Mensajes de LUBIAN (Zamora) enviados por barxés:

E logo ti aínda non viche a película "Sempre Xonxa"?. A min paréceme encantadora. Ven unha escena con ese conto. E resulta que o boi da aldea levábao o crego, para máis inri. Merece a pena vela.
Mirei a película, e fai oito dias estiven con Uxia Blanco (Xonxa) e o actual compañeiro dela, que é amigo persoal meu de ai moitos anos, gran avogado laboralista e penalista, Gustavo Garcia. Si que ai a escena do cura e o boi.
E xunto co Miguel Ínsua estivemos a falar da pelicula, Sempre Xonxa emais do documental"El Efecto Iguazu"que gañou o segundo premio o mellor documental do festival internacianal de cine de Valladolid, e mais un Goya o seo director Pere Ventura, no cual os traballadores de ... (ver texto completo)
Garapio, espalladeira cos dentes virados para arrancar o esterco, isto non saíu de ningún dicionario, é como eu o vexo. Fai anos, tiña un compañeiro de traballo que se chamaba Serapio, e ás veces imaxinábao espetando os dentes no esterco, eu escarallábame a rir e el enfadábase cando le explicaba o motivo das miñas risas.
Anda co Serapio se espetaba os dentes no esterco, como o Garapio, mandaria carallo. jajajajajaja.
Pingadelo non llo digas senon vaise cabrear mais.
Un saudo.
Argola facia on da nos algunha funcion mais como era a de atar unha corda pequena, a ela e que tirara por os maiores cando o carro non ia mui cargado evidentemente. A TREIXA de atar o carro e muito mais longa ainda andan pola casa un par delas, que agora fan outras funcións.
A unica diferecia que atopo e nas TREITOIRAS, que vos lle chamades ESTREITEIRAS
e creo que tenmais fundameto o voso pois elas onde rozan contra o eixo estreitan, por eso habia que cambialas de cando en vez.
Un saudo e gracias ... (ver texto completo)
conto de curas

O Sñr. cura atopou na corredoira Á nena da veciña que levaba unha vaca pola corda.
E logo dixolle, ¿seica vas a pastar avaca?. Non señor, ¡lévoa o boi! ¿Que a levas o boi? ¿E vas ti soa? ¡Seica si! Entonces ¿e que non hai xente na casa? ¿Hai os de sempre! pois eso queno debía facer e teu pai.
Meu pai non señor, que non vale ¡ten que ser o boi!
Amigo Barxes: O carro é moito carro, e son moitas as súas palabras. Un carro delas.
Está a EIXEDA ou AIXEDA. Toda dunha peza, desde a punta da CABEZOALLA ata os dous BRAZÓS da traseira.
Na cabezoalla están as CHAVELLAS, para suxetar a cabezoalla ao xugo co sobeo.

