OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh
        

Mensajes enviados por INDA CHO SEI:

AMIGO POUSA, todos los foros estan de capa caida unas veces por falta de tiempo y otras por aburrimiento pero todo es empezar a darle a los dedos y animar a la gente, por que los vecinos de LAS HEDRADAS les gusta la juerga, yó recuerdo que hace algunos años atras tódos los domingos tenian un gran baile, donde se juntaba gente de todos los pueblos del alrrededor, "QUE TIEMPOS AQUELLOS".
Daquela habería moi boas mozas nas Hedradas...
Por iso acudirían moitos mozos da contorna a aqueles marabillosos bailes dos domingos.
Sr. Dn. INDACHOSEI muy agradecido por la invitación, tomo nota y me hago la ilusión de presentarme. Cantare con mi conjunto de Gallos y Gallinas, mi grupo se llama, Os Galos Cantores. No somos muy caros, en otro pueblo de la Provincia dimos un concierto y solo cobramos medio millón de Euros, esto para usted como Alcalde es nada. Bueno ya me dira y lo discutimos....
Está ben. Sendo ese o seu caché, deixarémolo para outro ano, e traeremos a Carlos Núñez de teloneiro.
Así temos máis tempo para as negociacións.
Que o manancial do humor non seque nunca.
Sr Portugues: Gracias por sus palabras, no merezco tanto elogio, pero viniendo de usted estoy muy satisfecho. Mañana por la mañana al amanecer, mis primeros canticos serán para usted y más adelante dare un concierto en Lubian queda usted invitado. Asistiran autoridades con moño y barba. Y a muchos se les vera la pluma.
Serán benvidos todos os foreiros ao noso concerto.
O día 6 de agosto, a partires das 22:30 horas, dará comezo en Lubián o X Festival Folk & Rock nas Portelas.
Este ano xa están contratados Xosé Manuel Budiño, Mayalde e Os Vacalouras.
Se vostede quixera cantar, podemos aproveitar a equipa de son para un cantante máis. Moitas grazas pola súa disponibilidade. Estaremos en contacto para as condicións, caché, e calquera outra cousa que fose menester.
Distinguida Dñ. Pita Muñuda: Muchas gracias por informarnos de esas noticias tan buenas para nuestra economia, pero sobre todo para los registradores de la propiedad, se nota que tienen familias en ese colectivo de profesionales los governantes y el Sñr. ministro de justicia en particular.
Está claro que la crisis solo es para unos, los mas pobres... y gracias a las mareas no las de estos dias en la costa, sino la marea blanca de Madrid puede frenar en cierto modo la apetencia privatizadora de los ... (ver texto completo)
En España vai ser así, se non somos quen de porlle un remedio. Porque en toda Europa os Rexistradores son asalariados do Estado e non cobran aos usuarios polo seu servizo, xa que son funcionarios.
Tamén nos podería decir a señora Pita, de sabelo, que a lexislación hipotecaria que aprobou o propio Mariano Rajoy lexitimou a posibilidade de que un deputado ou un ministro poida seguir sendo titular do Rexistro da Propiedade, se ten un compañeiro que "lle leva" ese Rexistro, compartindo os beneficios, ... (ver texto completo)
O ano pasado mordeume o sapo, e este ano inchoume o papo.
Ca, home, ca. Esa información está preñada e, tal como se dá, non pode ser sometida a ningunha comparación con outros países.
Non todo o que se encontra escrito por aí é certo. E logo está o criterio utilizado para definir o concepto de "político". Unha cousa son os políticos, e outra moi diferente os "asesores" que contratan determinados políticos, que tal vez precisan tanto asesoramento por falta de conocimentos.
Pero falareille do que máis coñezo para demostrarlle algúns erros nese disparatado ... (ver texto completo)
Lo de los almendros en flor, te has fijado bien? tú has visto blanco, pero también podía tratarse de una borrasca de nieve.
Pois as camelias de Lubián: a túa, as miñas e a da praza Nova Da Fontarbela van cheas de capullos. Dentro dun mes, están floridas.
