OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh
        

Mensajes de A VILAVELLA (Orense) enviados por INDA CHO SEI:

Se poidera ser, non estaría mal que os que anden floxos de ventre, antes das deposicións fixeran por levanta-la tapadeira da cubeta.
Apertas de cinturón.
Zamora, 4 may, EFE.- La Asociación Empresarial Eólica ha otorgado el primer Premio Eolo a la localidad zamorana de Lubián por tratarse de un municipio modélico en lo que al desarrollo eólico se refiere y a su integración en el mundo rural, según ha informado esta asociación en una nota de prensa.

Para la Asociación Empresarial Eólica, Lubián es "un claro ejemplo de un pueblo abocado a la desaparición por su población envejecida y la emigración de los jóvenes a otras zonas con más trabajo, que ... (ver texto completo)
Señor OCARBALLO: Graciñas polo que me toca, pero debo confesar que nós temos tido moita sorte. Foi onde primeiro viñeron as empresas. Foron os primeiros parques da provincia en tramitarse. A Junta de Castilla y León aprobounos, tanto as concesións Industria, como os impactos ambientais Medio Ambiente.
Nós, o que procuramos, foi esparexe-las inversións por tódolos pobos do concello, para evitarmos tér Comunidades de Montes con recursos, e outras sen eles, así como a contratación de traballadortes ... (ver texto completo)
Sinor Inda, dice que téin bos carros, me imaxino que rerán buenos, pero si quere mercar algún más quéin los pode veder ê un hermano del meu amigo Barxes, pois él téin muntos.
Unha aperta.
Eses carros dos que o seitureiro me fala foron os primeiros que guiei. Era un cativo, e xa os guiaba, sempre coa vara aguillada ao lombo. Na sementeira, prefería guialos a cargalos.
Aquela foi a nosa crise máis grande. Economía de subsistencia desde que nacín ata que casei. Vintetrés anos de crise. Nos invernos, gracias ás becas aquelas que se conservaban aprobando todas en xuño, cun 7 de nota media, interno. Así me librei de atar a herba na pallarega (ou palleira) e acomoda-la facenda nas cortes. ... (ver texto completo)
Hai quen dice que a nosa sociedade padece unha depresión colectiva pola machacona información sobre a crise. ¡Crise aquela, a do caldo de verzas tódolos días cando era rapaz e mozo!. (E cómo gustaba ao requentalo)
Alguén critica eiquí, neste foro, o asunto dos restaurantes e do arroz con bogavante.
Pois eu apúntome. Ao arroz con bogavante, claro; non a crise.
Dicen que o problema é que os españois temos vivido por riba das nosas posibilidades, e que temos que aprender a vivir doutro xeito.
Pois ... (ver texto completo)
Agora as estacións de servicio da periferia de Castela e León andan de capa caída. A Junta instaurou o "céntimo sanitario" recargando o litro de combustible en 5 céntimos. En Galicia xa estaba instaurado, pero só 2 céntimos. ¿Cánto estarán a perder as gasolineiras castelás da raia?
Pero como decimos iso de que a mal tempo, boa cara, aí vos vai outro contiño dun vello de Lubián que foi camioneiro moitos anos (dos seus propios camións).
Chegou a unha gasolineira un paisano en bicicleta. Levaba un ... (ver texto completo)
O primeiro día de chuvia, que xa hai tempo que non chovía, entrou na taberna un paisano sen paraugas sacudíndose coas mans a auga da chaqueta. Mirou con disimulo á cazola dos paraugas, botoulle a man a un deles, se cadra o millor, e andou toda a tarde con el pendurado do seu brazo esquerdo. Tomou café con el. Chimpou un coñac tamén con el. Pagou a súa consumición sen desprenderse do paraugas; e logo, co paraugas sempre colgado do brazo, andou a espreitar unha das partidas deica o seu remate.
Daquela, ... (ver texto completo)
Nos postres dun almorzo dominical nun coñecido restaurante da Vilavella xurdíu un debate entre tres comensais: un da Mezquita, outro de Salamanca e un terceiro de Lubián.
Andaban a falar da medicina, como consecuencia do Protocolo de Colaboración entre a Xunta e maila Junta para a asistencia hospitalaria no anaco de Zamora onde falamos galego.
Decía o da Mezquita que non había asistencia médica no mundo tan boa coma do seu consultorio. E para demostralo explicouse deste xeito:
--Andaba xa hai ... (ver texto completo)
A tía María foi sempre unha moi boa cociñeira. Non había caldo de verzas e fabas coma o dela en toda a contorna, sobre todo cando se comía requentado.
Certo é que daquela habíache poucas sustancias nutritivas ao alcance daquela economía de subsistencia. Caldo de verzas, caldo de unto, tallada de touciño con pan negro, ovos fritidos, ensalada de feixós, e os días de festa, un xurelo fritido ou unhas sardiñas en escabeche.
O que millor aviaba ela naquela prolongada crisis eran unhas chirouvías á ... (ver texto completo)
Inda cho sei: As miñas palabras se cumplen, retiro a broma e as miñas desculpas.
Un abrazo
Vexo que eres tan cachondo coma min. Unha palmadiña nas costas.
Sr Indachosei, no moléstese polo meu nombre, es todo unha broma, y eu jamas cúlpolle a vostede de nada. Estes dias houbo moita tensión por culpa dun SR. Chileno e todos perdemos a calma e quizas un pouco o razocinio. Creame é unha broma poñer este personaxe. Non hai maldade nin ganas de amolar. Grazas
Realmente ten vostede o mesmo dereito a xogar con ese nome, que eu a utilizalo afirmativamente.
Non me amola iso.
Sr. Felipe Lubián:
Cuando un hombre se muestra cabal, autentico en su decir, sincero y con el corazón abierto; termina por ganarse el trato de ESTIMADO;... estinado Inda Cho Sei reciba mis sinceras condolencias de pesame por la partida de su Sra. Madre y
mi oracion fraterna por la salud de su suegra.
Hermano galego ayer 20 del Pte. tambien parteu outra galega; esta; desde Chile, a miña nai; foise a los 98 anos, hoy la acabamos de despedir en o cementeiro Parque do Recuerdo con uan gran concurrencia ... (ver texto completo)
Al mismo tiempo de darle las gracias por su sincero pésame, aprovecho el mensaje para acompañarle en el sentimiento.
Desde o antroido levo de hospital en hospital: O Barco, Verín e Ourense. Eu non estou doente, que eu saiba. Sonche os anos das mulleres maiores da familia, que se van pouco a pouco. Miña nai foise o pasado día 3. Miña sogra vai saíndo pouco a pouco dunha complicación.
Algunha tarde teño un anaco de tempo, entre viaxes e traballo, e boto unha ollada por eiquí. E non me divirte para nada o que leo.
Hai moito garabito neste mundo.
E vexo que hai alguén moi teimado en remexerse cada vez máis no seu ... (ver texto completo)
Tiña xa andares de moza, dous peitiños de muller e unha faciana dóce e fermosa. Unicamente lle sobraba o que lle sobraba. Por iso (ou quizáis porque lle sobraba o que lle sobraba) atraía ós mozos e ós homes. Esa era a razón pola que publicamente ningún dos seus a trataba polo seu nome. Chamábanlle "Tí"... ¡eh... tí! Non podían chamarlle Xurxo sen que se escoitasen mofas e se producisen liortas. O seu pai, vixilante de toda a súa roupa, non aturaba nela cores incorrectas nin cabelos longos, e nin ... (ver texto completo)
Gusto deste novo nome. Inda Pita. Cada vez con menos presión, pero inda pitamos de carallo.

