LUZ: 5 Cts/kWh 3.0 TD
        

Mensajes de A VILAVELLA (Orense) enviados por INDA CHO SEI:

Un día destes foi a festa da Canda. Por certo, extraordinario o cartel anunciador con dúas vacas facéndose aloumiños. Parabéns polo diseño, polo inxenio e polo bon gusto. E tamén pola recuperación de festa tan enxebre.
Un dos eventos levados a cabo, despois do lanzamento de aixadas, foi unha gincana na que participaron os mozos de toda a contorna.
O organizador da proba explicoulles deste xeito aos atletas a sucesión das probas a realizar:
"Primeiro subirán en monociclo ata o alto de Marabón. ... (ver texto completo)
Muchisimas gracias por la contabilidad, es usted un buen chaval, esta invitado a Fuengirola. En ese pueblito hace mucho frio y aqui gozaria de lo lindo. Ahora mismo tengo en el comedor varios comensales de cerca de usted (Puebla) y me dicen que en cualquier pueblo de Zamora casi tienen la calefacción hasta Agosto y despues ya siguen. Que disfrute de la vida, que es muy corta. Un abrazo
Moi ben. Delle vostede unha aperta a tódolos xabreses. Polo que se refire ao frío e ao calor, eiquí temos sete grados máis de calor polas mañáns cediño que en Puebla. Dicelle-lo un que ía deiquí a alá os días de traballo ao longo dos derradeiros dezanove anos polas oitos horas.
Pero mentras o calor apodrece á carne, o frío a conserva. Este ano, ademáis, estamos de sorte, dado que o goberno recortou tamén o verán.
Teña vostede moito coidado cos raios de sol, que o Mediterráneo pode ser moi traidor para a saúde. Tamén ten moita concentración de sal, e se mete os muslos moito tempo na auga, poideran quedar salgados e curados como xamóns.
Unha palmada na espalda, e coidadiño, carallo, que se lle queiman os "pescaítos"... ... (ver texto completo)
Felicitar a este foro por lo cachondo que es. Solo hay algo que no gusta y es un Sto que plagia a un Sr llamado Varela, si se fijan el autentico tiene mas de 1500 escritos. Me meto donde nadie me llamo, pero hay que ser justos.
Si vienen por Fuengirola, tengo un Bar en plena playa, se llama igual que mi nombre estan invitados. Disculpen la intromisión.
Saludos para todo el foro
Carallo, Pocholo, claro que este foro é cacheiro. Pero, home, tí sí que eres cacheiro e traballador: dunha soa tacada conseguiche escribir 146 mensaxes na Vilavella, 9 en Lubián e 2 en Chaguazoso.
Menos mal que o comandante Telesforo anda ocupado no estudio da mazacuca, que se non, bota man da súas estratexias de espionaxe, e sácanos miles de historias sobre o teu bar ése de Fuengirola. Máis vale que non se entere.
Distinguido "sinor", podias decirme xa le parió la cabra al paco.

Unha aperta.
Amigo Zé das Carvalhas, non sei se xa pariu a cabra do Paco.
O que sí sei é o que che vou contar. Podía facelo por teléfono, como dice o comandante, pero é esta unha anécdota verídica que pode escribirse ata na porta dunha letrina do cuartel de Romerales, sempre que a pluma non sexa o meu dedo, nin a tinta a pasta que está máis á man.
Viña hai moito tempo o Xico co seu cabalo, coas alforxas cheas de rixelos comprados en Hermisende, para a carnicería que o home tiña daquela en Lubián.
Pasando ... (ver texto completo)
Aprezado Inda: Parece que o sinor interpretou a mensaxe como o contou a Loquilla del Tanga, es decer una de mis ex, además aunque fose da maneira que ela o contou, debe ter enconta que eu xa teño muntos anos, claro istá fixen muntas más coisas. Le dou unha pista o meu xefe era munto amigo do Bar Cenas, totale que cada pouco eu tiña de levar o mercedes do mencionado a Suiza, alén tiña que deixar a Mercedes y tracer a Agustina no audi, a min en ístes viaxes a parte de pagarme béin me daban groxeta, ... (ver texto completo)
Así que unha máquina de facer cartos... que seca mal os billetes. Seica hai desas máquinas na Grande Bretaña e na Inmensa Norteamérica, que os sacan ben sequiños e ben pasados ao ferro.