Aprezado Camba, efectivamente el mango del aixadón assín era, teño unha anécdota que contar que abon seguro que voçe me entende, istando eu a rincar os torgos, totale que creia eu que tiña munta forza, le metí el hombro, a coisa que partió el mango y marché de narices totale que sangraba como un porco na matanza, logo me lave en unha fonte que había, que por certo logo ía o rio Cabanelas, menuda tarde perdida, claro o patrahón foi munto complaciente con migo, me dixo nahún te preocupes Zé, que sería ... (ver texto completo)
Ai, o aixadón dos torgos e o seu mango!
Hei de decir que na casa de meus pais nunca fixen ese traballo de arrancar torgos. Desde os 11 anos para adiante marchei a estudiar, logo a mili e despois o meu propio traballo e o casamento... No tempo de arrancar os torgos eu non estaba en casa.
Nembargantes estando xa de mestre no meu pobo, quixo un día o enfemeiro, que era de Marín, ir arrancar uns carretillos deles. Así que collín dous aixadóns en casa de meu pai, e alá fomos á unha arroxa á beira da ... (ver texto completo)
Don José era o crego daquel pobo. Un bendito de Deus, inocente, coma se todo o ano fose vinteoito de decembro.
Pero unha tarde ao querer empardecer, cruzouse na rúa co menciñeiro --que non pisaba na igrexa-- e, ao darse as boas tardes, o médico botoulle unha man polo ombro e faloulle deste xeito:
--Mire, Don José. Nin eu paso pola igrexa, nin vostede pisa na miña consulta. Pero ese bandullo tan abultado que nunca lle vira deica hoxe non me ten moi boa pinta. Veña mañá pola mañá, que lle botamos ... (ver texto completo)
Bo Nadal aos amigos, amigas, compañeiros e compañeiras de fatigas, inimigos se os houbera, e toda a parroquia en xeral.
Amigo YO SOY AQUEL, coma sempre, a miña gaita ao seu dispor.
Andan contando por aí que, hai xa uns trinta anos, un veciño meu recibiu a visita dun amigo de Castrelos, xa polo luscofusco, que ía de camiño a pé para súa casa.
O veciño convidouno a cear, pero dixo a muller:
--Eu só fixen cea para dous.
--Onde comen dous, comen tres --sentenciou o patrón.
E así foi. Repartiron as dúas cuncas de caldo requentado en tres, cunha cacetada máis de augua quente, unha codia de centeo, e cea feita.
Ao acabaren de cear, o de Castrelos quería porse en camiño, pero ... (ver texto completo)
Un día en el ejército, el general le dice al sargento Romerales

Mañana en la mañana en la instrucción formal les van a enseñar la historia de América, a lo que el sargento Romerales le responde:

¡Entendido mi general!

Así pues, los reclutas todos formados en el patio recibían las instrucciones del sargento, y en eso él les dice:

Reclutas, el día de hoy vamos a estudiar historia, y les pregunta:
... (ver texto completo)
Isto faime lembrar os meus tempos de mestre en activo, porque eu mesmo contei aos alumnos este conto varias veces, inda que deste outro xeito:

Chegou un día o inspector á escola dun pobo moi lonxe. Lonxe de todo o mundo.
Despois de botar unha ollada pola pioca daquela miserable aula rural, andou a preguntar unha cousa a un rapaz, outra cousa a outro... e todos ían respondendo de xeito axustado, ata que chegou onde un rapaz espigado e moi ben parecido e mantido:
--Dígame usted, buen mozo: ¿Quién escribió El Quijote?
--Eu non! --respondeu coma un lóstrego o ben peiteado.
O inspector volveuse cara ó mestre:
--Oiga, señor maestro, mire lo que contesta este alumno. Creo que dice que él no escribió el Quijote.
--Pues si él dice que no ha sido --certificou o mestre--, es que no ha sido. El chico es de muy buena familia, y en esa familia no se miente jamás.
O inspector daquela santigöuse, e botouse pola porta a fóra rosmando:
--Ay, Lope de Vega, Lope de Vega..., que abandonado te tienen en esta escuela... ... (ver texto completo)
Non sei. Nunca fun especialista nesta materia. Eu limítome a reproducir o que teño ouvido por aí: "A augardente é mellor, canto peor é o seu irmán viño."
Unha noite de verán, alá pola unha da madrugada, deulle por cantar ao meu teléfono. Do outro lado estaba unha irmá miña, que traballaba nunha Casa Rural do pobo, e quería saber como se prendía unha queimada.
