OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

LUBIAN: Sí, é certo que algunha aventura hai en primeira persona....

O mestre dende o seu escano apura un "Peninsulares", e ao redor da súa mesa, de xeito inusual..., os seis alumnos de 4º curso de EGB predispóñese a dar a lección de Xeografía: "Ríos de España". Ramirito, de forma moi enzarabetada, relata a trancas e barrancas o nacemento, obra e milagres do Miño. Mentres, Xareliño entretense cazando cúa súa boca as bocanadas de fumo que dende o outro lado da mesa vai soltando o mestre. O resto de alumnos á procura da situación comezan a murmurar e botar gargalladas. O mestre fai ver non darse conta do que está a pasar, pero cada vez vota o fumo máis ao pé del de xeito que Xareliño vese obrigado a ir cúa súa boca en busca do fumo máis preto deste, recólleo e logo bótao como si él tamén fumara. Cando o mestre o ten do xeito que estaba a procurar, solta unha bocanada longa e moi a modiño, ó prepararse Xareliño pra cazalo o mestre aconchégalle un sopapo que ó atopalo coa boca aberta ten unha reverberación sonora moi especial. Faise o silencio, ninguén di nada, o mestre tampouco.

A min paréceme que tanto o pescador de sables e xurelos, como o extractor de fume de tabaco con boquilla, son personaxes do teu entorno infantil, e pode que ata da mesma habitación nun dos casos. Pero ti mesmo has ter moitas aventuras sen contar vividas en primeira persona.
A miña orella esquerda sábeo ben, lembrando a derradeira viaxe á Central das Conchas, despois de representadas as obriñas de teatro.

Sí, é certo que algunha aventura hai en primeira persona. Haberá que esperar a inspiración.
A propósito deste e o mensaxe seguinte. Cúa Banda de Gaitas pasa agora como foi no seu día co teatro. Dende El Pego (Zamora) a Bande (Ourense) pasando por Camarzana, Milla de Tera, Villardeciervos, Rionegro, Robleda, Puebla, Chous, Porto, etc..., e con representacións de tódolos xeitos: "La Zapatera Prodigiosa", "Aola no es de leil", "La Tuta y la Ramoneta", "La tierra de Jauja", "El medico a palos", etc.... Un empuxe cultural moi valioso. Que naide o olvide.

-Laas dieez han dadoo y... serenooooooo
-De donde sacas tú que son las diez, ¡rayo de badulaque!.
-Del relooo del cam.. panariooo bruja.
- ¡Escucha, escucha!, amigo Panarizo.

(Al fondo se oye una gran algarabia y gentes que cantan)

La señora Zapatera al marcharse su marido
ha montado una taberna donde acude el señorio
Quien te compra zapatera, el hilo de tus vestidos
con encaje de volantes, zapatera te has lucido.

- ¡Xa non sei máis Latins ó Carallo con todo!