Pero nestes lares dos amigos do teu xefe, seitureiro Zé, máis abundan as de embutir. Por iso hai tanto mondongo circulando por aí.
Carallo co das Carvalhas! Reloxo de ouro, iate, Marbella, Ibiza...
E todo iso saíu daquela fouce ferruxenta e desdentada coa que viñas á seitura?
Me dá no nariz que esas amizades co xefe e mailo Padre José, e esas vacacións tan longas en Pernambuco, dan máis de si que aquela fouce de xuventude.
Efectivamente.
Díce o meu fillo que vive en Lavapiés que el mesmo viu o pasado sábado pasear velozmente á Pita Moñuda pola rúa do Tribulete, coma unha fragata, levando ao seu carón ao comandante Romerales, como se fose unha chalupa.
Deus meus como istá o xefe, menuda nada verlo istá mañán, me enxe a cachola de cabeza de corzo,-qué te pasa para istar assín, nahún véis o que dice o teo amigo,-conta o viaxe a Madride do sinor Telesforo y da miña ex,-nahún véis como nahún te das conta de nada,-qué queres decer,-intahún o da igrexa qué, sigo sin entenderte,-claro tú nahún entendes nada sólo o que te combéin,-pois as igrexas quéin las queimaba eran os teos colegas,-nahún quero nin pensar como se puso o xefe,-además sólo porque o sinor ... (ver texto completo)
Amigo Zé das Carvalhas: Certamente nas guerras fanse cousas do demo. E naquela que se chamou civil, peor inda.
E máis cando as relixións andan polo medio.
Neste noso país sempre houbo sotanas metidas na política. Agora mesmo está a ocurrir. Estanse a facer contrarreformas ao dictado das sotanas púrpuras.
Eu sei dunha alcaldesa da zona que, hai uns oito anos, nun problema nunha romaría, cando o crego do pobo dixo que da porta para dentro do santuario mandaba el, ela tivo a afouteza, por non decir ... (ver texto completo)
Señor Varela: Veo que advierte usted mi mutis por el foro. Le agradezco esa atención.
Esta vez mi misión ha carecido de connotaciones militares. Tampoco de espionaje, para el control de ese Oso que amaga usted con resucitar.
He viajado con Doña Pita Moñuda en el Alvia a la capital, para conocer a sus tres hijos, los cuales están muy bien colocados en esta nuestra querida y sufrida Patria, la de los seis millones de inactivos.
Conocí así mismo el barrio de Lavapiés, verdadero crisol multirracial.
El ... (ver texto completo)
Moito me alegra a vosa feliz viaxe para que Teles coñecera aos retoños de Pita (xa crecidiños).
Pero de habelo sabido antes, ben poidéramos tér planificada unha viaxe conxunta á capital, pois eu vou ir o día trece do vindeiro mes de San Xoan, convidado pola Asociación Empresarial Eólica, para participar nun debate cunha profesora de Socioloxía da Universidade Carlos III, unha responsable de WWF ESPAÑA, un xornalista de Expansión e outro de @INFOLIBRE. E non me apetece nada viaxar sen compañía.
Convídovos ... (ver texto completo)
Querido amigo: Cando fuches o meu xefe, primeiro puxécheme ao fronte da Academia de Analfabetos. Máis tarde, cando fuxiron de alí tantos funcionarios civiles, deixáchesme ao cargo da dirección de tódalas escolas con mestres militares, inda que tal destino retrasou en oitenta e seis días a miña incorporación á vida civil, ata que rematou aquel curso académico.
Hoxe quero devolverte aqueles favores de hai trinta e sete anos.