--E porque me chamas a min para unha cousa coma esa? --díxenlle todo pasmado.
Pois chamárame, manda carallo, porque me vira de mestre de ... (ver texto completo)
Munto bueno Camba, me fixo recordar os tempos da miña adolescencia, muntas uvas pisé.

Uno que va por la calle, de pronto se da conta que tahún pronto istá a izquerda como a dereita, totale que dice ora o vento nahún tira el are nahún urra ¿Qué é ísto que a min me impurra? Fodase como ia o gaxo.

Un abrazo.
Ese era precisamente, amigo Vintecinco, o menciñeiro que che racionou o viño, cando saía da consulta.
Aprezado Telesforo: Nahún dudo da soa buena fé, más meu nahún debe de ser y le falo con coñecimiento de causa,é decer o sinor como un gran istratega militare en el campo de maniobras lo entenderá facilmente, pois nos sempre que actuabamos eu usaba chubasqueiro do pito y al xegar el mometo de rendizahún atacaba por la retaguardia. Fodase co gaxo.
Amigo Vintecinco: Non esqueza vostede que os chuvasqueiros nunca se levaron ben coas fouces. Nin coas pallas, pallotos, palleiras, cornellós, coaños, espigallas, triganas e lericas.
Vostede máis ben se preservaría daquela, embutindo os atributos nun cabazo, coma se de unha pedra de afiar se tratase.
Unha aperta de buxo.
Che Inda te habras dado cuenta que bien falo O Galego, mi abuelo era Gallego y mis padres tambien, poco a poco he ido chamullando un poco ¡no es cierto! referente al afeitado, sigue teniendo esa inmensa barba, le queda bien linda.
Que por cierto no disimule, a que quiere invitarme a su huerto, dicho de una manera romantica. Un beso pillin
Acertas, miña Raíña, cando desexas aprender a lingua dos pais e máis do avó. Non esquezas que o galego foi o manancial do portugués, e que a lusofonía alcanza máis de douscentos millóns de falantes.
Polo que se refire ás miñas barbas, non as teño por lindeza. Sempre fun un pouco lacazán, e non as afeito por preguiza. Tamén é certo que, grazas a esta tacha miña, levo aforrados moitos cartos ao longo da vida en coitelas de afeitar. Se lle engadimos o que teño aforrado en tabaco, podería montarche un andar na rúa do Poleiro, androxénica criatura.
Claro que quero convidarche á miña horta. Leva catro anos en lameiro e ben que lle viña xa unha cavadela. Cal é a túa talla de mango para irmos amañando a aixada?
Que Deus che conserve esa pizca de humor moitos anos. ... (ver texto completo)
Y si es España es la mejor, que vamos hacer los Argentinos, esperar otra oportunidad. Otra cosa SR. Indachosei que tiene que ver el deporte con el patriotismo. Otra cosa los comentarios son libres en Democracia. Que ocurre en Lubian solo hablan los de Izquierdas. Que tenga una buena siesta, falta le hace.
Un abrazo.
Grazas pola boa sesta que me desexa, anxelical señora, pero eu non gosto de dormir polo día. E polas noites, cun ollo aberto, non sexa que o mago Montoro faga desaparecer os concellos pequenos, deixando aos veciños sen montes e os servizos no quinto carallo.
Xa vexo que España tamén lle gañou á Arxentina. É un xogo. Pero o deporte e o patriotismo, cando se trata da Selección, van ben collidos da man.
Alí, no meu pobo, falan todos: os das dereitas, os das esquerdas, e os medio pensionistas. Ata ... (ver texto completo)
Por certo, teño curiosidade por saber como vai o asunto da "bacinilla" na Vilavella. Non será La Loca del Tango a que bota o ouriñal pola fiestra...
En Chaos tivemos un problema similar, que houbo que arranxar hai uns trinta anos. Inda podemos asesorar ao voso rexidor, bó amigo meu, para acabarmos co lanzamento á rúa do dourado contido do penico.
Ya tenemos otra final (Jokey Patines) no hay deporte que se nos resista.
ESPAÑA: 7 CHILE: 0
La medalla de plata ya esta en el bolsillo, ahora a por el oro.
Home, Varela, e non che da un aquel facer este comentario, tanto como amas esa outra patria túa?
