OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

BARXA: Dende logo o teu humor y o do gran amigo Inda, non...

O tío Pío máis a tía Madalena, enchoupados da sabenza que implica o pertencer á terceira idade e por mor da fiúza que medra cos anos de convivencia, andaban sempre de barallada. Unha vez no medio dunha delas, berra ela:
-Porco, que eres un porco!
El, xa canso de cargar con tal adxectivo, incha o peito, apreta os puños e aturra de volta:
-Pois se son porco, voume para a corte a dormir con eles, que seica ei de estar máis tranquilo!
Ó seguinte día ben cediño chaman á porta da casa. Era un home enfeitado de traxe que andaba a pescuda do tío Pío.
-Atopará-o alá na corte durmindo cos porcos –explícalle a tía Madalena, indicándolle co dedo índice o sentido que tiña que tomar. E cando o home revirou cara á corte, botoulle ainda un berro para asegurarse de que non tivera pérdida:
-Oia, señor, o Pío elle o da gorra!

Dende logo o teu humor y o do gran amigo Inda, non ten desperdicio ningun.
Os contos son autenticos, o señor Pio usaba a gorra na corte por culpa das teas das arañas...
Unha grande aperta pra os dous
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Nahún teño ningunha dubida o respeito, más cuando istamos de xuntanza, que humor teñes Zé, humor como teu nahún a outro, fodasa co gaxo, ahora nin se recorda do Zé, claro eu sahún portugués nahún conto pra voçe.
Unha aperta.