Mensajes de LUBIAN (Zamora) enviados por barxés:

Teño tristura por este castañeiro, fai unha temporada que empeza a dar señales de que se quere secar. non o debería de facer.
Amigo Piño, tiñades que escribir ti e mais Felipe dous libros Felipe un de contos é tu un de poesías.
Un abrazo pros dous
Menuda cuadrilla de seitureiros, desexolle a todos muita saude pra que non deixen perder as costumes dos nosos ancestros.
El pueblo en primavera.

Canta el mirlo en los regatos,
Entonando dulces notas
Echan margaritas los campos.
Y los arboles sus hojas.

Sobre la hierba de la fuente.
Inquieta emerge la rana,
En tanto un ciervo bebe ... (ver texto completo)
Amigo Piño, dende logo deberias escribir un libro de poesias... quedei abraiado con esta que por certo as outras todas tuas non desmelloran pero esta se sale, senon fóra porque me cobrarias os dereitos de autor editabas eu.

Un grande abrazo pra ti e familia, tamen pra Inda Cho Sei.
Amigos de Lubian desexovos pasedes unhas felices festas de nadal, e un prospero ani novo, en especial a Inda Cho Sei, Piño, Xinxelo, A Bubela da Maria do Marcial, Sr. Prat é non podia esquencerme de Dn. Telesforo Romerales e Dona Pita Moñuda que supoño estarán por Lubian de vacaciós.

Un abrazo a todos.
Dende logo menuda merendotada. O home da gorra e a señora das gafas parecen boa xente, os demais tamen.
Espero e desexo dende as rias baixas que todos estean ben de saude e que coman durante muitos anos ese tipo de merendas.

Un grande abrazo a todos.
Apreciado forer@: Usted deberia saber que la cultura une no separa, el Sr. Alcalde de ese maravilloso pueblo el cual tengo el gusto de conocer, creo sabe varios idiomas entre ellos el Gallego que por circunstacias historicas se habla en todos los ayuntamientos limitrofes de Castilla León y Asturias. Además que tiene de malo mantener el idioma de nuestros ancestros.
Un saludo a todos los vecinos de Lubian y en especial al "Ilustrisimo Sr. Alcalde"
No estos cucurriles, pero algo similar hemos comido hoy a mediodía (boletos) como es lógico, estaban congelados y precocinados con jamón, pimientos, ajo, quizá alguna cosa mas que yo no se, (los hizo Mary Tere) Total, que estaban mucho mejor que la carne a la que iban de guarnición, lo hemos regado con una botella de sidra, que también está muy rica, esta última que hice, sin lugar a dudas, ha salido mejor que ningún otro año.
Quero dar as graciñas, os prados, touzas, leiras da Seragrande, o Avesedo, ... (ver texto completo)
Grande amigo Piño, Nos tamen facemos o mesmo pero cos niscalos, tamen conxelados e precociñados que moitos collemos este ano pasado asi como cucurriles e boletos pois son os únicos que collemos, pois o resto temos medo a collelas por descoñecemento.
Comentalle o Sr Romerales cando veña por Lubian que podeis baixar hasta Barxa a probalas con un viño da casa e se non ouvese xa haberá outras viandas pra acompañalo.

Unha aperta pros dous.
Dende as rias baixas saudos para todos os foreir@s de Lubian, en especial para Inda Cho Sei é Piño. Pido disculpas por non poder participar antes, que non foi mais que por deixadez os fins de seman e pola seman por falta de tempo.
Os contos que contades son inmellorabeis reimonos muito con eles seguide asi que nos divertimos todos.