Contaba un día o noso amigo Sotillo que un rapaz tivera un accidente cunha moto, e entre outras feridas, acabara coa pichula partida pola mitade.
Enterada a futura sogra (a Pita Moñuda), foi visitalo ao Complexo Hospitalario Cristal Piñor de Ourense, para ver se aquela cousiña tiña ou non arranxo.
O rapaz dixo que sí, que a cousa quedara totalmente útil, según tódolos informes médicos. Certo é que lle ... (ver texto completo)
Gracias, Caralleiro, Pichula e outras miudezas... por identificarme coa Pita Moñuda. Un honor.
Eu si que son o Facetudo: Escribo mensaxes no foro ao mesmo tempo de dar matemáticas en 2º B ou C da ESO. ¿Ubicuidade? ¿Omnipresencia?
¿Andamos na semellanza dos triángulos ou na dos monfraditas? Xa non sei.
--Ti naciches, queridiña miña, o día que pariu a porca. Saberás que tivo sete bacuriños e que o derradeiro apareceu vivo ó día seguinte, detrás do cubo da lavadura. Era coma ti, rosadiño...
--Mamá... ¡que comparación!
--Non, filliña, non. Os outros seis eran coma os teus irmáns, rexos, un pouco malasbestas, pero bos e fortes, tan fortes que ó mes de naceren pesaban o dobre ca ti, que non me levaches ó outro mundo porque Deus non o quixo... ¡Xa sabía eu que era un mal presaxio que viñeses de cu! Fíxate que teu pai, que sempre quixo homes na casa, cando te colleu no colo dixo, abanando a testa, que este non sei, non sei, non parece moi home, que case non se lle ve o pito... E claro: moi home, moi home non resultaches... ... (ver texto completo)
Resignación: ¡ay que carallo!
Indignación: ¡que carallo!

