BARXA: Había hai tempo no foro de Lubián un tal PINGADELO,...

Había hai tempo no foro de Lubián un tal PINGADELO, que fora alumno meu no ciclo superior da EXB e máis tarde compañeiro actor en Matamoura Teatro, alá pola década dos oitenta. Os seus relatos naquel foro foron os mellores, sen dúbida. Pero agora leva máis dun ano tan mudo coma o irmán mudo de Groucho.
Pingadelo falábanos unha vez da inxeniosa técnica que se viu obrigado a utilizar cun home vello e moi devoto que lle viña birlando tódalas noites a auga nos prados de Carnatiño.
Pensaba Pingadelo que a auga durmira no seu lameiro, porque a deixara guiada pola media noite. Mais cando ía pola mañán cedo, decatábase de que esa auga andera toda a noite no prado do piadoso vello.
Así é que unha noite deulle por agarvarse, empoleirado nas ponlas do carballo que medraba ao pe do cobradeiro da auga.
A iso das dúas da madrugada viu acercarse un farol, daqueles de aceite que protexían a chama con cristais, e moi de vagar o vello veu acercándose ao tapadeiro, rezando a media voz o quinto misterio gozoso do Santo Rosario, coa pucha calada e a aixada ao lombo.
E no mesmo intre no que dobraba a soá para quitarlle-la auga ao noso Pingadelo, co farol pousado no cabalete, este grande amigo meu, que subira con el a súa cana de pescar armada dun carrete Segarra, prendeulle-la boina ao vello cos anzós da cucharilla polo pirulo, e comezou a recoller coa manibela.
O piadoso labrego mirou para riba, e aqueles ollos botándose fóra das cuncas non podían comprender cómo o raio da pucha ascendía pouco a pouco deica as gallas do carballo.
--Arrenegado sexa o demo!--berrou ao tempo de escagaleirarse, botando man ao farol esquecéndose da aixada, e pernas para qué vos quero, fuxiu como alma que leva o demoño, cuspindo á voces un Padre Nuestro.
Creo que hoxe, trinta anos máis tarde, alí permanece aquela aixada ferruxenta co mango apodrecido. E a auga segue a regar o prado sen vacas de Pingadelo.
O vello hai tempo que se foi para non voltar, pero mentras vivíu, os seus pes negáronse a conduci-los zamancos cara os prados de Carnatiño.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Istando eu de criado nun pobo das Frieiras, mandoume o patraón a regar era unha noute munto oscura, a min acompañaba un caun tahún grande como un lobo, además era da mesma colore, totale que cuando xego o prado andaba un gaxo regando, pero él se quedará dormido no mesmo prado, totale que eu ía preparado para aguantar tuda noute, dirán voçes por qué digo ísto, pois munto sencillo o patrahún xa ficera o gasto, fixérame un bocadillo de touciño que mandaba carallo, entonces empecei a darle a cachola, que fazo da miña vida, de pronto se me veo unha idea, tornei a agua tuda xunta pra donde istaba deitado o sinor y de camiño le dei un cacho de touciño da quel amarelo o caun tirándolo pronde istaba él, totale que despertou de inmediato, acoisa funcionou, pois o gaxo patas que te quero pra casa y eu quedei tuda noute regando, claro él nada más despertar ver el caun tahún grande do colore do lobo o pensaría fodase íste viña por min. Aprezados foreros quero explicar que el mencionado touciño comia con pahún centeo feito na casa istaba mellor que oxe o mellor queixo, meu Deus como le cambiaron los tempos al Zé. ... (ver texto completo)


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España