Este ano non vos queixariades da neve, que tivestes bastante. por certo que comin no Pereiro o dia oito e como a tiñamos prometido mandarlle fotos da neve os sobriños ... (ver texto completo)
Patxi López "el Psoe
es republicano pero
se comprometió con
la corona "

Claro Patxi y yo soy
vegetariano pero me como
chuletones a diario porque
me comprometí con el carnicero
Amigo Pablo estou o cento por cen de acordo contigo. Sobor do asunto do comentario de Patxi. Alegrome um monton que no Padornelo haxa xente que pense así
Un Afectuoso saudo.
Auditorio do Areal

Rúa Areal, 46 36201 - Vigo

Web oficial
27 de Mayo de 2014
Gratuito
Horario: 20:00
Conferencia-proyección-coloqui o

Interviene: Xosé Henrique Costas
(profesor titular Filoloxía Galega da Universidade de Vigo; académico da Real Academia Galega)

Presenta: Felipe Lubián
(alcalde de Lubián, Zamora; académico da Real Academia Galega).

Quero dende este medio felicitar o Excelentisimo Alcade de Lubian, por a sua presentación do catedrático Xosé Enrique Costas no Club Faro de Vigo. Onde impartiu a conferéncia coloquio sobre o galego das zonas limitrofes de Galicia
é do val do Ellas en Caceres, a cual tiven opurtunidade de asistir. ... (ver texto completo)
Carallo, non sei se ían para cincuenta e tres anos que non pisaba a volta polo noso pobo, cando Federico Martín Bahamontes levaba nove minutos de adianto, e dicen que parou no alto de Padornelo a tomar un pikolo, porque tiña medo de baixar sen compaña.
Onte apoleiráronse nas bordas da estrada ata os máis vellos do lugar para ver pasar coma lóstregos aos tipos das bicicletas.
--Viche o maillot? --preguntoulle Tito ó Alfredo.
--O amalló? Miña naiciña! Cómo lle poideches ver os amallós coa ostia ... (ver texto completo)
Amigo Inda: Gracias por estar deseguido arrancándonos sorrisos. Eu estiven o outro dia na meta no monte da Groba en Baiona e tamen que casualidade que tamen estaban dous paisanos decindo o mesmo, un chamabase Florencio e o outro Narciso e dille Florencio a Narciso "carallo"ese non chega a meta leva os "amallós" desatados. Por certo alí mirabanse ben porque era costa arriba
A candil botamola de menos na festa do cortello xa estou enterado da sua convalecencia, quero desexarlle dende eiqui unha pronta ... (ver texto completo)
Ai o tempo! Vaia ración de auga. Non deixa de chover. E por riba, botas unha ollada á ventana para ver se deloura un intre, e o que ves é pasar un enorme camión con este letreiro inmenso: CABREIROÁ!
Ai o tempo! Tes razón Inda, que palabras tan sinxelas como deloura, intre, utilizas, como gran mestre que eres a pesares desa xubilación, sempre seguiremos aprender de ti tantas cousas.
Polas Rias Baixas hoxe non delourou nin un nin dous nin tres intres, haber se estes dias deloura uns intres polas terras de Barxa e o amigo Inda fai un anaco de tempo pra tomar un grolo de viño e unhas frevas de xamón.
Unha grande aperta amigo.
Sirva esta foto coma homenaxe á desaparición de Guti, o meu querido can de palleiro, que dormía tempo atrás no palleiro que había á miña porta, e tamén na mesma porta da casa. Ladraba polas noites, e metía respecto aos visitantes, a pesares de ser amigo de tódolos humanos.
Estamos a extrañar os seus ladridos e a súa presencia en tódolos eventos. Onde quera que descanse, descanse en paz, como pacífico foi nos seus dez anos de vida.
Apreciado amigo Inda, sentin tamen eu a desaparición do te can, lembro na festa do Cortello o lado teu e meu ainda o acariciei era un can noble, o cual gustabanlle ben os osos do cabrito e se tiñan algo de carne mellor, supoño seria aquel can grande pinto. O que me chama atención tamen é esta foto muitisimo del na sua cama no palleiro, da palla non da herva.
