LUBIAN: A bubela da casa da maria do marcial. Que maravilla,...

Son as cinco da mañan, hai que levntarse cediño, ir sacando as vacas da corte, xunxilas, e apor o carro. Xa onte a tarde, arrancando co garapio, recebendo as salpicadelas e botando o carro ca espalladeira, deixamos cargado o carro de esterco. O pai saca unha vaca e deixa o rapaz, que solo ten seis anos, pegando dela hasta que saca a outra, unha vez xuntas, colle o xugo cunha mau e ponho encima das molidas, xunxen a parexa e repiten a operacion ca segunda parexa. Ahora ai que apor os carros e guiar hasta a leira. Oxe van a Sera Grande. Ai que sair cediño para estar o amanecer na leira, levan no alto dos carros os arados, a semente e un feixe pequeno de palla para facer as embelgas. Despois de unha hora larga de camiño, chegan a leira, van descargando os montois de esterco, despois esparexer, embelgar e sembrar.. por o arado e empezar a arar. O rapaz quere pero non pode, solo ten seis anos, non lle queda outra que andar dediante de parexa do pai. "tente arriba, tente abaixo"... asi hasta que queda a leira arada.... con arado romano.

A bubela da casa da maria do marcial. Que maravilla, como describe perfectamente todas e cada unha das tareas da sementeira, xunxir as vacas e apor o carro, as molidas, o garapio, esparexer o esterco, feixe da palla pra facer as embelgas, leira arada co arado romano, o rapaz "tente arriba, tente abaixo"... así o lembro nin mais nin menos
Unha forte aperta Bubela, por refrescarnos a memoria con tantas realidades de fai tempo.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Buenos días Barxés; ¡cómo te gusta recordar estas vivencias!. Cada ano se repetían as mismas faenas, as mismas voltas de arada, cada unha no seu tempo pra chegar as leiras ó tempo da sementeira sin unha herba, pra facer boa laboura, e que o "pan" nacera forte, e libre de cualquera impedimento.
Un forte abrazo, amigo.


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España