"Quíxente botar un polvo
na cabezoalla do carro
foise a chavella pra atrás
e esfolei todo o carallo"
(Jota cantada por un dúo de Ourense, na festa do pobo, adicada ao seu alcalde)
... (ver texto completo)
Practicamente os nomes da parte do carro son semellantes, amin esqenceram e as soltas e os berbiois, non sei se as do rodeiro seran iguais.
A difernza atopeina, nas angarillas, que nos angarillas chamamoslle, as que se lle poñen os burros mulas ect. encima da albarda pra traer feixes, leña ou calquer outra cousa parecido as angarillas eran os serois, que nestes era onde traian o peixe, e tamen o pan.
Perdon que non se moleste el Sñr de las albardas.
Un Saudo
Sñr Ricardo, le felicito por la poesia, pero la encuentro un tanto triste.
Seria posible que nos deleitára con alguna mas alegre.
Muchas gracias.
Un saludo.
Amigo Inda: A exposicion, estaba o lado xusto da casa dos primos meus, algo lle queda dela, porque o resto marcharon rodando.... adornar chales en Canido, Nigran, Baiona e un polomenos marchou pra serra de Madri xunto con arados romanos, e un par deles xunto con duas charruas portuguesas adornan a estacion de servicios de Erosa, tamen tiñan xugos e todo tipo de farramentas pra labranza.
¿Como se lle chamaría en Lubian as partes do carro? que onda nós lle chamamos
chedeiro, que se compon das chedas, ... (ver texto completo)
Menudos tractores barreiros, pertencen os dous lados das portelas, e de Trasosmontes.
Un saudo
Gel: Ten en conta que "fustaxe" non aparece en ningún diccionario. Igual é unha palabra que só se dice en Lubián.
Zapaldrán nunca o ouvín en Lubián, pero é sonora, e posiblemente a teña ouvido por aí adiante. Nós decimos BALDROGAS.
Amigo Inda: Cando eramos pequenos miña nai, desde que nos cambiaba me refiro a poñer roupa limpa, cando iamos despois algo manchados, utilizaba a palabra, menuda fustaxe que lebais xa caistes no bulleiro.
Un saudo.
Sñr. Prat, ainda que nas mensaxes anteriores que bostede eliminou, observei que bostede e coservador, pero nesta mensaxe as verdades diceas tan grandes como a propia catedral de Santiago.
Que palabra curiosa se a dividimos en duas: ¡AMOR-ODIOS!
Co tempo e por como vai indo a vida moitas palabras vanse perdendo, en parte poque non se usan. E o caso de todas as que estan ligadas ca labranza e os labregos. os aparellos, o carro, animais e tantas cousas que "O PROGRESO" vai pasando por cima delas e deixandoas esmagadas. Recordo cando era menino en en primaveira ibamos o orto do romeiro a coller AMORODIOS. Que palabra tan bonita e que ricos estaban.
Amigos foreiros de Lubian: Temos a un lado das Portelas a mesma forma de falar que do outro, palabras ainas curiosas como comenta Xinxelo, Amorodios, ésta me fai lembrar cando llos iamos a roubar de pequenos por suposto, a tia Rosa, aunque tias ou tios por onda nos éran todos os maiores. Os amorodios por o noso pobo habia moitos silvestres ou bravos, que bos éran deixaban a boca toda roxa e por suposto os fuciños e as maus.
Me gustaria que o noso amigo Inda nos explicara un pouco mais ampliamente, ... (ver texto completo)
Piño a tua era portuguesa, más amiña era ispañola, xa me costara 2 pts, viña de noute co trelo, quedou na silveira.
Unha aperta.
Piño: Gorromela por as mozas de novos tivemola moitos, incluido o Zé que está a confundir a gorra da cabeza con desexar muito unha cousa.
Estes episodios degraciados suceden, maiormente, por duas razós:
A primeira; por ignorncia, ou, pra ser mais suave, por descoñecemento de outras palabras que dicen o mesmo (sinónimos).
A segunda;é unha flagrante falta de educación. Aquelas personas que se reíron de tí, tiñan tres problemas: a mais do dous reseñados, perderon unha boa oportunidade de "aprender"algunha palabra mais, tan nosa como outra cualquera; eu, toda a vida oí chamarlle vacoriños (ou vacuriños) a os porcos recién nacidos.