Respeito o analise que fixestes da sacaprada, Piño, Duli, e mais ti estou completamente dacordo, pois as vacas pastaban orredor dela e sempre ... (ver texto completo)
Pois ten razón o noso amigo Ballesteros, estando eu o luns no peirao en Cangas vin pasar as falepas, o que nunca pensei é que a súa orixe eran as serras de Lubian. Chamoume muito atención porque debian ser macho e femia eran mui branquiñas.
Unha aperta pros dous.
Baixou un día desde a Escola ao bazar que había no pobo, para mercar algunhas cousiñas que farían falta no centro.
Cando voltou, acercouse a min con cara de non saber se contarme ou non o seu segredo. Por fin decidiuse:
--Inda, mira unha cousa... A señora de bazar é viuva, non si?
--Ë viuva, si.
--E o carteiro?
--Manuel? Non. Manuel está casado coa María. É o pai do Niní.
--Pois... enténdense. A señora do bazar e o carteiro... enténdense.
--E logo por que dices tal cousa? --preguntei, escarallándome ... (ver texto completo)
Amigo Inda: Pensome que o bazar existe, é o lado do peirao de Cangas pero agora a señora xa e mui maior e quen rexenta o negocio e unha filla casada (mui ben casada) quen por certo tamen se chama Amor, que xa ten fillos mociños. De quen non puiden conseguir información foi do carteiro.
Un saudo pra Inda, Piño, Candil e todos os foreiros de voa bontade.
Muitas graciñas O Candil por incluirme dentro da xente boa, non te trabucaches en nada... comparto o teu mensaxe o 100%.
Un forte abrazo pra todos os que nomeaches e pratodos aqueles de boa bontade.
Piño pero que forma de recitar!, eu apuntariame de comercial gratis pro teu libro se o escribes, que eu pensome que xa casi o terias feito co teu repertorio, que teis escrito no foro.
Un saudo
Quero dende este medio, desexarlle a todolos foreir@s de Lubian en especial o SR. Romerales, Piño, e Candil, unhas felices festas de nadal e un prospero 2013
Un abrazo grande pra todos do Barxes.
Amigo Piño deixa a canción da terra no foro, nonha poñas solo de proba.
Eres grande en estatura, bondade e memoria.
Tamen hay outro grande, ese xubilado da legión que agora se dedica a montar postos de observación no concello da Mezquita, que parece que deron resultados certos. Que non e outro que o coronel Romerales.
Un abrazo pra ti Piño, y a la orden de ussia mi coronel Telesforo Romerales.
Arrrrrmás sobre el hooonnnbró ar.
Peor que os sainchos, sempre intentando empozoñar donde hay bon fruto.
Muito peor cos sainchos...
Un saudo Inita
Ser buena no es sinónimo de ser idiota. Ser buena es una virtud que algunos idiotas no entienden. Si los que pierden el tiempo criticándome lo dedicaran a hacer el bien, el mundo sería un lugar infinitamente mejor. Yo no tengo tiempo para odiar a los que me odian, estoy demasiado ocupada amando a los que me aman; y rezando por los que no saben lo que es amar. No me hace daño quien quiere, sino quien puede; al que lo intenta, le sonrío y le digo: "gracias por darme la oportunidad de encontrar a otro ... (ver texto completo)
Que grandes verdades dices, eu creo que de algun foreiro de algun pobo cercano
hay que pasar, para que se entreteña el soio cos personaxes que el ten, e deixe de meterse cos demais.
Un saudo.
Hai lugares, Vintecinco, onde fixeron as casas no propio leito dos ríos, e os ríos acaban axustando contas.
No Tuela, un día de pesca, crucei para a borda das Valiñas por un lugar onde se pasaba ben. Era un día de babuxa no mes de maio. Despóis botouse a chover de verdade, e cando os pes quixeron levarme á boa beira noutro pasadeiro, non me atrevín polo crecido que xa viña o río.