Como ben dixo Khalif Gibrán, "para menospreciar hay que ser poco". Tés que ... (ver texto completo)
Inda.... Estas de coña non?
Sí.
O da verza é unha hipérbole.
Pero sei de veciños que foron advertidos de sanción se non abandonaban o desbroce dunha finca con desbrozadora mecánica, ou por arar con tractor, no verán. E hai veciños que só o poden facer no verán, porque o resto do ano están fóra.
E no suposto dunha verza cultivada no alto da portela de Vilanova, o esgallala, ben podería supór, sendo moi rigurosos, un cambio de curso das augas pluviales, pois alí podes repartir entre dúas cuncas ata unha mexadiña: estas pingadiñas ... (ver texto completo)
Desde que pasei a ser un reformado, non fago máis ca os recados da muller.
--Hoxe imos comer caldo, que por aí queda un bocadiño de unto. Vaite ao coiñal, e trae unha verza das máis tenras. Non vaias vir coa máis vella da coíña, que ás veces pareces parvo --mandoume nada máis pór un pe fóra da cama.
Cando xa ía degollare a verza escollida, paroume de súpeto un axente forestal:
-- ¿Tiene usted autorización de Medio Ambiente para podar ese arbusto?
--Isto é unha coíña, carallo, non é un arbolexo! ... (ver texto completo)
Carallo, eiquí... quen ríe o último é que pensa máis lento!
Teño unha cachorra de mastín que inda non cumpliu os catro meses. Durme no garaxe. Cada mañán, ao levantarme, baixo con medo da desfeita de cada día. Ata me cambiou de sitio a garrafa de combustible da desbrozadora. Penso que o día menos pensado remate por arrancar esa desbrozadora, ou calquera dos dous coches que ten ao lado. Xa me rompeu un pantalón e dous xerseis, cando os levaba postos. Onte mesmo, ao agacharme para prenderlle o ramal, mordeume cariñosamente na cabeza.
E non virá sendo este ... (ver texto completo)
Qe razon teis, Piño. Manolo o teu conselli non o podo seguir porqe non me gusta o caldo
Gracias a todos polos bosos consellos ¡jajaja!
A ver, Pepita, que tí pediches un remedio para a morriña. O amigo que che aconsella unha taza de caldo de cando en vez acerta coa menciña. E normalmente as menciñas para as nosas doenzas sonche máis amargas que doces.
A morriña é un mal moi antergo, daqueles de antes. Agora vivimos nunha aldea global. Así que fóra morriña.
Home, Telesforo, a cousa non era tal como ti a contas.
A pregunta era:
--Qué che gusta máis, o fútbol ou os touros?
E a resposta era esta:
--Onde estea unha boa corrida, que se quiten o fútbol e... os touros!
NOCHE TRISTE
ayer me reia del Barsa y hoy me toca aguantar ami,
en el futbol y la Politica siguen los alemanes mandando, la Merkel el Bayern y el Borusia, otra vez sera, saludso Parente
Pois sí. Hoxe éche un día de parabéns para os culés e para os madridistas, por ese orgasmo do que gozaron os madridistas antonte, e os barcelonistas onte.
Logo hai xente parva, coma min, que non foi quen de gozar ningunha das dúas tardes. Claro que tampouco foron moi grandes os meus padecementos... Só quedei como un pouco insatisfeito... Inda que dormín moi ben as dúas noites.
O que sí resulta un pouco doente é o asunto ese de Merkel 8, Mariano 1.
Amigo Camba: o poema ten que ter autor, inda que non o busquemos. Ese poeta que levou vostede sempre, polo que se ve, dentro do seu uniforme, nas mesmas entretelas, cheo dunha sensibilidade que sabe transmitir moi ben nos seus relatos.
A tranquilidade do seu estado de ánimo queda retratada nesa reflexión lírica.
Qué distinto o estado de ánimo que manaba desta escrita miña, no deserto, cando vivía os vintedous e firmaba como Pintasilgo das Areas. Ten chovido desde aquela. Corría o 1.974.

