OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

A VILAVELLA: Comecei a miña xornada de pesca alá na ponte da estrada...

Comecei a miña xornada de pesca alá na ponte da estrada entre A Moimenta e A Mofreita, xa como despedida desta tempada.
Non falarei das troitas, porque, como ocurre na actualidade política, sempre aparece algunha outra nova para non falarmos do esencial.
O caso foi que, nun remanso do río, alí estaba o padre José tomando o sol en porretas nunha rocha, soíño, como Dios o trouxo ao mundo, con menos pelos na testa, pero máis pola parte do desaugadoiro.
Eu ía pola outra beira do río, e fiquei coma unha estatua, sen saber se camiñar cara adiante ou para atrás. Daquela veume un espirro, e o bó do pater, coma un lóstrego, botou man dun xornal que, no mesmo intre, colocou aberto diante daquelas vergonzas peludas.
Carallo! Qué paxariño tan listo ten o noso padre José, que sabe ler o periódico, inda coas letras ao revés!