Cambiando ... (ver texto completo)
Unha verdade tan grande como universo a que contas na tua mesaxe eiqui no foro de Lubian, cua cal me puxen serio.
Pero non era menos certo o refran da Vilavella do outro dia, creo decia así.
"Está o demo durmindo e van a petarlle na porta" con este rein mais do que podia. Graciñas amigo.
Un saudo
A palabra que describes é VICEIRA ou VECEIRA.
Refírese a que o pastor cambia. Cada día vai o que lle toca a "vez".
Estas dúas palabras están recollidas polo diccionario de Isaac Alonso Estravís.
Pero fala do gando en xeral: ovellas, cabras, vacas.
No caso do "caudillo" --así se lle chamaba antes aos magotes sen pastor fixo en Lubián. O "caudillo" era o magote veceiro-- en Lubián, por cada ducia de ovellas ou cabras que botabas ao magote, tiñas que ires un día de pastor con todo o magote. A xente ... (ver texto completo)
En Barxa, Pentes, San Lourenzo, que eu saiba, tamen se lle chamaba Veceira, tamen se ia por cada 12 cabras ou ovellas un dia, nos tiñámos 36, casi todas cabras, tocabanos tres dias, ainda que como noso pai tiña de medias outras 24 e o que llas tiña de medias sempre tiña disculpa as cuidabamos nos a maioria dos dias. Habia entre 360 e 400 na decada dos 6o ata o 75 que foron disminuindo. Cuidabas un pastor, ou cabreiro portugues que se lle pagaba e tiña que lebar outra persoa con el que se chamaba ... (ver texto completo)
Imperdonable mencionar as chairas de Lubián é non facelo coa chaira da Veiga Forcado, si era a despensa do noso pueblo, mira que viñan carros de patatas e de millos de esa chaira, abundancia de auga, bon terreno, (cuatro fames quitou.)
Por outra parte famosa por a leyenda que comentan, parece ser, que en tempos bastante remotos, había unha moza no pueblo muy hermosa, chamaba a atención por toda a contorna por a sua belleza, tiña novio, ¡como non! bastante celoso por certo, hasta se celaba que cuando ... (ver texto completo)
Boas verdades cuntas no asuntos dos regos da auga, nos en Barxa na miña acordanza, a auga xa estaba partida pro rego de prados millos e patatas, segun varas ou metros cuadrados, pero sabados e domingos era libre para regar o plantel de pementos tamates cebolas puerros calabacins, fabas etc. E tamen menudas disputas habia por culpa da auga.
Barxes. Moitas gracias por esas poesias, xa as lein unhas cuantas veces, me gustan, o Himno de Galicia está fenomenal, non tiña nin idea de cómo era.
O personal estos días como está cansado de tantas festas, entra pouco no foro, ahora tamén saliu a competencia con Facebook. Eu penso que con un pouco de gana se pode atender as duas cousas.
Decía que si os foreir@s están cansados, de pronto se me encendeu unha bombilla, da cual pode ser motivo, hai que pensar que os Reyes xa están ahí, é como non, ... (ver texto completo)
Amigo Piño. Xa vexo que describes tal cual o que facer nestas datas, coa gastronomia co lume dos torgos, etc. Eu os reis pasareinos por Barxa, comendo alguns niscalos e cabrito da terra do Zé Pequeno (As Carvalhas) que el está camiño de Madrid, o que non sei e se pararia en Valladolid a visitar a Pita Moñuda que segun entendin, nalgun mensaxe teo, os controlaches nagunha ocasión polo paseo de Zorrilla.
Cando carallo teredes un par de horas para vir comer as frevas e deitar uns copos de viño, ti ... (ver texto completo)
Adicado os Foreiros De Lubian, Periro, Vilavella, A Gudiña e Barxa

Nosa virxen do consolo,
Rosalia, doce nai,
ao redor da tua imaxen
os teos filliños están.

Tranche nas almas acesas
a dozura de un amor
nas mans, as rosas a a feixes ... (ver texto completo)
Igualmente pra bostede SR. Prat un mui feliz 2012 cheo de saude diñeiro e amor
Para o Grande Amigo Inda Cho Sei, Piño, A bubela da casa da Maria do Marcial, Pingadelo, Xinxelo, Arricanxo, e tamen aunque non as coñezo Pita Moñuda, Gerundina, por certo ésta ultima hái tempo que non asoma polo foro. Se me olvidaban el SR. Prat y el Sargento Romerales.
Para tod@s sin distinción, unha forte aperta feliz nadal e prospero ano novo, do voso sempre amigo Barxes
Bravo Gel. Andaba eu devanado os sesos para entender a resposta da bubela, e que sencillo o pois tu. Si eu fora o Conselleiro de Cultura, fichabache agora mismo para que ensinaras os meus netos. Eso e a autentica Matematica.
Bravos os dous pola lección maxistral que nos acabades de dar, a bubela non andaba lonxe tampouco, pero estaba ahí, se eu fose Jesulinnnnnn.... tamena fichaba. Graciñas os dous.
UNHA GRANDE APERTA.
--Fai pixa, boi; fai pixa, boi,...
Así lle decían a el, cando levabas unha vaca ó novelo, e había que darlle ánimos. O crego da película "Sempre Xonxa" bisbeáballe. É outro xeito máis piadoso de aguilloar ao semental.
A ti, Piño, non imos decirte igual. Pero se hai que aguilloarte, aguilloámoste.
Por terras de Barxa tamen cando levabas as vacas o boi, facianlle boúxe, bóúxe fai
pixa boi, fai pixa boi..... pero o semental se víñan muitas vacas no dia, tiñan que darlle pienso senon non facia pixa.....
Decirlle a Piño que neste fin de semana collin moitisimas lepihotas, que endexamais has collin tan tarde como este ano, e os niscalos ainda son pequeniños.
Un saudo a partes iguais para os dous.
¿Capullos?
Te digo que "capullos" es como nos llamáis a los socialistas.
A mi no me ofende.
El día que tengamos ocasión de conocernos
llevaré como señal
un capullo rojo en el ojal.

