OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

A VILAVELLA: Home, carallo. Os mestres somentes somos mestres, e...

Home, carallo. Os mestres somentes somos mestres, e nunca estivemos tan ben valorados como acreditamos, pero sempre cobramos algo máis que un policía e que un bombeiro, sen desmerer a ninguén. Informarte, por exemplo, que un mestre é un funcionario do grupo A (A-2), e os outros do grupo C. Os do grupo A cobran tantiño máis que os do B ou C.
Tampouco é certo que un policía ou un bombeiro precisen bacharelato. Bástalle co Graduado da ESO, de momento. Ata hai catro días, co Graduado Escolar.
Por outra banda, en España hai moitos concellos pequenos, coma o meu, onde non cobra un só can nen o alcalde, nen nengún dos concelleiros. Non van por aí as cousas da crise. Suprimindo concelleiros e concellos, non van aforrar unha perra.
Aínda non te enterache que o maior dos nosos problemas é o endeudamento privado sen control pola burbulla inmobiliaria?
Os bancos españois piden créditos ao 1% ao B. C. Europeo. Con eses cartos compran deuda pública española ao 5 e pico por cento, en lugar de dar créditos aos emprendedores. O diñeiro do BCE é público. Tamén dos españois. E por riba hai que sanea-los bancos con máis diñeiro público. Ese é o noso problema, e non os 120.000 "políticos" que traballan de balde polos seus pobos, entre os que me honro en pertencer desde hai 33 anos.
Tampouco é certo que un diputado cobre 30.000 ao mes. Dame que andan polos 6.000, que xa lle chega ben.
O falar vai dos queixos. A realidade é moito máis sinxela, pero fai falla moito sentido común nos que mandan, e xa hai tempo que ese sentido é o menos común de todos.
Non gusto de falar da política. Perdón polo comentario.