OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

A VILAVELLA: Kyna, permíteme estas palabras, pedíndoche perdón por...

¡Hermano ojala sea asi porque ya cansa y aburre tanta tonteria y temas sin ningun sentido parecen guiones de malas peliculas y pesimos actores que se vallan todos al carajo ¡FUERA ¡un abrazo saludos a Manolo Pidal

Kyna, permíteme estas palabras, pedíndoche perdón por adiantado se fose necesario:
A min sí me divirten algúns dos relatos destes foros, por desatinados, insensatos e absurdos que nos parezan.
Fíxate en "El Quijote". Cando era novo, sempre me pareceu unha parvada que nos querían obrigar a ler. Hai uns dez anos lin ese libro con verdadeiro pracer, e ben que me serviu para preparar irónicas intervencións como voceiro nun parlamento ao que pertencí, e ata en algunha voda no concello.
"La Conjura de los Necios", de Jonh Kennedy Toole, foi despreciada como unha babecada polas editoriais, e non se publicou ata despois de morrer o autor. Creo que se suicidou polo fracaso. Pois ben, foi Premio Pulitzer e todo un "best seller", con ducias de reedicións.
Que non se vaia ninguén fóra. Neste saco sen fondo cabemos todos. Tampouco fai falta ler todo o que se escribe. A min bástame cunha migalla de respecto entre os foreiros.
Graciñas.