LUBIAN: Algo pra reir senon.......

Algo pra reir senon....
Este conto e dedicado o que mo contou que non foi outro co Sñr. Aniceto aunque tamen xa estaba no libriño.
Unha vez era un crego e mandou ao sancristan que fose roubar un carneiro. O sacristán foi cumprir o encargo mais, cando estaba roubando un, saíu o dono e pegoulle unhas labazadas que o fixo fuxir. O home non escarmentou e volvendo colleu outro e foise pra casa do crego.
O abade estaba agardandoo na misa. Enton o sancristán foise para a igrexa e, cando o crego se revolveu para decir"Dominus Boviscu" vio o sacristán na porta e dixolle cantando: Ti que fuches e viñeches,"Mea ou Meo truxeches". E o sancristán contestoulle do mesmo xeito dicindo. Fun e vin, Mea collín, e a Mea me levaron e amin me pegaron. Mais enton volvín e un Meo collin que vale por duas Meas. Vaite a casa e"esfolestes e en poter noster botestes". Moitos pra ti e moitos pra min e moitos pra criada e pucos pra ama. E dígoche esto en latín que a xentiña que hai aquí é pouquiña e ruín.


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España