Carallo! Ata me saíu un pareado!
Perdon por terque que correxilo"no se dice carallo, se chama pe perdon peneeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee.... ............... que pode ser estirado ou engurrichado.
Un saudo
Trabúcase o noso novo amigo da Casa do Perú ao botar man de mensaxes propagandísticos propios de Intereconomía, ou da Gaceta esa...
¿A quen pensa mancar vostede?
Se non é político de cargo, tal vez nin de militancia, ¿a qué ven ese fanatismo?
Eu teño amigos en todo o espectro político. Deixeinos en todas as institucións e centros de traballo polos que pasei. Ningún deles anda con trapalladas dese xeito.
Vostede pode ser amigo en potencia, ou de feito; pero deixe de tocarlle os perendengues aos ... (ver texto completo)
Amigo Inda: Creo que unha persoa da tua altura non tiña que rebaixarse a debater con xente intransixente no tema do idioma, cando ti o deixaches claro en mais de unha ocasion.
Falando de Páxaro carroñeiro pensome que é un que todo lle sirve o peixe podre, lirons mortos, ratos con tan mala alimentación no dura mais de catro anos, se chega alá.
Unha aperta de buxo.
Para que sirve el ingles, el aleman o el chino fuera de sus paises?. Para entenderse Peru, todas las lenguas sirven para entenderse y a parte para expresar los mas profundos sentimientos. No es lo mismo decir.: "cortar una rama" que "degallar"., romperlas que escocharla etc... Cada uno siente en la primera lengua, en la materna, todas las demas son aprendidas. Y en lo mas profundo de nosostros, en nuestro disco duro, esta el lenguaje en el que aprendimos a ver y entender el mundo. Por eso a mi me ... (ver texto completo)
Prezada Bubela: Esto que acabo de ler, lembrame unha mensaxe de hai mais dun ano, cando a min ese mesmo persoeiro ou parente del"mandó que me tiraran de las orejas po escribir en gallego"pero eu preguntome se algun deles de pequeno a sua familia non lle falou en galego, porque pensome que algun e do cerne de Galicia e parece mentira que ódie o galego. Nos tempos que corren incluso xa hai xuices do social ou do penal, que dictan as suas sentencias en galego, por suposto dentro de Galicia. ¿Para que ... (ver texto completo)
Prezado Inda: Efectivamente nas petrinas con botons, o mondongo andaba máis oureado
e un pouco mais seguro, no sentido físico pois as cremalleiras as veces tricabase a pel e tiña que un enguruñarse un pouco.
Quero dende este foro felicitar a ministra de "igualdade"polo seo bon facer ao frente do ministerio creando leis como a de maternidade, lactancia, paternidade, e unions entre parexas do mesmo sexo. Que gracias a ésta ultima un alcalde de Ourense, non lembro se da" boina ou birrete"casou a un ... (ver texto completo)
É moi doado saber se o lume o prendeu un home ou unha muller.
Se se prendeu cun mixto, foi un home.
Se se prendeu cunha "cerilla", foi unha muller.
A paisaxe dos nosos contornos está diseñada polo lume. É unha desgracia.
Andar polo regueiro que vai de Erosa á Barxa, era como darse un paseo polo Canadá. Iso antes do lume. Agora será como camiñar polo máis fondo do averno.
Non sei se foi cerilla ou misto, pero tanto unha cousa como a outra, o que prendeo o lume había que queimalo no lume vivo pouco e pouco pra que lle doera mais e tivera mais sufrimento.
Porque a paisaxe dese tramo de rio era tal com tu a recordas.
Un saudo
Me gusta o ben que escribís todos.