Señor alcalde, hay qe arreglar as carreteras de acceso a Lubian, son muy incomodas. Usted e bo alcalde e seguro qe o consigue.
Tés toda a razón, Pepita. Unha delas é da "Junta" (ZA-106) e a outra "de la Excelentísima Diputación de Zamora". A Junta inda ten previsto unha actuación. A ver se cando acaben as obras do AVE conseguimos unha nova capa de aglomerado, que os camións están a desfacela. Pero a Deputación é unha institución que non solo non arranxa determinadas estradas, senon que ademáis ven presumindo de non facelo.
Nesta provincia as carreteras da Deputación non son carreteras. Son "calderilla" electoral. E o peor ... (ver texto completo)
buenas piño este año me toco conocer castrelos y a duli el que viene espero ir conociendo mas foreros... cuando son las fiestas de la tuiza?'
barxes que es de tu vida?
As festas da Tuiza comezan hoxe, venres, na praza nova da Fontarbela cunha verbena do grupo ALKAR. Mañán, sábado, outra verbena coa orquestra PARÍS DE NOIA. E o domingo día 29 é a Romaría no Santuario da Tuiza, desde as 11:00 ata as 22:00: actos litúrxicos, banda de gaitas, artesanía, produtos da terra (Castela e León máis Galiza), orquestra SALSA ROSA e cea de todos os romeiros ás 21:00 horas con dúas vitelas asadas por Karlos Ibarrondo.
Coma un lóstrego pasou polo meu pobo Telesforo. Baixou da súa limusina, entregou as conclusións sobre a observación polo miúdo da mazacuca, deixando moi crariño que unha mazacuca non é unha bullaca, e saíu como alma que leva o demoño, camiño de Barxa, onde dixo que ía facer un estudo sobre a MAZAPERA. Este inda acaba por inxertar todos os carballos de cerdeiras.
Sinora Pepeita: Penso que téin munta razahún no que di, más el Zé poquito a pouquito cada día istá a aprender mellor el castexano.
Sí, ho, sí. El castejano de poniente!
Que me perdonen los de Castromil pero yo no sabia que había un castro. Desde luego el nombre del pueblo hace honor a ello. Castrelos también viene de castros, plural, más de uno... yo conozco el de las Muradellas y me gustó mucho, también es verdad que yo le echo mucha imaginación... Que me perdonen también los de Lubian pero yo de niña siempre he creído que "As Muradellas " y "O Pozo da Moura" eran de Castrelos, es más, siempre los situaba cerca de "O Mouro Morto "y "Barxa Queimada" termino de Castrelos. ... (ver texto completo)
Pensabas de rapaza que As Muradellas eran de Castrelos?
Mira, Duli: eu cando vou de pesca desde Castrelos a Lubián, vou aos poucos río arriba, e inda nunca tropecei coa raia esa que separa Lubián de Castrelos. Vexo lavancos voar río arriba, río abaixo, e son todos iguais, os de Lubián e os de Castrelos. O mesmo me pasa coas troitas. Para os paxaros, para min e para as troitas... as raias só existen na cachola dos homes, que andiveron sempre esgaravellando nos mapas, coma as pitas na terra do galiñeiro.
Cando ... (ver texto completo)
Quero agradecer a íste pobo o trato recibido o día da festa do Cortello, pois nahún teño parábolas a tal evento, foi unha coisa que so se pode comprender istando presente, claro que pro padre Xosé so facía meterse ca culpa ca tiña un do Porto, claro eu o primeiro pensaba que por la cercanía sería del Porto de Sanabría, más cuando le pergunto por segunda vez dice ser portugues, eu nahún daba credito so pensaba íste con tal de meterse con migo fai cualquer coisa, totale que o finale tubo que tirar ... (ver texto completo)
Grazas a tí, e mailos compañeiros que trouxeches, por compartires con nós o máis enxebre dos eventos. Este acto xurdíu como reacción á negativa de LA JUNTA a declarare Ben de Interese Cultural ó noso cortello.
A garrafa de viño do Porto veu de Portugal, das partes baixas do río Tuela-Tua, coa intención de facer con el unhas sopas de burro canso. Pero non tivemos a afouteza de facelas, polas crianças que nos acompañaban, e porque dezanove graos son moitos graos para unhas sopas.
