OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

A VILAVELLA: Desde que pasei a ser un reformado, non fago máis ca...

Desde que pasei a ser un reformado, non fago máis ca os recados da muller.
--Hoxe imos comer caldo, que por aí queda un bocadiño de unto. Vaite ao coiñal, e trae unha verza das máis tenras. Non vaias vir coa máis vella da coíña, que ás veces pareces parvo --mandoume nada máis pór un pe fóra da cama.
Cando xa ía degollare a verza escollida, paroume de súpeto un axente forestal:
-- ¿Tiene usted autorización de Medio Ambiente para podar ese arbusto?
--Isto é unha coíña, carallo, non é un arbolexo! E está na miña cortiña, que a plantou hai dos anos a miña muller para face-los caldiños!
--Tenga. Tiene usted que formular esta solicitud antes de la poda, si no quiere que le imponga una sanción.
Unha vez que nos chegou aquel permiso para poda-la coíña, a muller mandoume de contado pola verza. Pero cando ía esgaza-la folla máis tenra, deume o alto o axente da Confederación Hidrográfica del Duero:
-- ¿Tiene usted autorización de la Confederación Hidrográfica para la poda de la planta?
--Teño o carallo, señor! Vela eiquí está: autorización da Consejería de Medio Ambiente de la Junta de Castilla y León.
--Muy bien, señor. Esa autorización es de la Junta. Pero le falta la autorización de la Confederación Hidrográfica del Duero, dependiente del Ministerio de Medio Ambiente del Gobierno de España. Sin esta autorización, tampoco puede efectuar la poda.
--Me cago na cona! Xa teño permiso do forestal! E logo qué carallo ten que ver a miña verza coa Confederación do río?
--Si usted corta una sola hoja de la planta sin autorización de la Confederación, me veré en la obligación de imponerle una fuerte sanción, ya que la poda de una sola hoja puede alterar el curso de las aguas de la lluvia.
Deume tamén unha folliña de papel para cumplimentar, e agora que nos veu dunha vez a necesaria autorización, xa non nos apetece o caldo.
Se quixemos comer nesta tempada, tivemos que botar man de lubricantes e centolas.
E por riba, agora dicen que debemos comer insectos. Qué será dos paxaros que inda quedan?
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Sinor Inda: Para mostra un botahún, depois de leer o seu relato, bueno mellor dito de estudiarlo, se lo dixe al xefe, contestándome de inmediato, cabeza de corzo por qué crees que nunca más le votarei al sinor Marino, home por o que le pasou a íste sinor por o tema da verza me parece demasiado precipitada tal decisiahún,-nahún home nahún por la verza nahún é, intanhón ¿Por qué é? Pois íses funcionarios xa nahún tiñan que istar, so fan meterse cos que traballan,-pero nahún me digas que tudo íso téin culpa o sinor Marino,-nahún entón tendreina eu, tú teñes algunha, para iso trouxeche o diñeiro pra ca pro Brasil, además un fanático do sinor Marino,-era, agora nahún, nahún penso votarle más. Disculpe sinor Inda, que por culpa do caldo menudo lio armou o xefe, claro como a él le gosta tanto el mencionado, nahún entende tudas las coisas que istán a pasar coas coubes por culpa dos verzas. ... (ver texto completo)