Tiven que deixa-los pertrechos debaixo dunha "pala" dun fragaredo, e reptar por debaixo das uceiras e das xestas, molladiño ... (ver texto completo)
Amigo Inda Cho Sei: Despois duns dias de descanso nas chamadas illas afortunadas,
estamos de volta. Como o tema que estades a tratar e o rio, traeme a memoria os comentarios o respeito da invasión por parte das constructoras, do leito dos rios. Naqueles lugares hay barrancos, pero un amigo meo o cal me visita na illa na que eu estexa, que e inxenieiro en Unelco filial de Endesa pras illas Canarias
Surxio o tema dos barrancos onde construen alí. E me fixo gracia cuando me dixo,
"algun dia cuando ... (ver texto completo)
Hola, O candil; Xa sabía que estabas deste lado do río; non merece a pena cruzar pro outro lado ahora que empeza a estar a auga fría, encima sabendo que solo toparías maleza, silbas, toxos...
Cambiando un pouco o dito..."a berros estridentes oídos xordos".
Un abrazo.
Perdoai que me inmescuia no caudal do rio, eu tamen estou deste lado do rio, pois do outro hay muita broza ruin.
Aporveito pra decirvos que bou estar caladiño ata o dia 15, por mor da auga quente e o sol.
Un grande abrazo pra todos foreir@s de ben.
varxes se nota que eres un ome de palabra. Como me gustaría haber estado esa noite ahí. espero non perdermo o próximo ano, abrá que enterarse con tempo. estamdes todos moi ben nesta fotos. Saudiños pra todos
Prezada Pepita: Non sabes o que te perdiches, disfrutar da musica dun home orquesta, da gastronomia que ali tiñan (inmellorable) e o mais importante
a compañia deses grandes amig@s que veis na foto, e a noite que acompañou
que foi unha maravilla, votaron de menos a ti teu irman e o inconfundible
25. Por o asunto do Barxes con "V" non te perocupes, entendese perfectamente.
Haber si pro ano temos a sorte de facer unha xuntanza de tod@s os foreiros de ben.
Unha grande aperta pra tod@s.
Graciñas Candil:É unha ledicia pra min sair nas fotos o lado de xente tan boa e sinxela, como os presentes. Nunca esquencerei esa noite pois facia tempo que non o pasaba tan ben, nun sitio tan bonito e cunha noite tan boa, e sobre todo repito rodeado de xente tan boa sinxela e sinceira.
Graciñas a tod@s e un grande abrazo pr@s que me acompañarón na foto.
Que gran verdade contas Piño, respeito o das seituras e mais todo o que eran as tarefas do campo antigamente. Falando das minas de Rio Tinto meo abó falecido no ano 70 con 98 anos nos contaba as suas camiñatas de Galicia a Huelva a traballar as minas.
Referente a foto, a faceira temblou menudos seitureiros, non haberia entre vos algun das Carvalhas perto da Muimenta, concello de Vinhais, que seria o mellor
familiar do 25, que tanto segou por todas as terras da contorna fai moitos anos.
Unha grande ... (ver texto completo)
Hola, Pepita, en cuanto poda, mándote as fotos o teu correo. Non creo que vaiamos no puente do Pilar porque temos intención de ir a Tuiza, o último domingo de septiembre, e son demasiados viaxes seguidos. O millor pro puente dos Santos, sí. Ya nos iremos avisando a ver se coincidimos todos alí. Podemos intercambiar os nosos números de móvil por correo, que así será máis fácil avisarnos.
Unha aperta pra tí e teus irmaos e irmá. Tamén pra Piño, Maritere, Inda, Barxés, Gel, Ricardo, 252525..., en fin, ... (ver texto completo)
Graciñas Candil por esa aperta ta afectuosa que nos adicas, e como diria o noso comun amigo 25 sin distinçao. Se o fin seremos tod@s políglotas, jajajajajajajaja...