FARTURA
Farto ... (ver texto completo)
Podes falar o que queiras
e cantar o que che adoite,
cando tí dis que é de día
todos pensan que é de noite.
...
Non digas que vai direito
o cravo que torto entrou,
non digas que é carpinteiro
quen nunca táboa labrou.
En mi profesión, cuando los vientos no nos era propicios, si queríamos salvar la nave y llegar a buen puerto, nos uníamos y remábamos todos en la misma dirección.
Inda que eu xamais fun home de mar, levo moito tempo noutro tipo de barco, no que todos vogan na mesma dirección. E vainos bastante ben. Estou moi de acordo con vostede.
Dícenme os colegas que esta foto está feita na Vilavella. Supoño que o retratista sería o do Pereiro, o pai do Candil. Será certo?
Eu viña tocando no grupo os seguintes instrumentos: flauta, pandeiro e cornamusa, cando estaba en Zamora. Espalladoira, garapio, gadaña, aixada, fouce, engazo, arado,... cando estaba de vacacións.
Sr. INDA CHO SEI. Mais ou menos Vd debe ser uns 3 ou catro anos mais novo ca min.
Ala po los anos sesenta e tanto habia bastante ambiente na Vilavella, entoces o lugar donde un se podia divertir e votar un baile era o BAR DO PIDAL, regentado por o Santiago (PARRIÑA) e sua nai.
Os domingos ou festas de guardar solian acudir xentes de pueblos limitrofes, como de Vilanova, Santigoso Pias, a Mezquita e o millor hasta de Lubian,
Contolle esto por si en algunha ocasión vostede foi o baile a Vilavella ... (ver texto completo)
Ao parecer teño unha foto con outros catro amigos ao redor dunha estufa de ferro. Eles dicen que o lugar da foto era o baile do Pidal. Así é que estiven alí unha vez, pero xa tiña que ser o ano setenta, polas guedellas que levo eu no retrato, con dezaoito anos.
Non lembro nada daquel día: seguro que non liguéi.
Probablemente sexan os dous irmáns que me siguen os que coñeceran ben tanto o salón, coma o Parriña, que acaba de irse a outra dimensión.
Gracias.
Non coñecía a Santiago. Pero vexo cómo afectou o seu pasamento a axilidade permanente deste foro. Acompaño no sentimento a todos os afectados.
Eu tamén quero lembrar á Rosalía, como Varela. Pero a esa Rosalía máis desconocida. Á Rosalía feminista, na que mallaba o seu marido, o erudito Manuel Martínez Murguía, coma o máis bruto gañán.

"Xan vai coller leña ó monte
Xan vai compoñer cestos
Xan vai a poda-las viñas
Xan vai apaña-lo esterco

E fai o leito i o caldo...
Xan en fin é un Xan compreto
Deses que a cada muller ... (ver texto completo)
¡Hermano ojala sea asi porque ya cansa y aburre tanta tonteria y temas sin ningun sentido parecen guiones de malas peliculas y pesimos actores que se vallan todos al carajo ¡FUERA ¡un abrazo saludos a Manolo Pidal
Kyna, permíteme estas palabras, pedíndoche perdón por adiantado se fose necesario:
A min sí me divirten algúns dos relatos destes foros, por desatinados, insensatos e absurdos que nos parezan.
Fíxate en "El Quijote". Cando era novo, sempre me pareceu unha parvada que nos querían obrigar a ler. Hai uns dez anos lin ese libro con verdadeiro pracer, e ben que me serviu para preparar irónicas intervencións como voceiro nun parlamento ao que pertencí, e ata en algunha voda no concello.
