LUBIAN: Amigo Inda Cho Sei: Despois duns dias de descanso nas...

Xa sabes que son pescador de río. Camiño moitos kilómetros por unha borda e pola outra. Os propios pés, cegos nas botas de goma, saben cando hai que cruza-lo río. O que máis me gusta é visitar ríos descoñecidos, e ás veces sinto ansias de chegar a unha curva ou un horizonte...
Pero no caso do río do que andamos a falar, ben sabemos o que hai do outro lado. O que pasa e que a Bubela non estará no allo.
Nin che paga a pena.

Aprezado Inda, coidado cos ríos descoñecidos, que de pronto xegue unha crecida, que o mellor nos obriga a cruzalo donde nahún tíñamos pensado, sin ir más lexos a que ver o que pasou por Andalucía.
Unha aperta.

Hai lugares, Vintecinco, onde fixeron as casas no propio leito dos ríos, e os ríos acaban axustando contas.
No Tuela, un día de pesca, crucei para a borda das Valiñas por un lugar onde se pasaba ben. Era un día de babuxa no mes de maio. Despóis botouse a chover de verdade, e cando os pes quixeron levarme á boa beira noutro pasadeiro, non me atrevín polo crecido que xa viña o río.
Tiven que deixa-los pertrechos debaixo dunha "pala" dun fragaredo, e reptar por debaixo das uceiras e das xestas, molladiño coma un "pelanxo", en busca dalgún lugar onde cruzar, río arriba.
En Vila Raial, onde o río vai máis chairo e ancho, como eu xa ía ben enchumbado, tiven a afouteza de cruzar, dándome a auga pola cintura. Pero levoume a corrente. Vinte metros máis abaixo, fun quen de botarlle a man a galla dun salgueiro e saír na beira doada.
Desde aquela --hai xa uns vinte anos-- só vou de pesca, a disfrutar do río, cando o tempo acompaña. E nada máis barruntar un cambio no día, fuxo da auga como alma que leva o demoño.

Amigo Inda Cho Sei: Despois duns dias de descanso nas chamadas illas afortunadas,
estamos de volta. Como o tema que estades a tratar e o rio, traeme a memoria os comentarios o respeito da invasión por parte das constructoras, do leito dos rios. Naqueles lugares hay barrancos, pero un amigo meo o cal me visita na illa na que eu estexa, que e inxenieiro en Unelco filial de Endesa pras illas Canarias
Surxio o tema dos barrancos onde construen alí. E me fixo gracia cuando me dixo,
"algun dia cuando venga alguna tormenta ya vendrá el rio con el titulo de propiedad, marcando lo que le pertenece"igual que pasou en Madeira onde costruiron hoteis e casas no leito dos rios. E asi pasou a disgracia que pasou.
Unha grande aperta.


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España