Saudos para todos os foreir@s de Lubian
Buenos días Barxés; ¡cómo te gusta recordar estas vivencias!. Cada ano se repetían as mismas faenas, as mismas voltas de arada, cada unha no seu tempo pra chegar as leiras ó tempo da sementeira sin unha herba, pra facer boa laboura, e que o "pan" nacera forte, e libre de cualquera impedimento.
Un forte abrazo, amigo.
Boas tardes Ballesteros, si que me gusta recordar esas vivencias daquel tempo, habia mais traballo no campo no habia maquinaria, pero tal como o amigo Piño acaba de contar con toda razón, a xente tiña outro humor axudabase unha a outra
habia fiadeiros no inverno, e no vrao contos e mais contos, e o tema das vacas era como o Piño diz sempre saia na conversa.
Nomes mais comuns onda nos das vacas eran garbosa, castaña, malagueña, marela, cereixa, macarena, montaña, parda, mora, marquesa, cachorra ... (ver texto completo)
Son as cinco da mañan, hai que levntarse cediño, ir sacando as vacas da corte, xunxilas, e apor o carro. Xa onte a tarde, arrancando co garapio, recebendo as salpicadelas e botando o carro ca espalladeira, deixamos cargado o carro de esterco. O pai saca unha vaca e deixa o rapaz, que solo ten seis anos, pegando dela hasta que saca a outra, unha vez xuntas, colle o xugo cunha mau e ponho encima das molidas, xunxen a parexa e repiten a operacion ca segunda parexa. Ahora ai que apor os carros e guiar ... (ver texto completo)
A bubela da casa da maria do marcial. Que maravilla, como describe perfectamente todas e cada unha das tareas da sementeira, xunxir as vacas e apor o carro, as molidas, o garapio, esparexer o esterco, feixe da palla pra facer as embelgas, leira arada co arado romano, o rapaz "tente arriba, tente abaixo"... así o lembro nin mais nin menos
Unha forte aperta Bubela, por refrescarnos a memoria con tantas realidades de fai tempo.
Muy bon Piño sigue así, que nos escarallamos de risa, este superou con creces os anteriores.
Aporveito pra decirche que co amigo Ballesteros, mariscada non pero algo xa temos tomado xuntos, e a mariscada xa virá ou o arroz de marisco que o preparan muy ben os veciños portugueses, por Valença Do Miño, Camiña, Vilanova ou mesmo en Monçao, no solo o bacallao.
Pero cabrito, ou cordeiro como en Lubian en ningun sitio do mundo.

Un forte abrazo pra todos os foreir@s de Lubian.
Con este artlluxo dos rapaces non me aclaro moito, pero bueno, intento comunicarme.
Barxes, cuando escribí o meu mensaxe inda non localizara o teu anterior, me alegro que o pasarais ben, certo que o asado estaba de luxo, o da bota do vino seguramente que foi de gran valía pra baixar millor o camiño.
Xa viches donde o Sr lobo se daba unhos bos banquetes, o facer a digestión xa se daba de conta que a cousa non andaba ben, intuía o que lle viña encima o caer no cortello, era digno de ver os homes ... (ver texto completo)
Amigo Piño: Que anecdota mais boa, seguro que foi certo, pois antigamente
cando mataban un lobo onde non habia cortellos, non cortellos monumentos
e ben coidado sen mirar cemento, coma o voso en Lubián, pois sempre facian
festa nos pobos auque eu xa casi non me acordo, pero llo escoitaba a meu pai
e mais a meu abó. Era normal que as mulleres se deran presa por mirar o lobo
e se lle esquencera de poñer coa presa a suas prendas intimas. Pero o caso era contemplar o lobo.
Unha grande aperta dende ... (ver texto completo)
Alégrome que o pasaráis tan ben, de corazón. Tamén é importante que a xente quede contenta pra que non se perda a tradición.