Cachondeo: ¡bueno, carallo, bueno!

Desplante: vai ó carallo
Inquisitivo: ¡que carallo é!

Contrariedad: tócate o carallo
Cansancio: deixate de caralladas ... (ver texto completo)
Don Manuel, moitas gracias pola letanía.
Lembro que algunha vez ten posto "c..." para decir CARALLO.
Agora está moito mellor. O carallo non só é o carallo, senon tamén un punto de apoio lingüístico de carallo.
Eiquí en Lubián, cando alguén nos fai moita gracia, decímoslle: "Oh, carallos te fodan!", o que non deixa de ser un bó desexo, se así o desexara a persona a que se lle dirixe a exclamación.
Velaí estou enteiriño
na miña mesa de castiñeiro
cos pés fincados na terra
no rumor fendido das xentes
apoiadas no parapeito das xanelas
no fogo fatuo preto do cruceiro
nos carros de herba e de estrume
tirados por parellas de vacas enchocalladas
no rebote pesado da barrila
contra as pedras frescas da fonte ... (ver texto completo)
Neste país hai cuarenta e tantos millóns de políticos.
Eu son un deles.
Onde teño responsabilidade de goberno, fago moito (todo o que se pode) e falo pouco, a non ser que me pregunten.
Onde estiven na oposición, tocoume facer pouco e falar moito.
Pola experiencia que me dan os sesenta recién cumplidos, os peores políticos son os de taberna: falan e falan, pero nunca poden demostrar que saben facer algo, porque xamáis se presentan, ou se se presentan, non os elixen. E veña enxarnar aos elexidos, ... (ver texto completo)
Sr. Inda Cho Sey:

Es cierto todos estan en el mismo barco pero, esto mas que barco parece a Torre de Babel; nadie entiende a nadie y estan siendo pasto de aparecidos con animo de verles en guerra mas que en paz. Bajen el tono que todos Uds. (derchas e izquierdas) saben quien es el otro, no hagan como el " POLLITO LLORON " que para sentirse seguro lo unico que sabe es piar apiadandose de si mismo; busquen consensos; si un buey tira mais co outro o carro solo hara espirales y no avanzara; todos ... (ver texto completo)
Esa desilusión con la que nos deja, es la misma que sentimos muchos en este foro.
Le aseguro que en Villavieja no hay ningún enfrentamiento, ni en Lubián, ni en Chaguazoso.
Esto que ocurre en el foro no es, ni por asomo, una proyección de la realidad.
Simplemente hay foreros agresivos sin ton ni son.
Tú, ¿te crees mas importante que el mendigo?; ¿en qué, o como valoras a la gente?; no, no me contestes, no me hace falta.
Cualquiera de los que aquí nombras merece mas respeto que tú, porque todos tienen su personalidad, la que sea; cosa que tú nunca tendrás, ya que ni siquiera eres capaz de mantener el mismo cobarde pseudónimo. Acabas de hacer, una vez mas, un mayúsculo ridículo: Vete a "colaboradores" y dime de donde sacas los 165 mensajes que tienes.
En lo que a mi se refiere, te delatas tú ... (ver texto completo)
Ballesteros: o larigón xa tapou ese buraco.
Le dedico estas palabras a una personita. Mas hace a quien Dios ayuda que el que mucho madruga. Dicho esto le contesto a un Sr. que su tiempo le debe sobrar porque en vez de dedicarse a sus menesteres, esta a romper las p.................
Le queda grande la biblia, Dios le dijo a la mano derecha, tu seras la que conducira tu cuerpo, y a la izquierda tu que eres mas torpe, te sentaras a mirar lo que hace la derecha. Ella la derecha siempre te ganara, pero no te preocupes algun dia, tendras a un zapatero ... (ver texto completo)
No te preocupes, que nuestro actual presidente te lo soluciona de inmediato: desgraciadamente dice que llegaremos a seis millones de parados cuando cumpla un año de gobierno.
De todos modos, que te vaya bien con tu empresa. Lo deseo de corazón, como deseo que todas las pequeñas y medianas empresas encuentren solución urgente para sus problemáticas. Porque por encima de fanatismos -que no se dan en mi persona-, me preocupa mucho la situación de España y de Europa, y desde mi humilde responsabilidad, ... (ver texto completo)
Quixera dicilo ao tal Frieires que se dedique ao seu. Ensinar aos mais jovenes a ter educación e deixar de inventarse personaxes. Esta vostede mais visto que o programa "Salvame" parece mentira co maior que é e que se dedique a ronper as pelotas.
Eu contéstolle para que este foro siga vivo. O seu lugar é ao outro lado da Canda. Teño a súa cara xa moi vista. Porque lles gusta vir a foder a Villavieja, no teñen outro pobo onde molestar.
Adios querido "Primo" escribe pronto, te botamos de menos.
Como non conocemos ao Freirés a este lado da Canda, dame que este home, don Manuel, precipítase unha vez máis.
Agora vou dar a miña opinión de funcionario docente: O goberno anterior rebaixoume 100 € ao mes. Este goberno, outros 100 €, pola vía da elevación do IRPF. Cobro 200 € menos que hai dous anos. Pero eu non protesto por iso.
Eu entendo que cando se fala de recortes en Educación (como consecuencia tamén do déficit das Comunidades Autónomas, entre as que están a miña e a vosa) e en Sanidade, ... (ver texto completo)
INDA, perdona a miña ignorancia, pero non, non sei quen é o manipulador de google, pero sí sei que é manipulador.
Dame unha pista mui discreta, ou xa mo dirás cuando nos vexamos.
Un saudo.
Vernos será máis agradable. Unha aperta.
¿Van saír eiquí todos os que fixeron algún donativo para tan noble causa?
Non sei a cita como é debido, porque non son crego e vou pouco pola eirexa, pero me parece que Cristo dixo algo así como "Que tu mano izquierda ignore lo que hace la derecha".
Tes razón, mete a estaca por onde che quepa
Saude
Un lugar muy adecuado para tal estaca bien podría ser las criadillas de cuatro perturbadores sinvergüenzas.
Ballesteros: ¿Aún no sabes quien es el gran manejador de google?
Eu non entendo de leis, pero cando condenan a un xuis, xa me diredes que podemos esperar nos da ley, non sei si ten razón ou non
Xa veredes como a Urdangarin, non lle fan nada, non sei o que pasará, pero seguro que nada
¿Vos que opinades?
Bicos
Ao xuiz do caso ese de Urdangarín xa lle abriron unha investigación. A xudicatura está a lanzar mensaxes aos xuices que se atreven a investigar a corrupción dos poderosos.
Que eu oín de sempre:
- Entre Pías e Sever, ten o demo que facer.
- Os da Gudiña, cada cuatro unha sardiña.
- Os de Lubián, comen a xixa sin pan.
- Xente do Pereiro, tropa do car...
- Xente do Pereiro, tropa de Dios; arrímate a eles e serás coma nos.
- Os da Mezquita, quita, quita.

Continuará...:-)
Os de Lubián
comen a xixa sen pan
e non beben viño
por non mollaren o fociño.
Sr. Inda cho sei: Lo que expone, no tengo ninguna duda.
Yo solo pretendi hacer de una contestación una broma. Mis disculpas si moleste.
La verdad que se puede estar todo el dia con refranes. El ultimo este creo que le gustara. Donde no andan manos de mujer ¿Que cosa delicada puede haber?
La casa sin mujer es como una mesa sin pan.
Me gustan los dos, y nunca los había oído.
A seguir bien.
Efectivamente, o refrán que eu escutei sempre na Vilavella era como dices eiquí:

-"Vaca de Manzalvos e muller da Mezquita, quita quita".-

Nunca me explicaron o das mulleres da Mezquita (se tiña explicación), pero sí o das vacas de Manzalvos: De todos é sabido que en Manzalvos, inda que a diferencia é pequena, fai menos frio que na Vilavella.
Outra razón con mais peso é que, tendo en conta que antes se traballaba todo cas vacas, a faceira de Manzalvos era muto mais doada, mais chaira, polo ... (ver texto completo)
Esa é a explicación que me deu un día meu avó, no caso de Lubián, cando eu era cativo.
O da muller nunca mo explicaron, pero entendo que daquela, cando casi todos eran labregos, entendían que a labranza en Lubián era moito máis costosa que nas Frieiras, tanto para as vacas, como para os homes e para as mulleres.
Así é que se un labrego solteiro buscaba compañeira, unha muller da Mezquita igual non se lle afacía a unha vida inda máis dura que nas vosas chairas, sen esquecer o machismo imperante ... (ver texto completo)
MULLER DE lUBIAN, QUITA QUITA, GUARDALA EN EL DESVAN.

Ruego la misma compasión, yo no soy autor de este refran. Lo mismo es de Lubian.
Señor Varela: Los refranes los hace la cultura popular. No usted, ni yo.

No sé por qué usted me recuerda los experimentos de Pavlov para el estudio del reflejo condicionado. ¿Cree de verdad que me estoy burlando de A Mezquita o de As Frieiras cuando expongo y razono un dicho popular?

Ahora le diré el mismo refrán, tal y como se lo escuché a alguien de El Pereiro, en un contraste con el dicho en Lubián.

"Vaca de Manzalvos e muller da Mezquita, quita, quita."
Xa sei que non é igual en tódolos pobos. Pero eiquí, en Lubián, tendo en conta que o terreno é moi quebrado e os camiños peores que nas Frieiras, tiñamos os labregos este refrán:

VACA DAS FRIEIRAS E MULLER DA MEZQUITA, QUITA, QUITA.

Prego teñan compaixón de min, que non son o autor do refrán.
Nós, en Lubián, tamén lle chamamos pito verdeal.
Unha mañá andabamos meu avó e máis eu facendo a bima nunha leira. Na da Cascalleira.
Eu era un rapaciño que ía con el para andar de diante ao acaroar. Pero ás veces xa me facía colle-la rabiza.
Nun intre no que o avó araba de costas para min, fuxí á carreira cara un soutiño de castiñeiros que había perto de alí. Un deles tiña un buraco no que xa escabacara alguén coa machada outro ano para coller os seis pitos verdeais de cría e levalos á tarteira.
Encarrisquei de contado, ao ver saír o pito nada máis tocarlle á árbore. O buraco estaba esgarrado cara abaixo en forma de uve. Cheguei á súa beira, e metín o brazo deica o mesmo ombro, pero non dei alcanzado o fondo do trovo. Cando quixen sacalo, quedei atrapado polo sobaco naquela uve. Intentei empertegarme, para subir o brazo, pero resbalei da galla na que apoiaba, e quedei colgado polo brazo. Menos mal, porque senón a zapucada houbera sido de "muy señor mío".
Os berros fixeron que o avó ciplinara aguillada e rabiza, e veu correndo para socorrerme.
O bó home, que tería daquela seus sesenta e oito anos, botou as maos á testa ao ve-la situación, sacou os zamancos dos pés, e tivo que encaramarse ata o cano do que eu resbalara, para alzarme e sacar do buraco o brazo que case esmangallo.
Inda que viviu deica os oitenta e un anos, non mentirei se afirmo que foi a derradeira vez que tivo que encarriscar a unha árbore.
Hoxe estas cousas non pasan. Os rapaces non saben de níus, nen de paxaros. Os nomes dos paxaros van morrer coa nosa xeneración.
Un día de escola, xa hai vinte anos, preguntei aos rapaces de Porto cómo se chamaba naquel pobo un pigarro que pasou por onda nós, e contestaron todos a coro:
--Como se vai chamar? Paxaro! ... (ver texto completo)
Ao día seguinte dun 1-3 no Bernabeu viaxei a Madrid. Xoves. Reunión na "Calle del Nuncio", como vocal dunha Comisión da "Federaciós Española de Municipios y Provincias".
Deixei o 407 no aparcamento da Plaza Mayor, e antes da Comisión inda tuven tempo de tomar uns cafetiños ao sol nunha daquelas terrazas. Para un alcaldiño rural é toda unha aventura meterse no tránsito da capital, e ver xente en exclusión social deitada entre farrapos nos pasadizos, e outras tantas cousas ás que xa non estou vezado, ... (ver texto completo)
Señor Vicuña: a miña intención non é sinalar a ninguén. Tamén sei que, se é certa a súa ubicación, esas horas non son noitaregas. Por outra banda, cada quen escribe cando pode, ou cando lle peta.
Xamáis quixen a máis leve polémica, nin contigo, nin con ninguén.
Se é certo que utilizan o teu nome con outra clave, só se pode entender desde dous puntos de vista:
1.- O servidor non controla, e tería que mellora-la seguridade.
2.- O propio servidor está enlarabuzado nas polémicas, tal vez porque xeneran ... (ver texto completo)
Xa que estamos coa paxaragada, e abusando dos teus conocimentos e mais da tua xenerosidade, dime como se chaman os seguintes paxaros:

-Merla Cachoeira-.

-Milpéndora-.

Se non lle chamades igual en Lubian, e necesitas alguha referencia pra identificalas, xa veremos o que se pode facer.
Gracias, amigo.
Antes de nada, decir que a nosa ROLA é a "tórtola europea", e non emigra a Turquía, senon a África. A min soábame algo de Turquía, pero ao consultalo, resulta que hai outra "tórtola turca", pero esta non ten nada que ver connosco.
Veñen fotos en google de todos estes paxaros.

En Lubián non lle chamamos MERLA CACHOEIRA. Seguramente se trata do castelán "mirlo acuático". Nós chamámoslle LAVANCO.
No diccionario de Estravís aparece como MERLO ARRIEIRO, MERLO RIEIRO, MERLO DE AUGA, MERLO PEIXEIRO, ... (ver texto completo)
A labrandeira en castelán chámase LAVANDERA BLANCA ou AGUZANIEVES.
O nome científico é MOTACILLA ALBA.

Nós chamámoslle labrandeira a estes dous paxaros dunha mesma especie: "bisbita" e "aguzanieves". Pero non son o mesmo paxaro.
Este lobo, Piño, está nos cangos. Non fai barriga ningunha. Ten a gorromela do monte, e non se da afeito.
Pero é certo. Sempre espiando. E logo cóntamo todo, cando me sento ao seu carón de cando en vez. Hoxe preguntoume pola nogueira que falta. E tamén por ti. Xa lle dei recordos.
Os paxaros teñen nomes moitas veces diferentes dun pobo á outro.
Sen embargo, acho que estes nomes da Vilavella son os mesmos que en Lubián, e se refiren aos mesmos paxaros.
A ROLA chámase en castelán TÓRTOLA. É migratoria. Eiquí pasa a primavera e o verán. Fai o níu (niño) con moi pouquiños guizos nun piorno, ou en calquer outro arbolexo. Pon sempre dous ovos, e ten dúas rolas novas cada verán. Paréceme que cando emigra, vai cara a Turquía. Cando voltan, voltan sempre aos mesmos pobos e ao mesmo ... (ver texto completo)
O próximo 14 de xullo, sábado, terá lugar a etapa máis importante da Volta a Zamora. Sairá de Lubián, pola Portela da Canda a Castromil, San Ciprián, Hermisende, Lubián, outra vez alto da Canda por a carretera nova, baixar pola vella a Lubián, Castrelos, Hermisende, Castromil, Portela da Canda, Lubián e subir ó alto do Moruxal (Parque Eólico Hedroso-Acibeiros). Todo montaña.
Na Volta a Zamora participan ciclistas novos, pero de élite, que van ser os figuras do mañán. Vai ser o terceiro ano que se ... (ver texto completo)
Nese río inda fun pescar na pasada primavera. Entrei pola Esculqueira e deixei o coche onda unha ponte. Alí pon un letreiro que dice: Río Parro, se non me engano. Hai catro ou cinco anos, collín oito troitas moi boas á cucharilla. Unha pesaba medio kilo.
O ano pasado só collín dúas da medida xusta.
Agora hai unha praia fluvial pola parte de arriba da ponte, e un merendeiro á borda do camiño polo que eu baixo ao río. Antes non había nada diso.
O río é pequeno, pero moi fermoso. Sempre me parecéu ... (ver texto completo)
Este relato, historia o como le llamemos, me transporta a la vera de los dos rios,
estas vivencias gustan. ¡que se cuenten mas! vuelvo a aplaudir.
Un abrazo amigo
Gracias, Varela.
Acabo de poner "mamímero" donde debe decir "mamífero".
Una linda experiencia y mejor relato... ¿QUE ES UNA LÓNDRIGA?

