BARXA: Non sei. Nunca fun especialista nesta materia. Eu limítome...

Non sei. Nunca fun especialista nesta materia. Eu limítome a reproducir o que teño ouvido por aí: "A augardente é mellor, canto peor é o seu irmán viño."
Unha noite de verán, alá pola unha da madrugada, deulle por cantar ao meu teléfono. Do outro lado estaba unha irmá miña, que traballaba nunha Casa Rural do pobo, e quería saber como se prendía unha queimada.
--E porque me chamas a min para unha cousa coma esa? --díxenlle todo pasmado.
Pois chamárame, manda carallo, porque me vira de mestre de cerimonias noutra queimada colectiva e cultural, con capa de palla, conxuro e todo... (Eu sempre fun un home de teatro, pero nunca ensaiara como se prendía unha queimada, nin falta que me fixo).
Pero carallo, se para prender aquela --fora a única vez que eu prendera unha--, non fixera outra cousa que arrimar o chisqueiro prendido á borda da caceta cun pouquiño de caña. Non facía falta ningún tipo de estudios para iso.
Expliqueille-lo, inda así. Pero ela díxome que xa o intentara repetidas veces, e nada. E xa estaba a cousa quedando mal ante os clientes da Casa aos que pretendía engaiolar co ritual.
--De onde sacaches esa augardente? --preguntei.
--Compreille-la ao Xaime --que é un veciño de Lubián procedente da Ribeira Sacra.--É moi boa, moi sabrosa...
--Vale. Pero se non prende, será que non ten alcol. Non tendes outra por aí, que non sexa do Xaime, inda que non teña tan bo sabor?
--Temos por eiquí outra garrafiña. Imos probar, a ver...
E prendeu. E fixeron unha boa queimada, espectacular para os clientes, con aquela outra augardente que ficaba alí despreciada, esquecida porque non había demo que a engulise, porque deixaba as gorxas abrasadas.
Así foi. Pero eu non sei nada de cañas.
O día menos pensado, a ver se tomamos uns "tróspiros" en Barxa.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Dei por descontado que sendo parentes se lle podía aplicar eso de “de tal palo tal astilla”, pero eu tampouco entendo moito destes asuntos. Meu pai, que sí era entendio, xa decía que darme a min un bo viño era como botarllo na amata a un burro. Que cousas tiña!
O día memos pensado darémos unha voltiña por Barxa.


Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España