Que pases boas festas do Loreto, xunto coa tua familia. Saludos ó meu tocayo (teu irmau).
Bueno, marcho pro mismo sitio de onte.
Saludos.
Amigos de Lubián: Quero dende este medio darvos as gracias, por o comportamento inmellorable que tivestes conmigo e cos meus compañeiros de Vigo ese grande dia
"Da noite no Cortello"pasamolo como habia tempo que non o pasabamos, soio me quedou pena que Nieves non puidera contemplar o espectáculo, e degustar o cabrito, e o cordeiro que se chupaban os dedos de bon que estaba, e o viño non digamos, habia un home de barba que nos pasou a bota varias veces e que fresquiño
estaba. Espero que colgueis ... (ver texto completo)
Quero dende eiqui felicitar o nosos grande amigo Inda Cho Sei, por esa entrevista na TVE. Pero mais ainda por a entrevista na revista Interviú donde as suas declaraciós como sempre cheas de pragmatismo e verdades, nos deixan satisfeitos, da sua laboura como cargo publico.
Cuantos terian que copiar de ti.
Unha grande aperta gran amigo Inda Cho Sei.
É unha grande ledicia ver como todo un concello loita polo seo desembolvemento, xunto co seo alcalde a cabeza.
Parabéns grande amigo Inda Cho Sei.
Sñr. Prat: Despues del relato incompleto del maletin y el dinero, que nos acaba de contar, por mi parte desearia mas pronto que tarde saber el final.
Muchas gracias.
Saludos cordiales.
Os molesta que opine? lo hago porque sí y vosotros no sois quien para impedírmelo, este foro es público y no falto al respeto a NADIE, ni pongo calificativos a NADIE, hablo a cara descubierta NO ME ESCONDO DETRAS DE NINGÚN NICK ENCUBIERTO (SON LAS SIGLAS DE MI NOMBRE) tampoco me vaís a INTIMIDAR publicando mi nombre y apellidos, más bien ello da fé do vuestra condición, además secribo de forma individual. No lo hago en MANADA
Eu persoalmente non me molesta que opines, e creo quea ningun do resto de foreros, aunque eu a maioria non os coñeza, tampouco creo que ninguen cho vaia a impedir, pois os foros son libres.
Pero de eso, a que un home culto como pareces, nos taches de manada a tod@s, creo que hai diferencia.
Contame por que ei nas illas Canarias estan apostando por os aereoxeneradores, e pola fotovoltaica, pra nun tempo prudencial eliminar as centrales termicas. Segun
comentario de un inxenieiro amigo que traballa ... (ver texto completo)
Antonio Edroso, amigo aes: Vista a calidade do primeiro enlace, eu négome a darlle ao segundo. Nin quero, nin teño tempo para pamplinas pseudoecoloxistas. Porque osecoloxistas de verdade somos os que vivimos nesa natureza que pretenden protexe-los urbanitas que viven no asfalto.
¿Como podes dar crédito a xente descoñecida decindo cousas semellantes?
Un día, no tempo das castañas, un bó home do teu pobo (Hedroso) chegou aos seus castiñeiros e achou a unha persona urbanita enchendo un saco. E chamoulle ... (ver texto completo)
Comparto o cento por cento a tua mensaxe, o que si me fixo reflexionar... efectivamente muitos dos que fan os vídeos pensan que a uz son as siglas de "Unión de Zalameros".
Un aperta de pao de UZ.
De que o cuco era mui cuco, xa o sabía, pero non sabía que a "cuca" tiña unha impresora tan sofisticada no cu pra poder cambiar o color dos huevos, éstos ainda son máis astutos co lobo con moita diferencia.
Teis razón Piño, o cuco e mui cuco, son mais astutos co lobo, pero a cuca coa impresora tan sofisticada, na epoca de poñer os ovos non vai gañar pra cartuchos de tinta pra impresora.