"La Conjura ... (ver texto completo)
Varela me alegro por que tu hermano se mejore, recuerdo que en el pueblo cuando yó tenia 16--17 años todos le llamábamos el CHILE, o el PEPE da CLOTILDE, un amigo de verdad y mejor persona, espero poder verle pronto. Bueno, que pasa con todos los buenos foreros de VILAVELLA con los que se pasaba un rato agradable leyendo sus mensajes, AMADOR, PEPITA, M PIDAL, O CANDIL, comprendo que muchas veces se te quitan las ganas de escribir por culpa de mucha jente que no merece ninguna atención, pero aqui ... (ver texto completo)
Os tratos entre cabaleiros non precisan documentos nin rúbricas. O da nosa gaita xa se rixe polo Dereito Consuetudinario. Tocándoa tan ben como a tocas, tanto é túa como miña.
Unha aperta.
Amigo Varela: Me alegraría que dieras buenas noticias, sobre la enfermedad de Pepe.
Un fuerte abrazo
Creo que todos desexamos as mellores noticias, aínda sen conocer ao doente.
Estes son datos reais, contados un por un:
Concelleiros: 68.462
Deputados no Congreso: 350
Senadores: 266
Deputados autonómicos: 1.218
TOTAL: 70.296, que son bastantes menos de 400.000.
Non conto aos conselleiros comarcais de Aragón e Cataluña (1.810) porque xa van contados entre os concelleiros, así coma os rexidores e mailos deputados provinciais (1.409).
Os ministros e conselleiros autonómicos, salvo raras excepcións, son deputados dunha ou outra institución.
Xa sei que tamén hai outros ... (ver texto completo)
Mejor que no tenga nada, referente a lo lenguistico, tengo que comentarle que yo la lengua tambien la uso, para hablar y otras cosas. ¡Es usted un pillin! Las lenguas de doble filo, me dijerón ayer que usted tambien sufre algo de próstatitis, es una persona de Lubian; pero me dijo no digas nada que me escaralla.
Manda carallo! Parece ser que hai no meu pobo quen sabe máis ca min da miña saúde.
Teréi que facer unha analítica, non vaia se-lo demo que haxa adiviños.
Gracias pola información, Manuel.
Hay algo que sobra y es decirle a mi amigo "Lacazán" que pasado al Castellano es holgazán o hombre siempre sin hacer nada, no me parece justo, mi amigo es un gran trabajador y claro que le gusta el ocio; pero como a todo el mundo. Creo que esta vez, se paso en su interpretación linguistica.
De acordo. Eu sempre creín que todos somos un pouco preguiceiros.
Agora ben, se a ti che parece un insulto, e sabes tamén de qué conselleiro se trata, non se diga máis: ese conselleiro non é un lacazán, que o dice Varela.
Pero por se acaso, a el sí que lle digo aquelo de que lle limpen a dentadura coa mesma ferramenta, mentres se vai enterando do que é un "recurso lingüístico". Non será un lacazán, pero sí un camorrista pueril sen vergonza, coa mente ofuscada pola cansina tontería ésa do oso.
Yo no se si sobra; pero si es asi, disculpe mi torpeza. Espero que este año se alivien sus males próstaticos, yo lo sufro desde hace mucho y la verdad yo lo mantengo bien. Dentro de unos dias pasare otra ITV y a seguir que son dos dias.
Ahora entiendo, cuando era un niño y los viejos decian, ¡ese se mea en los zapatos! lo que es la vida.
Non se preocupe, Varela. O da "miña doenza prostática" non foi máis ca un recurso lingüístico. Graciñas.
E non se deixe mal aconsellar polo outro lacazán.
Sr. Indachosei, solo con un análasis de sangre y otro de orina le pueden decir algo sobre su PSA. Y si tiene dudas hagase que le pinchen la próstata y de esa manera el dictamen es mas claro. Hay otra probabilidad, pero es muy cara.
Referente a las faltas en las cual usted dice con recochineo. Le contare que yo solo soy dueño de un personaje (La loca del tango) que por cierto, todo el mundo ha disfrutado de sus correrias. Que me dice de los seudonimos que usted tiene.
Y no se disculpe, nos conocemos ... (ver texto completo)
Sobra unha cousiña, Varela. Sobra a palabra "recochineo".