Gracias
Saludos
Una "lóndriga" o "lóndrega" es una NUTRIA, la cual es un mamímero escaso en estos lares y muy difícil de ver, porque además es muy esquivo.
Gracias a Vd. por su interés.
Hai oito ou dez anos deume por ir de pesca ao Diabredo, por baixo da Vilavella, varias veces.
Deixaba o coche na estrada que vai á Mezquita, onda o río que ven da Canda, camiñaba un rato polos prados cara ó Pereiro e comezaba a pescar, á cucharilla ou á mosca, nun eido onde o Camiño de Santiago vai sobre unhas poldras para que os peregrinos non se atolen no laguallo.
Collía dúas ou tres troitas da medida --ou ningunha--, soltaba outras tantas que inda tiñan que medraren, e volta para a casa despois ... (ver texto completo)
Buena y aclaratoria clase Inda; gracias, o meu fillo esta interesado ten 41 anos pero nunca e tarde.

saludos
Eu comecei con 54.
Se o Varela disfruta relembrando o galego, para min a gaita (a de arriba) é coma unha menciña que me está a espurri-la vida.
Á de abaixo... que lle quiten o bailado.
Creo que ben pode tocalos con luvas de boxeo, e ata acariñalos cun garapio.
A INDA CHO SEI. De parte de meu primo Tono (gaiteiro mayor de Vilavella:
Moitas gracias por deixarlle disfrutar da sua gaita nestos dias de Reyes, que sepa que a tratou con todo o esmero posible e que outro ano espera que vostede arranxe un hueco e poda deleitarnos con algunha de esas piezas que interpreta vd
tan magistralmente.
Sr 25 e mais, eu son da paxaragada da Vilavella, ¿refierese vd esos paxaros ou os pardales, cuervos e demais paxaros alados?. simple curiosidad
Gracias, Amador, pola invitación.
Eu sempre vou onde me chaman.
Alí estiveron os amigos Ángel e Iván. Nas cancións polifónicas, eles fan a voz 1ª, e eu a 2ª. Algunhas cancións milloran lóxicamente coas dúas voces.
O que pasa é que a tarde do 5 de xaneiro temos en Lubián a carroza dos Reis con agasallos para os nenos (libros en galego), e hai que cumplir coas obrigas.
Xa me dixo a gaita o ben que foi tratada. Coma sempre. Nunca dubidaría dese trato.
A maior parte das gaitas da nosa banda son ... (ver texto completo)
O máis probable é que as gaitas que vos enviou a Deputación de Ourense sexan como as nosas, en SI bemol. Son as máis apropiadas para bandas.
As gaitas en DO, sen embargo, son as máis apropiadas para acompañar con outros instrumentos, como saxos ou clarinetes.
Hai outras tonalidades. A Real Banda de Ourense, ademáis das gaitas en SI bemol, leva tamén outras moi graves, en FA, que tocan unhas gaiteiras sentadas, sen soplar, porque levan un fol mecánico debaixo dun brazo.
Nós levamos inda pouco tempo. ... (ver texto completo)
Pepe: El humor chileno nada tiene que ver con este entorno. Mi humor es más gallego, como el de todos los vecinos que aún quedamos en estos pueblos, entre los que no hay ningún tipo de pendencia. Reconozco que mi mensaje era una provocación; pero, hombre, estaba cantado el verdadero sentido de la broma. Hasta alguien lo adivinó, sin ser de Villavieja.
Si algún día nos conocemos, lamentaremos haber escrito algunas cosas.
En todo caso, los muchos que me conocen saben de mi sincera hospitalidad. ... (ver texto completo)
Graciñas, amiga.
Eiquí hai cousas que non son doadas de comprender.
Algúns teñen o dedo fácil, e disparan sen encomendarse a Deus nin ao Diablo.
Só xente descoñecedora da realidade da nosa veciñanza harmónica, (Vilavella, Lubián, O Pereiro, Chaguazoso, Barxa,...) dende a brétema que cega os seus ollos, pode ciscar inxurias de balde.
¿Anonimato? Ata poidera ocurrir que aparecera alguén con nome e apelidos, e non tratarse desa persona. Mira que faciliño sería utilizar a miña identidade, se só ... (ver texto completo)