Eu despois de ver o cuco e escoitalo, e saber que puña os ovos nos outros niños, me deixou pasmado o amigo Inda o contarnos que cambia o color dos ovos.
Un saudo pra ambolos dous.
Amigo Inda Cho Sei: Enterados por este medio do pasamento de vosa mai,
Acompañamosvos no sentimento.
Un forte abrazo meu e de meus irmaos.
Este conto contoumo o Sñr Aniceto interno na residéncia de A Mezqquita, situa o conto en Fumaces, creo a maioria dos foreir@s sabe onde queda.
Viña unha parexa de madrileños recien casados de viaxe de luna de miel, pra Galicia, enton dille o home a muller, veras que bien lo vamos a pasar, co estos gallegos que son unos paletos, total que pasan a Gudiña camiño de Verin, pola antiga carretera pois ainda non habia autovia, en Fumaces o pasar o pobo alá ben un home camiño da casa de tornar a auga coa ... (ver texto completo)
O cuco agoira a primavera nas nosas montañas na segunda quincena de marzo, ou a moito tardar, nos primeiros de abril, co seu "cu-cu" infatigable. Eu xa o teño ouvido -este ano inda non- facer trisílabos e deica tetrasílabos: "cu-cu-cu" e "cu-cu-cu-cu".
Esta chamada do cuco ten que ver co apareamento. Pero unha vez emparellado, inda que con menos frecuencia, sigue a cantar deica xuño.
Acabada a posta dos ovos, o cuco adulto, que carece de sentimentos familiares, arremedando aos antigos fidalgos ... (ver texto completo)
En Barxa habia un refran que decia, "se non ben o cuco ultimos de marzo ou primeiros de abril, ou o cuco e morto o a fin quer vir"eu escoitei e escuto cantar o cuco, pero pareceme que antes repenicaba mais que agora. E os maiores decian que cuando paraba de cantar era por que os seitureiros lle cortaran o gañote.
Un saudo pra todos os foreir@s de Lubian.
Seran dados os recordos da tua parte pero non sei cando penso que pronto. Antes vivián pertiño de min pero ahora pensome que os dous dan clases en Cangas co cal nos vemos menos, ia apor" miramonos".
Hay una opción que es marcar un mensaje como ofensivo; tal vez alguien lo marcó así, la organización lo estudió (o no) y decidieron eliminarlo. Como ahora está el proceso de paz en marcha, no querrán entorpecerlo. Yo leí ese mensaje tuyo, Piño, y no ponía nada que no pensemos cualquier ciudadano de bien sobre esa banda. Me preocuparía más que haya sido una censura de los poderes del gobierno. ¿Nos espían? Esto lo digo porque el otro día me entrevistaron por la calle los de la TV "Intereconomía" sobre ... (ver texto completo)
Si efectivamente existe esa opción, pero tein que ser muitos a darlle pra que o borren, e ainda asi por suposto que os donos do servidor borrano se eles queren.
Pero co servidor a forma mellor de comunicarse e por correo electronico, coa dirección que eles nos dan na paxina.
De calquera maneira hai algunhas cousas raras, eu tentei copiar unha foto para outro foro e non fui quen de facelo, en cambio a foto dunhas lampreas pescadas por un amigo meu lebaronas de Barxa pra Vilavella, non ten mais importancia ... (ver texto completo)
Algo pra reir senon....
Este conto e dedicado o que mo contou que non foi outro co Sñr. Aniceto aunque tamen xa estaba no libriño.
Unha vez era un crego e mandou ao sancristan que fose roubar un carneiro. O sacristán foi cumprir o encargo mais, cando estaba roubando un, saíu o dono e pegoulle unhas labazadas que o fixo fuxir. O home non escarmentou e volvendo colleu outro e foise pra casa do crego.