Ollo con padre ... (ver texto completo)
Carallo, non sei se ían para cincuenta e tres anos que non pisaba a volta polo noso pobo, cando Federico Martín Bahamontes levaba nove minutos de adianto, e dicen que parou no alto de Padornelo a tomar un pikolo, porque tiña medo de baixar sen compaña.
Onte apoleiráronse nas bordas da estrada ata os máis vellos do lugar para ver pasar coma lóstregos aos tipos das bicicletas.
--Viche o maillot? --preguntoulle Tito ó Alfredo.
--O amalló? Miña naiciña! Cómo lle poideches ver os amallós coa ostia ... (ver texto completo)
Xustiño por debaixo do Pub Chic. Cruza a Portela que te espero. Saludos
Foime imposible, amigo. Non dei acabada a xeira deste outro lado da portela.
Agradécese igual o convite.
Necesito comunicarme ca panade Lubian e non podo non consigo o tlfno, dixeronme qe fai unhas empanadas boisimas ¿recomendismas ou non? Gracias amigos.
659779494 José Antonio.
E bon proveito.
Buenas tardes a todos los foreros y foreras de nuestra Comarca, incluyendo la alta Sanabria. Deciros, que comienzan las fiestas patronales de A Gudiña, por lo que os envitamos a unas cervezas (o parecido) a todos los foreros que nos honreis con vuestra presencia en estos dias. Saludos cordiales
Onde queda esa leira que temos que desbrozar?
Mientras mi adorada Pitita tomaba el sol en Panjón, un servidor, camuflado bajo el sombrero de paja, mucho más cómodo que la gorra de quepis, se dio una vuelta por las calles aledañas a la playa.
Subí hasta un templo cercano que pretende remedar el arte de Gaudí y, una vez en la puerta, observé al diácono Pachi, mientras impedía a una jovenzuela muy bien parecida, ataviada con un escaso bikini y un vaporoso pareo, el acceso al sagrado recinto.
La joven protestó con el ímpetu propio de la edad:
-- ... (ver texto completo)
Así que..., camarada Romerales, o Templo Votivo do Mar de Panxón paréceche un pretendido remedo de Gaudí...
Ben sei que lle adicas máis tempo á literatura que á arquitectura, pero inda así o asunto ben merece un tirón de orellas, de esas orellas que levas aí, ao carón desa estreliña de comandante lexionario.
Nada de Gaudí. Ese templo, dedicado a San Xoan Bautista, éche unha obra do prestixioso arquitecto galego Antonio Palacios, que nada ten que envexarlle ao catalán. Se Gaudí era de Reus, Palacios, ... (ver texto completo)
Comecei a miña xornada de pesca alá na ponte da estrada entre A Moimenta e A Mofreita, xa como despedida desta tempada.
Non falarei das troitas, porque, como ocurre na actualidade política, sempre aparece algunha outra nova para non falarmos do esencial.
O caso foi que, nun remanso do río, alí estaba o padre José tomando o sol en porretas nunha rocha, soíño, como Dios o trouxo ao mundo, con menos pelos na testa, pero máis pola parte do desaugadoiro.
Eu ía pola outra beira do río, e fiquei coma ... (ver texto completo)
Enterado de la triste noticia, de la morte de un gran amigo, como era para min Sotillo, nahún me queda más que dar el pésame a los familiares, espero que colla un bonito camiño, como el se merece, un gran home, amigo dos seus amigos, sempre mirou por los más necesitados. Pra min nahún te fuches, sempre istarás presente, aprezado amigo, descansa en paz.
O Miguel tamén era algo meu. Non sei realmente o qué. Pai? Irmán? Amigo?
Inda sen ser familiar, sentirei a oquedade que deixa, a pesares dos vinteoito anos de diferencia, pola súa proximidade, a súa conversa, a súa ironía, a súa amabilidade e o seu sorriso.
Pero ese viaxe sempre haberá que facelo, e a el tocoulle baixarse xa deste tren da vida.
Así que, amigo Zé, eu mesmo son quen de agradecerche as túas verbas, no nome da súa familia que probablemente non as vexa neste medio.
