Zamancos, A VILAVELLA

(11 de Octubre de 2010)
Bonita palabra. Noutros eidos dícenlle zocos, tamancos ou galochas. Para min sempre foron zamancos.
A min facíamos meu pai. A madeira era de bedulo. Logo púñame unhas ferraduras coma as dos xumentos para que durase máis o piso. E xogabamos ao futbol con eles no adro da eirexa nos recreos da escola. Os dianteiros traguíamos sempre as canelas esfoladas polas couces dos defensas.
Menos mal que de mozos xa non os levabamos para xogar cando íamos á Vilavella, porque se os defensas os calzasen, pobres...
Zamancos

UN ejemplo de lo que yo conoci, fuerón muy utilizados y casi imprecindibles.