LUBIAN: Teis razón Piño, o cuco e mui cuco, son mais astutos...

O verdadeiramente característico do cuco é a súa incapacidade para choca-los seus ovos e mante-las súas crías, se cadra porque a súa posta é tan abundante -de oito a doce ovos- e o apetito da prole tan voraz que unha parella por si soa non abondaría para abicadala.
Por iso o cuco non se toma o traballo nin de face-lo niño. Chegado o intre da posta, espreita ao redor aos paxariños que se afanan na construcción dos seus niños e, unha vez rematada a obra e cos oviños dentro, o cuco empeza a esparexe-los seus ovos entre eles, un ou dous en cada niño, mesturándoos cos outros, aproveitando a ausencia dos pais.
Son moitos os páxaros aos que o cuco elixe para o choco dos seus ovos, principalmente paxariños pequenos. E como o seu ovo desentonaría polo tamaño e a cor na casa dos anfitrións, a natureza - ¡prodixio incrible!- dotou ao cuco dunha rara facultade, que permite á femia colora-las cascas dos seus ovos do ton dos da especie escollida para os seus depósitos: avermellados onda os outros ovos son avermellados e apincarados onde son apincarados.
Este mimetismo non basta naturalmente para iguala-lo ovo do cuco aos dos pais adoptivos, xa que o seu volume non pode disimularse, pero os paxariños, cegos coa súa maternidade, chócano co mesmo celo que aos propios.
Só algunhas aves se decatan do engano e rexeitan ó entremetido. A laverca (alondra), por exemplo, choca o ovo xigante pero, cando chega a eclosión, decátase da presencia do parásito, négalle o cibaco e déixao morrer de fame.
Eu teño encontrado cucos de cría, un en cada niño, na casa das pimenteiras (paporrubios), que traballan arreo para cebalo.

De que o cuco era mui cuco, xa o sabía, pero non sabía que a "cuca" tiña unha impresora tan sofisticada no cu pra poder cambiar o color dos huevos, éstos ainda son máis astutos co lobo con moita diferencia.

Teis razón Piño, o cuco e mui cuco, son mais astutos co lobo, pero a cuca coa impresora tan sofisticada, na epoca de poñer os ovos non vai gañar pra cartuchos de tinta pra impresora.
Eu despois de ver o cuco e escoitalo, e saber que puña os ovos nos outros niños, me deixou pasmado o amigo Inda o contarnos que cambia o color dos ovos.
Un saudo pra ambolos dous.


Llama al 654409325, las mejores ofertas para Pueblos de España