Sinor Inda: Emprimer lugar teño que decirle munto obrigado por lenvrarse de min, logo por el fondo del seu relato, que desdelogo nahún téin desperdicio, o sinor escrebe el portugués munto béin, además le da unha entonazahún munto pecularie, parece como sí istibese de profesor en algunha academía portuguesa. Tambéin le digo, que como dice o sinor practicando portugués, sei que nahún ha mala fe más si nahún como dice el tópico, el meu quedaría como cagancho en toledo.

Unha aperta.
Ese portugués meu, amigo Zé, só é unha copia literal sacada do facebook, compartida con outro amigo portugués.
Quixe compartila cos foreiros, porque describe, sen marrarse sequera nunha vírgula, a situación que se está a dar tanto no seu país coma no meu.
--Pai, eu preciso fazer un trabalho para a escola! Posso te fazer uma pregunta?
--Claro, meu filho, qual é a pregunta?
--O que é política, pai?
--Bem, política envolve povo, governo, poder econômico, classe trabalhadora e futuro do pais.
--Nâo entendí, dá para explicar?
--Bem, vou usar a nossa casa como exemplo: Sou eu quem traz dinheiro para casa, entâo eu sou o poder econômico. Sua mâe administra e gasta o dinheiro, entâo ela é o governo. Como nós, ela e máis eu, cuidamos das suas necessidades, ... (ver texto completo)
Sr INDA, sempre tiben un gran respeto po los mèstres e se o mestre e gaiteiro e alcalde e encima e boa persona, pois perdoneme o señor pero sabe que non me refiero a ningun mestre, èo tiben un mestre que si que me aparellaba pero con unha bara de salgueiro, e con todo eso non lle guardo ningun rencor, por que foi o meo mestre e me enseñou o pouco que sei, por eso e algunha cousa mais que DIOS TEÑA NA GLORIA A DON JOSE RIBERA, mestre da VILAVELLA, o outro mestre que èo me refiero non e mestre nin ... (ver texto completo)
Xa estaba todo entendido. Tamén eiquí lle chamamos aparello, e somanta, a unha malleira no xogo. E se un presume de mestre dese xogo, leña nel.
O que pasa é que nos gusta xogar coas palabras, decindo algunha andrómena e pensando que non molestamos a ninguén.
Ai, aquelas varas que algún mestre mandaba cortar, para logo estrenalas no que as trouxera. De salgueiro? As de abelaira tamén eran boas, inda que para os burros, as mellores eran as de acevreiro.
Ben me lembro das zorregadas que algún vello lle daba ao seu xumento cunha boa vara de acevro, para sanalo de non sei qué carallo de doenza.
Daquela non facían falta veterinarios. A rela, a pieira,... xa tiñan remedios herdados de pais a fillos. parece que ás veces chegaba cunha sinxela plegaria, ou co responso.
Lémbrome do fútbol na Tuíza, na Vilavella por riba da gasolineira, e da boa harmonía que sempre houbo entre as mocedades dos nosos pobos. ... (ver texto completo)
Carallo, amigo YO SOY AQUEL, no meu pobo aparellábamos aos burros, que cabalos non había. Mais aparellar ao mestre..., déixame o coiro de pita, polo que me toca.
Xa sei que non queres decir que lle pondes os arreos, porque non sei que tal lle quedaría unha albarda a un mestre pequeno e regordete, coma min.
Ben sei que a cousa nada ten que ver co Padre José, nin co Mosén Pachi. Pero nun pobo da bisbarra, hai xa bastantes anos, apareceu grávida a máis beata das viuvas da parroquia.
Falábase de que o sancristán, cando tiña que té-los ollos pechados, viu como aquela pecadora, para confesárese, penetrara dentro do confesionario.
Como chegase o ruxe-ruxe ao pazo episcopal, o bispo mandou vir ao sacristán para abrire un expediente informativo co aquel primeiro interrogatorio.
--Y dígame usted, señor sacristán. ... (ver texto completo)
Un día destes foi a festa da Canda. Por certo, extraordinario o cartel anunciador con dúas vacas facéndose aloumiños. Parabéns polo diseño, polo inxenio e polo bon gusto. E tamén pola recuperación de festa tan enxebre.
Un dos eventos levados a cabo, despois do lanzamento de aixadas, foi unha gincana na que participaron os mozos de toda a contorna.