Pita tamén che digo,
ésto é un "falaraxe interno"
por palabras malsonantes,
non vai a ir un o Inferno.

Un taco, escandaliza,
ese lema, non vai conmigo,
o soltalo algunha vez, ... (ver texto completo)
Alegrome amigo Piño
que estes tacos en
Lubian non causen altercado,
que si o cusaron na Vilavella
Alguns que lle chove no Tellado.

Un taco non escandaliza, ese
lema tampouco vai commigo,
pero alguns na Vilavella,
ponselle cara de figo. ... (ver texto completo)
Estamos de enhorabuena estos días. Mui importante pra toda a xente de ben, o comunicado do fin de ETA, eu teño as miñas dudas si esto chegará a ser definitivo, moitas veces pensei que non iba a acordar a paz no Pais Vasco.
Outra, que o fin chegaron as augas otoñales, veinse as persoas con máis cara de felicidad que antes de chover, temos que reconocer que non estamos acostumbrados a tanto calor por esta zona, daba a impresión que vivíamos en Canarias, os árboles cambiaron totalmente de aspecto. ... (ver texto completo)
Enhora boa a todos por a fin da ETA, e tamen por a chegada das choivas que boa falta facia, para que os píromanos non poideran seguir facendo das suas, como nos fixeron en Barxa que apenas nos deixaron bosque nos queimaron pinos de 40 anos, castiñeiros, acevos carballos e todo tipo de masa arborea. Habia que queimalos pols collons, perdon Pita Moñuda pelendengues.
Un saudo o foro todo
A sus oredenes mi teniente: Le deseo una jubilación muy feliz, que por su trabajo en la vida militar, sobre todo en los puertos que paraba bien merecida la tiene usted, no solo el trabajo en los puertos, sino tambien con la espuma del quinto, me parece que acertó a enrolarse en la marina surcando mares y óceanos, de todas las partes del mundo, cosa que en un cuartel de tierra no podria haber realizado. Los trabajos de "Afurracar, Escorrexer" creo los debia realizar muy bien, aunque lo del "cheirento ... (ver texto completo)
Saudos Piño que me esquecin de ti na mesaxe anterior.
Ay Prat Prat, Creo que outra vez a imaxinacion xogouche outra. Ti o que viche foi una chea de lesmas esbarrando polo lameiro, e tumbado no prado do Beneitez panza arriba, mentras agarimabas a tua mioca, chin-chan chin chan, foiseche a man hasta Taiwan.
Lesma ['leƷ ma] ƒ
1. (molusco) babosa ƒ, limaza ƒ.
2. fig & fam persona indolente

3. Escolla vostede a que mais lle goste.
Prezados forei@s de Lubian: Sentin muto non poder acompañarbos na romeria da Tuiza, porque tal como vos comentei nunha mensaxe anterior, coincidío coa vendima, primeiro e mirar por o viño de todo ano que a festa. Espero que o pasarades tod@s mui ben e que comerades muita becerra asada, que segun os informes, tedes moi bos especialistas en asados a brasa.
Quedades dende oxe convidados a probar o viño novo coas frebas de xamon, claro que o viño para ser viño ten que pasar o San Martiño. Este ano vai ... (ver texto completo)
En un colegio de monxas entraron a roubar durante a noite, (bastante casos de éstos se dan últimamente) as monxas, o normal que hay que facer, deron cuenta do caso a policia do sucedido.
A mañá siguiente, o antes posible se presentan no colegio dous policias a tomar declaración do sucedido, os atenden muy amablemente a madre superiora e outra monxa bastante novas as duas, a que iba relatando o que lle faltaba era a superiora, nos llevaron una cruz de oro de mucho valor, dos imagenes las mas antiguas ... (ver texto completo)
Mui bon Piño.
Un Saudo.
Onde iria o cuadrupedo, se ti non o mandas parar, ben seguro que xa pasaria Tordesillas "El jumento".
Un saudo.
A chave e a pechadura

