido de algún gaxo, sin motivo ni razahu que o xustifique. Xa sabe que sahu un bon ademirador de voçe.


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España