OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

A VILAVELLA: Amigo Camba: o poema ten que ter autor, inda que non...

Amigo Camba: o poema ten que ter autor, inda que non o busquemos. Ese poeta que levou vostede sempre, polo que se ve, dentro do seu uniforme, nas mesmas entretelas, cheo dunha sensibilidade que sabe transmitir moi ben nos seus relatos.
A tranquilidade do seu estado de ánimo queda retratada nesa reflexión lírica.
Qué distinto o estado de ánimo que manaba desta escrita miña, no deserto, cando vivía os vintedous e firmaba como Pintasilgo das Areas. Ten chovido desde aquela. Corría o 1.974.

FARTURA
Farto me tes, miña Nai,
E non de xantar é a fartura.
Fame non teño tampouco,
Nin sen roupa este meu corpo.
Qué tes pois, meu rapaciño?
Fartura, miña Naiciña,
Fartura deica os miolos:
Teño a ialma requecida
E ben cheos de area os ollos.
Meus irmáns tódo-los móres
Comen a codia dos pobres,
Mandan arar aos pequenos
E eles matan os becerros.
Carneiro tras do vitelo,
Que o bandullo hai que enchelo.
Eu raño calabazón,
Eles xixa de rixelo.
Mais non chores xa,
Non chores,
Que soñei, miña Naiciña,
con bandullos estrombados,
Os máis móres encollidos,
Os pequenos espurridos,
Todos xuntos xa no lar,
Todos xuntos os irmáns.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Parece ser que xa choveu, e bastante. Ademáis, non debía de ser precisamente un lugar placenteiro pra sentirse inspirado. Doble mérito.

Cando chega a noite, vexo pouca tele, porque pro que hay que ver... e xa que teño todo o tempo do mundo, sempre que a miña muller me deixa ente trasto pra escribir, pois deixo escapar a imaginación. Non sei como empecéi cua nosa bandeira en febreiro, e sigo cuas miñas noites. Outro día cambiaréi de tema.
Un saludo e perdón