OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

BARXA: Non podia pasar desapercibido, o meu agradecemento...

Non podia pasar desapercibido, o meu agradecemento os cuatro contertulios deste bonito foro, que non son outros que o SR. Romerales, Inda Cho Sei, Ballesteros, e como non o segador dos anos70 grande Ze das Carvallas (252525). O Sr. Romerales quero agardecerlle a fotografia do mondongo dos chourizos. E tamen espero nos teña o corrente da acta dos chourizos unha vez que estean curados... y espero me informe rapido si desiste do solar na Veiga do Seixo e entra na subasta da casa da Pradera.
A Ballesteros darlle toda a razón por a sua mensaxe, pois é verdade que ainda quedan porcos soltos, pero si quero lembrarlle que a todo porquiño lle chega o seu san martiño.
O amigo 252525 felicitalo porque veise que as clases do padre José estanlle sendo útiles, se lle nota a melloria no castelan, o que pasa e que eu non lle entendo eso de que lle piquen os piollos creo entender, el vai mellorando pero as veces hai que empregarse pra entendelo. Tamen e bon recordar que non foi a escola, e outros fomos pouco por que cuando el tiña 17 anos e eu 10 que eu o unico que facia era apañarlle a auga a cuadrilla de seitureiros na que viña el e xa segaba como os maiores aunque non ataba os mollos, pero facia mui ben os medoucos.
E o grande Inda Cho Sei darlle infinitas gracias por ilustrarnos cos seus contos
como o da burra do Mauricio e outros, o Xico faloulle ben pero o Mauricio contestoulle millor.
Un forte abrazo os cuatro.