LUBIAN: Dixoche toda a verdade, pra nos e pra maioria dos galegofalantes,...

conto de curas

O Sñr. cura atopou na corredoira Á nena da veciña que levaba unha vaca pola corda.
E logo dixolle, ¿seica vas a pastar avaca?. Non señor, ¡lévoa o boi! ¿Que a levas o boi? ¿E vas ti soa? ¡Seica si! Entonces ¿e que non hai xente na casa? ¿Hai os de sempre! pois eso queno debía facer e teu pai.
Meu pai non señor, que non vale ¡ten que ser o boi!

E logo ti aínda non viche a película "Sempre Xonxa"?. A min paréceme encantadora. Ven unha escena con ese conto. E resulta que o boi da aldea levábao o crego, para máis inri. Merece a pena vela.

Eu este conto hai anos que o lin nun libro de Ramón J. Sender, "La tesis de Nancy" ou "Nancy doctora en gitanería", non lembro en cal deles. ¿Onde nacería o orixinal?

Seguramente se trata dun contiño anónimo da cultura popular, tan antergo coma esta cultura da que bebemos todos nós.

Efectivamente, a presente escolma de contos popùlares de Maruxa Barrio e Henrique Arguindei, foron editados pola editorial Galaxia ano 1983.
Un saudo.

Con Henrique Arguindei tomei un día unhas cuncas nunha tasca de Cangas, hai uns trinta anos. E díxome: "Felipe, non te esforces en falar coma min. O voso galego é perfecto."
Ben que llo teño agradecido, porque botou fóra de min determinado complexo.

Dixoche toda a verdade, pra nos e pra maioria dos galegofalantes, o galego do interior e mais enxebre co da costa non porque eu nacéra no interior, sinon porque os estudosos do tema asi o confirman, supoño que ti tamen. En Vigo rapaz, e raparigo, rifar e borregar, aunque na prouncia dicen borrejar, Vijo, tamen din mirar e nos decimos ver, mireino, mai e nai, pita e galiña, xeada e neve.Ésta ultima no ano 1981 me impactou muitisimo, cando eu vivía o lado do aeroporto de Peinador, no 1ºpiso da casa, dos pais da muller e nonsei que mañan do mes de xaneiro, se lebanta a sogra e di ¡Que neve hai mais grande! enton eu botome da cama pra ver a neve, pois nunca en Vigo vira nevar, eo que habia era unha pequena xeada.
A modo de chiste non solo en Cangas senon en toda a contorna do Morrazo, cuando mais SIDA habia decian que era onde mais infectados habia, pois comian a merluza "cosida", a raia"cosida", a maruca "cosida"a bertorella"cosida"etc.
Pois endexamais din cocida.
A min o galego do Morraso non se me pejou pero o de Vijo bastante.
¿Poderia ser que a provincia de Pontevedra tardara mais en independizarse do Reino de Portugal? Perdon por abusar tanto coas preguntas.
Unha grande aperta


Llama al 654409325, las mejores ofertas para Pueblos de España