LUBIAN: Dende as rias baixas saudos para todos os foreir@s...

Dende as rias baixas saudos para todos os foreir@s de Lubian, en especial para Inda Cho Sei é Piño. Pido disculpas por non poder participar antes, que non foi mais que por deixadez os fins de seman e pola seman por falta de tempo.
Os contos que contades son inmellorabeis reimonos muito con eles seguide asi que nos divertimos todos.
Este ano non vos queixariades da neve, que tivestes bastante. por certo que comin no Pereiro o dia oito e como a tiñamos prometido mandarlle fotos da neve os sobriños preguntamos no restaurante onde haberia voa neve, é dixonos o dono, en Vilanova ali fomos co todoterreno despois de estar cun algun veciño coñecido da familia, puxemosnos a facer as fotos da nevada impresionante que habia é tamen dos candeallos de xeo que colgaban dos tellados que dende pequeno non os voltara a ver logo arracamos para sair do pobo e nunha plancha de xeo ali quedamos, nin pra diante nin pra tras pero en pucos minutos apareceu un bon home que nos remolcou co seu tractor pra poder voltar a Barxa onde non habia gota de neve.
Saudos garimosos pra todos os amig@s de Lubian