Agradecido polo servicio do voso famoso oso. Xa me viña facendo falta unha boa rectoscopia, á vista de certo exceso na PSA.
Podería eu moi ben desexarlle que ese plantígrado lle limpara os dentes coa mesma ferramenta ao garabito, pero non o vou facer.
Unha falta de ortografía, Varela, cometémola calquera. Eu lin o que vostede dice sobre esa falta de ortografía. E non vexo ningún tipo de desprestixio, nen motivo de enfado por ningún lado, dado que O Candil expresouse daquela con educación e confianza, como colegas do mesmo foro que se van coñecendo.
A min paréceme que se eu lle digo que esa mesma falta a sigue vostede a cometer frecuentemente, e outros varios autores tamén, a mesma falta... (que é o que me da pé para pensar nun só autor), non teño que pedirlle discupas.
Quen debería pedir discupas é aquél que, co asunto do oso, manda a tomar polo cu a todo quisque.
Pero non o faga. Que andamos afeitos a tales ultraxes, e xa non ofenden.
Voume, que me esperan os compañeiros de gaita.
Se en algo ofendín a alguén con estas verbas, pido disculpas. ... (ver texto completo)
Hace tiempo uno Gallego pequeñito, se cepillo a esta clase ladrona, pero claro ya decir esto queda feo.
El unico que puede hacer cambiar estos comportamientos es el pueblo. Hay que hacer tal follón para poder mandarlos a la mierda.
TIENES RAZÓN ES UNA AUTENTICA VERGUENZA
Iso do "gallego pequeñito" non cho coñecíamos.
Non vou facer un comentario máis longo. Creo que somos máis os que sabemos que viñeron tempos mellores que aqueles. Manda carallo!
Home, carallo. Os mestres somentes somos mestres, e nunca estivemos tan ben valorados como acreditamos, pero sempre cobramos algo máis que un policía e que un bombeiro, sen desmerer a ninguén. Informarte, por exemplo, que un mestre é un funcionario do grupo A (A-2), e os outros do grupo C. Os do grupo A cobran tantiño máis que os do B ou C.
Tampouco é certo que un policía ou un bombeiro precisen bacharelato. Bástalle co Graduado da ESO, de momento. Ata hai catro días, co Graduado Escolar.
Por outra banda, en España hai moitos concellos pequenos, coma o meu, onde non cobra un só can nen o alcalde, nen nengún dos concelleiros. Non van por aí as cousas da crise. Suprimindo concelleiros e concellos, non van aforrar unha perra.
Aínda non te enterache que o maior dos nosos problemas é o endeudamento privado sen control pola burbulla inmobiliaria?
Os bancos españois piden créditos ao 1% ao B. C. Europeo. Con eses cartos compran deuda pública española ao 5 e pico por cento, en lugar de dar créditos aos emprendedores. O diñeiro do BCE é público. Tamén dos españois. E por riba hai que sanea-los bancos con máis diñeiro público. Ese é o noso problema, e non os 120.000 "políticos" que traballan de balde polos seus pobos, entre os que me honro en pertencer desde hai 33 anos.
Tampouco é certo que un diputado cobre 30.000 ao mes. Dame que andan polos 6.000, que xa lle chega ben.
O falar vai dos queixos. A realidade é moito máis sinxela, pero fai falla moito sentido común nos que mandan, e xa hai tempo que ese sentido é o menos común de todos.
Non gusto de falar da política. Perdón polo comentario. ... (ver texto completo)
Ojala yo pudiera hacer esas faenas, lo mio ya esta en decadencia, ahora me doy cuenta cuando era un niño y sentia a los viejos decir, fulano de tal ya se mea en los zapatos, yo claro no lo podia entender, ahora lo entiendo.
Para estas cosas tenemos al oso marchoso y ese no deja ch...... sin pelar.