O abade estaba agardandoo na misa. Enton o sancristán foise para a igrexa e, cando o crego se revolveu ... (ver texto completo)
Onte foi un día moi triste, de pronto espertáronnos do sono demócrata no que creriamos vivir, hoxe déronnos outra volta máis de rosca. Que naide se chame a enganos, isto é o que nos agarda.
Pingadelo, a de onte foi dura, pero a de hoxe e mais, pero o aceiro e duro e os traballadores sabremos repornos destes golpes duros como nunca foran.
Un saudo amigo
Enfrente o peirao, subindo unhas escaleiriñas o bar que habia era o Maciños, que xa cambeou de dono fai moito tempo, comin muitas veces alí o pulpo e mais os xureliños con pementos de Padron.
Eu a Silda non a coñecin pero a Xosé Manuel Pazos muito, e actual compañeira Maria coa que ten unha nena loira adoptada en Rusia fai por ei 8 anos, ainda a coñezo mai que a el.
Actualmente e concelleiro en Cangas por ACE, (Alternativa Canguesa De Esquerdas).
Bon home pero cambiou de partido varias veces, ... (ver texto completo)
Con Henrique Arguindei tomei un día unhas cuncas nunha tasca de Cangas, hai uns trinta anos. E díxome: "Felipe, non te esforces en falar coma min. O voso galego é perfecto."
Ben que llo teño agradecido, porque botou fóra de min determinado complexo.
Dixoche toda a verdade, pra nos e pra maioria dos galegofalantes, o galego do interior e mais enxebre co da costa non porque eu nacéra no interior, sinon porque os estudosos do tema asi o confirman, supoño que ti tamen. En Vigo rapaz, e raparigo, rifar e borregar, aunque na prouncia dicen borrejar, Vijo, tamen din mirar e nos decimos ver, mireino, mai e nai, pita e galiña, xeada e neve.Ésta ultima no ano 1981 me impactou muitisimo, cando eu vivía o lado do aeroporto de Peinador, no 1ºpiso da casa, ... (ver texto completo)
Seguramente se trata dun contiño anónimo da cultura popular, tan antergo coma esta cultura da que bebemos todos nós.
Efectivamente, a presente escolma de contos popùlares de Maruxa Barrio e Henrique Arguindei, foron editados pola editorial Galaxia ano 1983.
Un saudo.
Perdon oxe toca outro.
Ían dous compadres xuntos para unha feira e no camiño, atoparon dous galos pelexando e foron eles e colleron cada un seo galo, cortáronlle o gañote e coméronos nunha taberna que estaba preto da feira.
Chegou o tempo de cumprir co precepto e foron os dous compadres confesarse e,
o vir de confesar un dixolle ao outro: Has de saber que temos que pagar os galos que comemos ese dia na feira; pois dixome o confesor que non daba palabra de restituir, non me podia dar absolución, e eu asi llo prometín.
O outro compadre contestoulle: ¡Ti non sabes confesarte! ¡Xa verás como arranxo eu todo esto! Tocolle a vez o outro compadre e dixolleao confesor:ÍA eu e mais un compadre por un camiño e atopamos a dous pelexando, collemos os dous, levamolos xuntos e comemos con eles nunha taberna. ¿É esto e pecado?.
E cotestoulle o confesor: ¡Moi lonxe deso, esoé unha virtude! ¡Reconciliar a dous inimigos e comer con eles é moito merito?.
Saudos pra tod@s sin distinción.
O seguinte tocabos a vos. ... (ver texto completo)
Eu este conto hai anos que o lin nun libro de Ramón J. Sender, "La tesis de Nancy" ou "Nancy doctora en gitanería", non lembro en cal deles. ¿Onde nacería o orixinal?
O conto collino dun libriño diminuto, que merquei en Santiago un dia de Santiago, ten non mais de quince contos de cregos, dos cuales xa bos contei algun mais pero ainda quedan mutos, aique ir pouco a pouco.
Apertas pra tod@s.