Aproveitando o día de mercado achegouse ao Púente o Sr. Prat co propósito de facer unha copia da chave para porta da súa nova residencia de vrou. O “Rayanico” tiña a ferretería cheíña de xente e ó pedirle a chave dixole que mellor fora a facer o resto de mandados ao Mercado e alá a última hora se achegara a buscala.
Mira por onde unha muller de Valdespino tamén se achegou a ferreteria a facer unha chave, e como non podía ser de outro xeito cando o desorde impera e os porcentaxes ... (ver texto completo)
Amigo Pingadelo: Moi ben, polo conto da chave. Contovos eu outro esto pasou en Marin, era unha parexa que tiña un rapaz peqeniño, pero xa levaban varios anos casados, e dixolle el, Concha temos que facer o amor o estilo rodaballo, estas louco Fermin eu deso non sei nada, pero enseñote eu ¿enton como facemos? tumbaste na esquina do pasilloe e abres as pernas, e eu collo carreira dende a outra punta
e tirome enriba tua e xa esta, el colleo carreira dende a esquina contraria onde estaba a muller coas ... (ver texto completo)
Esta segunda fase da segada é como moito máis tranquila e relajante, sempre se conta algún chiste ou se crea no momento, risas con bastante frecuencia, total, que este grupo o está pasando muy ben recordando tempo pasados é unha mañá super agradable.
Prezados seitureiros de Lubian: Xa vexo como segais sobre todo nesta foto, creo que a fouce mais afilada que hay e a que está montada no cabalete, da cal estades todos afilando,"bon porveito" que despois dunha xornada tan calurosa e de esgotamento fisico ben merece repor forzas. Estas cousas traen a mente tantos recordos os que nos criamos no agro, que as revives cando as veis ainda que con algunha diferencia, as gafas de sol escaseaban polas decadas dos sesenta e setenta, igualmente as lubas (guantes) ... (ver texto completo)
Permiteme Pita Moñuda, que yo me dirija a ti para felicitarte por tus ochenta mil gramos, yo solo te gano por veinte mil, fué una pena no poder conocerte ati y a Gerundina para charlar un rato en ese "Antroido De Veran tan bonito". Claro está que detras de las máscaras y los disfraces no se conoce a la gente aunque recuerdo que el de las albardas comentó que teniais que estar por alli, pero en el medio de tanta gente y disfrazada quien os localizaba, imposible. Espero que para el dia 25 en Tuiza ... (ver texto completo)
Amigo Arricanxo: Desexoche que ese dia o pasaras moi ben en Acibeiros coa moza que fuche a visitar, supoño que a festa estaria ben, aunque o Antroido de Verán lle quitara xente.
Teño que decirche que Romerales se portou como un auténtico cabaleiro, nos dispensou mais tempo do que el podia ese dia, xa que como moi ben dis ti ese dia tiña o seo cargo a seguridade do evento i tiña que estar atento.
Agradezoche o convite a Romaxe da Tuiza, se para esa data non hai vendima no pobo é posible que alguen ... (ver texto completo)
Hoy un comentario de entre vecinas de nuestra tía, hablan Valenciano y Castellano según coincide, una de ellas decía a las demás que se sentía muy satisfecha del buen acuerdo que había tenido.
Al parecer, el sábado pasado, se le juntaban a cenar cuarenta personas entre familiares y amigos, agobiada un poco entre pensar que poner de comer y prepararlo, decide llamar a un buen restaurante y encarga la cena para todos, dice toda convencida, ¡lo del diner y los collós son para las ocasiós! Me hizo gracia ... (ver texto completo)