Saludos
Meu avó materno, que finou no 76, era un home moi falador. O mellor contacontos do lugar, sen dúbida. El, para falar deses problemas da pirinola, ríndose de si mesmo, decía así:
--Estou moi contento coa miña miringalla. Cada vez mexo máis alto. Hai un tempo mexaba na punta dos zamancos, pero agora xa mexo nos xeonllos.
Tamén decía que o home tiña que ser coma o castiñeiro. Que unha galla vai vella, zas!, córtase de "cuajo", e bótase un inxerto de máis calidade. (Isto último xa non sei se o decía o avó ou o neto.) ... (ver texto completo)
Yo soy apolitico, voto en blanco, aunque me inclino a la derecha y.. un chiste es un chiste, como si pones una caricatura, es para reir, dile al padre José, que no se enfade, sigo pensado igual que él
Picos
Perdoe, señor Chicho, o meu atrevimento por opinar sen ser chamado a facelo. Dice vostede que é apolítico, e tal e que sei eu... Permítame que poña nome á súa filiación política, tal e como está a falar:
VOSTEDE É DE CENTRO-DEREITA MODERADO.
Un cordial saúdo.
Bien predica fray Ejemplo sin alborotar el templo.
E vostede non será dos que sempre teñen que poñer algún condimento máis cando o plato xa está rematado?
A min, miña nai sempre me dicía, cando neno: "se foses mudo, rebentabas".
Vostede non andará estourando nunha destas?
Amigo Inda Cho Sei: Perdoa más eu nahún son de letras, quero entenderte tanto a do colo como a do pescozo sahún de cerca de Santigoso, más tú o mellor queres decir cos nenos deben levarse o colo. A outra que pode ser que munto colo más pescozo, mellor gozo.
Aquí facía falta un Santillana que ia munto béin de cachola.
Unha aperta.
Máis saben 25 que un só. Sobre todo se hai que dicirlle so ou xo ao do pescozo. Que os músculos dalgúns pescozos deben ter boa fortaleza para sustentar a cornamenta. Se é un cabeza de corzo, non tanto; mais se a cabeza é de veado...!
Amigo Zé das Carvalhas: Aínda que en galego "colo" e "pescozo" veñen sendo sinónimos, a min paréceme que hai xente con colo e xente con pescozo, e que non é o mesmo.
Bueno tendriamos que verlo, los dos paraisos existen, uno comienza antes y el otro le sigue.
Que así sexa. Amén.
O Paraíso comeza tantiño antes.
Me consta que eres muy amigo, de poner refranes y alegorias, por eso te dedico algo me llegó al fondo del alma y es una gran verdad.

EL PLATON DE MADERA

Un señor de edad fue a vivir con su hijo, su nuera y un niñito de cuatro años de edad.
Las manos del viejo ya estaban temblorosas, su vista empañada de cansancio y sus pasos vacilantes.
La familia comía reunida en la mesa. Pero, las manos temblorosas y la vista falla del abuelo lo traicionaban a la hora de comer. Los granos rodaban de su ... (ver texto completo)
Así me gusta, Manuel. Unha parábola como Dios manda. Que conste que se coincidira contigo en calquer lugar, por min, se fixera falla, comerías do meu mesmo plato, fose este de ouro ou de madeira. Meu pai, entre outros oficios, tiña o de carpinteiro.
E que bó está o polbo neses platiños de madeira!
Sí, home, sí. Hoxe é a Noite do Cortello. Haberá contos, año asado, e unha grande orquestra. Ese famoso conjunto musical só ten un elemento: o home-orquestra.
O teu "conjunto", Manuel, ten máis elementos, pero é máis disonante tamén. Deberías afinar tantiño máis para millorar esa polifonía.
Estoy a punto de terminar la que sera un exito en toda Europa, se titula no me urgues entre as pernas, que me descojono de risa. Tomensela en serio.
Saludos pives
Mira a ver se che vale esta cuarteta:

Non me furgues entre as pernas
que desperta o durmiñón
nin andamos nas cavernas
nin son xa un garañón.