O organizador da proba explicoulles deste xeito aos atletas a sucesión das probas a realizar:
"Primeiro subirán en monociclo ata o alto de Marabón. ... (ver texto completo)
Muchisimas gracias por la contabilidad, es usted un buen chaval, esta invitado a Fuengirola. En ese pueblito hace mucho frio y aqui gozaria de lo lindo. Ahora mismo tengo en el comedor varios comensales de cerca de usted (Puebla) y me dicen que en cualquier pueblo de Zamora casi tienen la calefacción hasta Agosto y despues ya siguen. Que disfrute de la vida, que es muy corta. Un abrazo
Moi ben. Delle vostede unha aperta a tódolos xabreses. Polo que se refire ao frío e ao calor, eiquí temos sete grados máis de calor polas mañáns cediño que en Puebla. Dicelle-lo un que ía deiquí a alá os días de traballo ao longo dos derradeiros dezanove anos polas oitos horas.
Pero mentras o calor apodrece á carne, o frío a conserva. Este ano, ademáis, estamos de sorte, dado que o goberno recortou tamén o verán.
Teña vostede moito coidado cos raios de sol, que o Mediterráneo pode ser moi traidor para a saúde. Tamén ten moita concentración de sal, e se mete os muslos moito tempo na auga, poideran quedar salgados e curados como xamóns.
Unha palmada na espalda, e coidadiño, carallo, que se lle queiman os "pescaítos"... ... (ver texto completo)
Esas "Juntas Vecinales" nada teñen que ver coas nosas, pois os montes delas non están clasificados como veciñáis en man común. Decataivos que na reportaxe anterior non aparece Galicia, rexión onde máis abundan os montes veciñáis en man común.
En toda Castela e León só hai 13 montes veciñáis en man común, e deles hai 2 en Lubián, 1 nas Hedradas, 1 en Chaos, 1 en Hedroso, 1 en Acibeiros e 1 en Padornelo.
Os outros están nos concellos de Cernadilla, Mombuey e o de Cional en Villardeciervos.
A Lei ... (ver texto completo)
Felicitar a este foro por lo cachondo que es. Solo hay algo que no gusta y es un Sto que plagia a un Sr llamado Varela, si se fijan el autentico tiene mas de 1500 escritos. Me meto donde nadie me llamo, pero hay que ser justos.
Si vienen por Fuengirola, tengo un Bar en plena playa, se llama igual que mi nombre estan invitados. Disculpen la intromisión.
Saludos para todo el foro
Carallo, Pocholo, claro que este foro é cacheiro. Pero, home, tí sí que eres cacheiro e traballador: dunha soa tacada conseguiche escribir 146 mensaxes na Vilavella, 9 en Lubián e 2 en Chaguazoso.
Menos mal que o comandante Telesforo anda ocupado no estudio da mazacuca, que se non, bota man da súas estratexias de espionaxe, e sácanos miles de historias sobre o teu bar ése de Fuengirola. Máis vale que non se entere.
Distinguido "sinor", podias decirme xa le parió la cabra al paco.

Unha aperta.
Amigo Zé das Carvalhas, non sei se xa pariu a cabra do Paco.
O que sí sei é o que che vou contar. Podía facelo por teléfono, como dice o comandante, pero é esta unha anécdota verídica que pode escribirse ata na porta dunha letrina do cuartel de Romerales, sempre que a pluma non sexa o meu dedo, nin a tinta a pasta que está máis á man.
Viña hai moito tempo o Xico co seu cabalo, coas alforxas cheas de rixelos comprados en Hermisende, para a carnicería que o home tiña daquela en Lubián.
Pasando ... (ver texto completo)
Aprezado Inda: Parece que o sinor interpretou a mensaxe como o contou a Loquilla del Tanga, es decer una de mis ex, además aunque fose da maneira que ela o contou, debe ter enconta que eu xa teño muntos anos, claro istá fixen muntas más coisas. Le dou unha pista o meu xefe era munto amigo do Bar Cenas, totale que cada pouco eu tiña de levar o mercedes do mencionado a Suiza, alén tiña que deixar a Mercedes y tracer a Agustina no audi, a min en ístes viaxes a parte de pagarme béin me daban groxeta, ... (ver texto completo)
Así que unha máquina de facer cartos... que seca mal os billetes. Seica hai desas máquinas na Grande Bretaña e na Inmensa Norteamérica, que os sacan ben sequiños e ben pasados ao ferro.