Amigo Piño: Xusto a hora que enviaches tu esta mensaxe estaba eu no teu pobo, nos carnavales de veran, saudando a Inda Cho Sei, Pingadelo Amalladacimapolapaladosalbarde iros. com, as que no medio de tanta xente tentamos localizar foi a Pita Moñuda, e Gerundina, e Arricanxo este ultimo por mor dunha visita urxente a unha moza en Acibeiros non poidu estar pero a Pita e Gerundina nin que as tragara a praza non estaban. O que mais me impresionou foi un militar concretamente sarxento do exercito de terra ... (ver texto completo)
Piño: Ben sabes que para encontrar un día para a seitura tivemos que aplicar logaritmos.
A min paréceme que a cousa tiña que comezar con Barxés convidándonos a unhas magras de xamón na súa adega, ou no garaxe, que o mesmo ten. Logo... Deus dirá.
Prezados amigos Piño, Inda Cho Sei é Lito poque Gel este ano non pode vir por algun tema familiar, dende hoxe quedades convidados pro dia 15 de agosto, a tomar unha merenda-cea na casa do Barxés, despois fariamos extensivo o convite para outro dia nun restaurante o resto de foreiros do Pereiro, Barxa, Lubian e demais pobos pero somtendo a vosa consideración, porque o dia 15 e festa no Pereiro e o Candil e demais foreir@s estan de festa e non lle vale o dia.
Eu por un tema de enfermidade de un familiar ... (ver texto completo)
Un dos gaiteiros aprendeu un cantar pola súa conta, pola partitura. Cando se incorporou á banda, tocaba a peza sin esquecer corchea algunha. Só houbo un pequeno problema: 11 gaiteiros tocaban unha marcha, e un gaiteiro, unha cumbia, e coa mesma partitura e a mesma melodía. Sonche cousas do ritmo. O problema non pasou a maiores porque aquel gaiteiro someteuse de inmediato.
Coas mensaxes deste foro pasa o mesmo. Cada un as interpreta ao seu xeito, cuestión que o fai máis divertido.
E digo mal inda ... (ver texto completo)
Amigo Inda Cho Sei: Totalmente dacordo contigo, e mais tamen con GEL, non soio neste foro existe a bipolaridade, os que se escriben pra eles se contestan con outro nome, nalgun foro perto no concello da Mezquita son os campeóns da bipolaridade. Eu xa fai tempo dixen que invitaba a tres con unha consumición soia e era o mesmo. Tamen teñen arte pra falar con viciños que conocen alguns de nos e despois facer ver que coñecen a nosa familia, nalguns casos finados.
"MUY SIMPATICOS ELLOS"
UNHA APERTA ... (ver texto completo)
Vai a cousa de xerundios. A Señorita Pita, que sempre pita cando chega a curva, foi quen sacou este novo tema, celosa con Gerundina.
Ela pensou sobre todo no xerundio do verbo "fernar", e trabucouse. Non porque non exista tal verbo, que non existe; o que pasa é que, ao meu parecer, quixo poñer "pingando".
Señora ou señorita Gerundina: Cando o pisador perdeu o coñecemento, como quedou a súa tensión? Comprobouno? Era de alto, medio o baixo voltaxe?
E de que afeitadela fala a Moñuda? Vostede ten ... (ver texto completo)
Prezado amigo: Na zona da Lombada chamanlle Pitas Moñudas as galiñas que teñen plumas o redor da cresta, e que comen os saltons "saltando" cando hai erva seca nos prados o pisala co cal alguns tamen os comen as troitas se hai prados a beira do rio.
UNHA FORTE APERTA ABEIRA DAS PORTELAS.
Carallo, esta Pita, que non é María nin ten unha praza na Coruña, é mooñuda de verdade. Ábate non defaga o moño, se nos desmelene, e se nos esparrame por riba do "prado".
(Por certo: "ábate" é unha palabra de Lubián que ven significar "só fai falla que...". Non está nos diccionarios, pero a min dame o mesmo).
Será ela a mesma Pita Moñuda da miña infancia? Imposible. Era a súa nomeada. Pra ela era un insulto, e inda chegou a correr detrás de min por cabreala chamándolle así.
Agora, medio século ... (ver texto completo)
