Esta poesia adicaballa o 25 a Dña. Pita Moñuda cando xa eran mociños na festa da Tuiza.
CARIÑA DE ROSA:
Eu non sei, miña nena fermosa,
por qué fuches de min sin razón
si eu te quero, cariña de rosa,
si eres dona do meu corazón.
Xunto a min arrechégate, nena,
que a muiñeira xa empeza a soar,
ven pra eiqui, miña xoia pquena,
que imos xuntos os dous a bailar.
Ti que a conoces e bailas a eito
ven a enseñarme que vou aprender,
anda neniña, que dentro do peito
teño un segredo que vas a saber.
E mentras fago os puntiños primeiros
e do tambor entre a repenicar,
vendo os teus ollos que son dous luceiros
direiche cousas que che han de gustar.
Supoño que Dona Pita Moñuda si se lembrará
aunque o Sr. 25 que é algo mais novo que ela o
mellor non se lembra. E como ela e licenciada
e o 25 non foi a escola o mellor esqueceulle
Simplemente foi para recordallo.
Unha grande aperta pros dous.
... (ver texto completo)