A VILAVELLA: Xúntome o dor pola perda, inda o recordo nun primeiro...

Xa tiña coñecemento do pasamento de Don Manuel Alonso Novo (nacido en Lubián cando seu pai era o practicante deiquí). Foi senador do PSOE pola provincia de Zamora na lexistura de 1.979-82. Logo abandonou esta formación e integrouse noutra de nova creación (PASOC), na que militou tamén seu irmán Luis (que foi deputado da Asamblea de Madrid), fundada por Alonso Puerta.
Que a súa morte sexa precisamente ese pasamento a mellor vida.

Xúntome o dor pola perda, inda o recordo nun primeiro mitin en Lubián cando saiamos das longas sombras. Tamén recordo o seu pai e a súa nai, e aquelas parlotadas filosofais que mantiñan coa miña abóela a mida que degrañaban as noticias do “El correo de Zamora”. Todos os días achegábanse a Lubián a tomar café, despois a carreteira nova, que como el dicia: “no es apta para mi seiscientos” e a idade o foi apartando pouco a pouco.