Pero nestes lares dos amigos do teu xefe, seitureiro Zé, máis abundan as de embutir. Por iso hai tanto mondongo circulando por aí.
Carallo co das Carvalhas! Reloxo de ouro, iate, Marbella, Ibiza...
E todo iso saíu daquela fouce ferruxenta e desdentada coa que viñas á seitura?
Me dá no nariz que esas amizades co xefe e mailo Padre José, e esas vacacións tan longas en Pernambuco, dan máis de si que aquela fouce de xuventude.
Este das Carvalhas nunca dá puntada sen fío. "Os ruinseñores xa se fartaron de facer o páxaro".
No. Eses non se dan atalagados xamáis de seren uns páxaros de coidado. Eses sonche todos da familia dos córvidos.
Ben sabe vostede que o camarada Romerales non quixera comparanzas entre a Pitiña e os corvos.
Ao páxaro cantor de trinos tan agradables ao que se refería Telesforo chamámoslle en Lubián rixinol. Así lle chamaba, polo menos, meu avó. Noutros eidos dícese reiseñor, e tamén rousinol.
Que siga ... (ver texto completo)
Los míos fueron muy importantes en mi vida; ahora que me falta poco para serlo...
quisiera; para mi nietita; ser como ellos.

Iban el abuelo y su nieto- muy inquieto- caminando por la vereda con destino al Supermercado...
el abuelo a cada instante mirando al niño, decía:
-Tranquilo Daniel, tranquilo no hagas nada de lo que después puedas arrepentirte.
Una señora que estaba de compras le escuchaba repetir lo mismo, cada ciertos momentos y dirigiéndose a Él... le dice:
-Es admirable lo que ... (ver texto completo)
Pois agora, nesta España do euro e da señora Merkel, a conversa que poidéramos escoitar entre un avó moi velliño e o seu neto vinteañeiro sería deste tenor:
--A ver, Manoliño, que cando eu tiña a túa edade xa andaba farto de traballar na vía, e tí sen dar un pao na auga!
--Xa, meu avó. Mais eu terei que traballar cando teña a súa edade.
Houbo en Lubián un boticas que unha noite, nun dos bares que había daquela, prendeu co chisqueiro un feixiño de petardos, ciplinou o chisqueiro para baixo dunha mesa, e quedouse cos petardos prendidos na man. Menos mal que os artefactos tiñan menos forza que o peido dunha meretriz con tódolos buracos ben afurracados.
Pois ben: onte mandoume a muller cortar una cabaco de xamón para picalo e botarllo ás fabas verdes que xa acabaran de cocer. Como o xamón viña sendo ibérico, tiña por un lado unha boa ... (ver texto completo)
Efectivamente.
Díce o meu fillo que vive en Lavapiés que el mesmo viu o pasado sábado pasear velozmente á Pita Moñuda pola rúa do Tribulete, coma unha fragata, levando ao seu carón ao comandante Romerales, como se fose unha chalupa.
Había hai tempo no foro de Lubián un tal PINGADELO, que fora alumno meu no ciclo superior da EXB e máis tarde compañeiro actor en Matamoura Teatro, alá pola década dos oitenta. Os seus relatos naquel foro foron os mellores, sen dúbida. Pero agora leva máis dun ano tan mudo coma o irmán mudo de Groucho.
Pingadelo falábanos unha vez da inxeniosa técnica que se viu obrigado a utilizar cun home vello e moi devoto que lle viña birlando tódalas noites a auga nos prados de Carnatiño.
Pensaba Pingadelo ... (ver texto completo)
Hoy lo voy a hacer en castellano, así esta tableta no sacará fórmulas raras cuando a ella le parece, se debe creer que es Pitágoras, lista ella!.
Siempre se cuenta lo bonito, los viajes, las fiestas, ferias y demás, ayer he tenido una pequeña contrariedad, fuimos arecoger leña en una finca que està plantada de castaños, con el fin de limpiarla y adecentarla, un palo enfadado por no querer venir para casa sabiendo el lo que le esperaba, me salto a una pierna, la avería no fue grande, todo quedó en ... (ver texto completo)
Coidadiño coas canelas, non te nos aleixoes, que na toñada tés que face-la sidra!




5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España