Pois moi ben
Moi ben, don Illo. Esta avoa ata podería ser testemuña en Betulia da borracheira dese xeneral, e da súa decapitación.
Probablemente teña como totem un león cavernario. Claro que o meu é a burra de Xervasio.
Díceme Holofernes da Adreida que el ten traballado, montando estructuras, polo mundo enteiro, desde a Adreida ata o Lombo do Muiño.
En Vetusta (Oviedo) ten ata dous amores, pero ningún deles é muller dun maxistrado.
Pero en Betulia inda non traballou nunca, por se Judith aínda anduvese por alí.
Non, home, non. Pero non quita que sexan parentes.
Este da Adreida casa máis coa Vetusta de Don Leopoldo Alas Clarín, cidade na que andaba a traballar precisamente estes días de atrás, se ben el non viste sotana, nen se namora de Regentas.
Ainda que... vaia vostede a saber...
Polo de agora a súa testa inda anda a cabalo do seu pescozo.
Holofernes da Adreida non se chama así. Pero existe. É un home de Lubián, traballador, aforrador e vividor da súa vida, moi conocido en toda a contorna, sobre todo por non tér papas na boca.
Sendo el casi un cativo, alá polos derradeiros anos setenta do século pasado, foi o padriño dun sobriño en Verín. Como el inda non ganaba cartos dabondo, foi o seu propio pai --avó do bautizando-- quen lle meteu mil pesos daquela no peto para poder exercer de padriño tamén na sancristía.
Ao ver as cinco mil "pelas" na man, dixo para el:
--Carallo, mira por onde isto de ser padriño vai permitirme botar unha cana ó aire coas sobras.
Rematada a cerimonia bautismal na eirexa de Verín, o padriño entrou na sancristía acariñando coas xemas dos dedos no seu peto aquel bendito billete, pensando luxuriosamente na volta, unha vez pagado o sacramento do afillado.
--Ave María Purísima.
--Sin pecado concebida. Entra, hijo, entra.
--Que venía a preguntar cuánto es lo del bautizo.
--Mira hijo. Lo del bautizo..., --falou sacando pola cachola aquela impoluta alba-- ya ves cómo está la casa del Señor, con goteras en el tejado,... Son muchas las necesidades de la Iglesia. Son cinco mil pesetas, hijo.
Holofernes agarrou con forza dentro do peto aquel xa ventureiro billete, dubidou un intre, e levantando a testa cara ao tellado da sancristía, falou deste xeito:
--Muchas gracias, padre. Voy a por el dinero. Espere un momento, que ahora se lo traigo.
E saíu por aquela porta da sancristía primeiro e polo pórtico da eirexa despois, encamiñándose a bó paso cara o restaurante do convite, sen soltar nin un segundiño do puño aqueles mil duriños.

No baquete da comunión do afillado, oito ou nove anos despois, co crego de Lubián na mesa da casa, a conversa andou deiquí para alá, ata que a avoa de Verín do cativo, lembrouse de súpeto de algo esquecido, dirixíndose ao consogro:
--Ai, mire, consogro, agora que dou tino. ¿E logo vostede non pagara o bautizo do neno en Verín?
--Paguei. Levou Holofernes cartos dabondo para pagar... ¿Ou non o pagaches?
--Paguei. --afirmou o padriño-- Mil duros custou a broma.
--Pois o señor cura xa mo ten pedido a min ducias de veces..., como se non o cobrara daquela --dixo a coitada da avoíña.
--Carallo. Pois eu ben que lle paguei na sancristía. Mil pesos. Ata adiviñou os cartos que me deras.
-- ¿Seguro?
E cando Holofernes xa quería empezar a tatexar, pensando en tér que regurxitar aquelas dúas caniñas tan ben botadas perto da vila de Verín, foi Don Anxo quen rematou tan desagradable conversa:
--Los curas a veces tenemos muy mala memoria, y más si no apuntamos las cosas. Si el chico dice que pagó el bautizo, es que pagó el bautizo.
Amén. ... (ver texto completo)




5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España