Carallo, fai cuarenta anos moita herba se pisaba pra que collera mais na palleira, nos en Barxa cando viñan os madrileños no mes de xullo convidávamolos ha xogar enriba da herba pra calacala" tampouco éran labregos."
Paravens por os con tos. E UNHA APERTA
Inda Cho Sei, Amalladacimapolapoladosalbarde iros, Lobonocortello, Piño, A Bubela Da casa Da Maria Do Marcial: Onde estades metidos que tan necesarios son os vosos contos e mensaxrs, dai sinais de vida.... estamos realmente preocupados.
UNHA APERTA
Felicitar a todo foro, neste dia tan sinalado e festivo na Galiza por ser o dia das letras Galegas.
Comentarlle o amigo Inda Cho Sei que ten razón no conto do crego, se a Casa Rectoral era o ladiño da eirexa non ia calzar as zamancas para cruzar tan pertiño. No tema da caspa e posibel que no vran no levára "cirolas"porque facia moito calor para levar sotana enriba delas......
Unha forte aperta a todos.
Aquel cura érache de sotana. Coma todos os cregos da miña infancia. Non coma os de agora, que algunhas veces ata parecen os "churros" da serra.
Despois da misa, el andaba a quitarse as vestimentas de complemento: casulla, estola, alba,... A todas lle ía dando un beixo.
O monaguillo que lle axudaba naqueles traballos na sacritía érache un pillabán ao que non se lle escapaba unha.
--Señor cura --preguntou o cativo coa súa inocencia inmaculada-- Vostede ten pelos nos "güevos"?
--Arrenégote, Satanás! ... (ver texto completo)
Posibelmente, non fora caspa, senon mantelos de neve miuda do Padorneloe é o crego un peregrino. Non me cadra o das zapatillas porque para camiñar longos recorridos os cregos antigos usaban zamancos, e os untaban con manteiga do porco.......
Un saudo amigos
Se me esquecia decirvos que vaixei a ver a igrexa e o rio por certo todo mui bonito, pero descoñecido de cando eu de pequeno estivera alí con miña mai ofrecida a Virxen Da Tuiza, a rica auga das fontes segue a mesma. Aporveitei pra coller unha boa bolsa de esparragos silvestres que habia polos arredores da esplanada da igrexa veise que os amigos de Lubian non os aporbeitan.
Un aperta de carballo a todos.
Conto da raposa.
Amigo Inda Cho Sei: Gracias polo conto da raposa, penso que onde a raposa lle preparou a encerrona o lobo foi eiqui no rio de Barxa, onde esta o monte furado, que hay un pozo fondo e que ten moitas trutas, no cal o grande mestre e grande alcalde de Lubian pescou varias veces....
Tamen eu vou contar un par deles cortiños.
Unha vez a raposa atacou as galiñas que andavan espalladas polas eiras, e sempre van apor o galo que e o mais grande, as galiñas escaparon como puideron voando ... (ver texto completo)
Adicado a Piño, Inda Cho Sei,"Amalladacimapolapaladosal bardeiros. com, e tamen pro resto, se non igual se nos enfadan.

Camiña Don Sancho
mañaciña fria,
á terra de mouros
a librar cautivas.

A ´beira da fonte
da fonte belida,
as rendas do liño
lavaba a meniña.

De terra de mouros
Don Sancho volvía;
a ialma na fonte
deixara cautiva.

Un saudo agarimoso pra todo foro. ... (ver texto completo)
Totalmente dacordo con Gel sobre os que quedarón enterrados nas cunetas, e mais noutros sitios onde os seos familiares non souperón deles nunca durante a guerra civil, pero gravisimo tamen foi cando algunhas familias tiñan algun fillo, irman, pai ou simplemente primo que se botára o monte cando comenzou a guerra, sin ser republicanos, e non sabian onde paraban e ian a casa das familias é sometianos a torturas algunha das cuales e mellor non nombrar para que lle dixeran o paradeiro do fuxido, que ... (ver texto completo)




Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España