Mensajes de BARXA (Orense) enviados por Gel Martínez:

Boas festas e próspero ano a todos os amigos barxeses
Prezado Zé: Espero y desejo que estejas beim de saude, como sei que voçe está de ferias polas Carbalhas espero que la no café Ribeirinha de Vinhais que teim Wifi, co seu telemovel voçe poida ler isto que eu sei que voçe vai jogar a zueca co padre lâ o dito café.
Como e´de costume o sabado de pascua facemos a cumida de amigos, este ano covidei o Pachi de Bilbao Jorje de Rebordelo, Paulo Freitas de Chaves, Zé da Caneca, Ruí Guedes, Arnaldo Pires, Humberto do Pinheiro, Antero de Santalla y como nâo ... (ver texto completo)
Gracias Barxés. Se non fora a distancia claro que vos faría compañía.
Estou un pouco preocupada polo noso amigo Ze. Mira que estar ahí tan pretiño e non ter tempo de ir a facerte unha visita! A min dame que este padre Xosé non é trigo limpio. O Ze que sempre foi tan razoable e familiar actúa como se lle ficeran un lavado de miolos. Esto cheirame a comportamento sectario. Ben seguro que xa lle confiscaron os cartiños que tiña e agora nin o deixan achegarse aos amigos. A ver se lle vemos o pelo para ... (ver texto completo)
Munto obrigado Gel, ollando iste foro me percato que te lembras de min, coisa que te agradezco de corazahún, como sabrás tú eres a miña ademirada Xel y sempre lo serás, claro istá con tudos los respeitos que me merece o teu marido, espero nahún sexa celoso,él comprenderá o que eu me refiero, que nahún fai falta aclarar.
Dices que no verán nahún me deixei ver, por ises lares andei, más claro unhs dias pra un sitio outros para outro, totale que cuando me quixe dar conta se pasarin las ferias.
Nahún ... (ver texto completo)
Xa sei que ti queres levarte ben con todos. Pero ten coidado co padre Xosé que non che é tan santo como ti o pintas. Según contan as malas linguas das Carvallas este verán disfrutou á perna solta do viño que vos levou o Barxes. Unha vez que outra levantou o codo máis da conta e perdeu o control da sin óso, contando cousas que non quedan moi ben saídas da boca dun home de Deus.
O parexcer no Brasil misar é unha tarefa esgotadora. Á hora da comunión a ringleira de devotos parece non ter fin. O corpo ... (ver texto completo)
Prezada Gel: Con un dia chuvioso en toda Galiza aunque con pouca intensidade, poñome a respostarche e darche "mil grazas" por todas as bonitas fotos que subiches o noso foro, tamen polas aloubanzas que fas de todos os veciños de Barxa. Todos encantados de que vos gustara o pobo, sempre serendes benvidos e a casa do Barxes tereila sempre aberta pra vos.
Alegreime muito do titulo de algunhas fotos... "os Sres. do Fiaderio" tamen encantados coa vosa visita.
Dende oxe mesmo quedades convidados a un ... (ver texto completo)
Mutas grazas Barxes.
Ya me contarás se viche o noso (outrora) gran amigo 25. No verán non se deixou ver. Ahora que aprendeu a escribir un chisquiño millor e xa o entenden o seus grandes amigos de élite non se lle vei o pelo por este foro. Parece que nos ten esquecidos ou atópase máis agusto nas frieiras altas. Como cambia a xente!
Bonito pobo de Barxa que tiven o pracer de coñecer este verán.
Grazas a todos os barxeses e barxesas, nativos e de adopción, pola vosa hospitalidade. Tamén aos señores Fiadeiro, foi un pracer coñecer xente tan de a nosa terra. Unha aperta.
Barxeses e barxesas, que pasedes boas festas en Barxa e fora de Barxa e un próspero ano novo. Un abrazo.
Como cada semana, mandouno seu pai a buscar a garrafa de viño á taberna.
Sempre se quedaba un anaquiño mirando o grupo habitual xogando ás cartas, presidido polo seu avó, o ti Evaristo.
Máis que o xogo, o que lle chamaba a atención era a sabiduría sen límite do ti Evaristo. Quedaba pasmado escoitandoo.
-As parellas lévanse mellor cando ningún deles leva o pantalón –dicíalle aos compañeiros de partida.
O rapaz ansioso de aprender absorbía todo o que ouvía e so tiña un desexo: chegar a saber tanto como o seu avó e compartilo con todos os que quixeran escoitalo.
Ó chegar a casa acenoulle a seu irmán pequeno para que viñera a seu carón.
-A que tu non sabías que as parellas que mellor se levan viven en Escocia? ... (ver texto completo)
Na taberna despois dunhas cantas cuncas de viño:
-Cobra aquí, que me vou a unha conferensia sobre a influensia do viño tinto na nosa sosiedá.
-E quen a dá?
-A jrasiosa da miña muller cando lle cheje a casa.
Prezad@s Gel, Inda Cho Sei, Zé e Camba, adicovos esta foto con cariño, non para darvos envexa, xa que os cogumelos son de tempada, pero o xamon e o viño son de todo o ano, que xunto con algunhas cousas mais estaran o voso dispor cando vos gusteis, ainda que o viño de momento ten que facerse pois está mazado segun os vellos, que saben desto muito.
Decirvos que os niscalos foro collidos nas Carvallas nuns piñeirais cerca da casa do Zé quen por certo ten uns viciños mui amables que me mandaron cumprimentos ... (ver texto completo)
Barxés, poslle a cousa complicada aos que están a dieta. Os manxares da foto non poden pintar millor.
Eu deime un paseo polos montes do Pereiro coa ilusión de atopar algún cocomelo, pero quedeime coas ganas, inda era moi cedo.
Ahora que estarei máis tempo pola contorna, para a próxima non deixaremos de visitarte.
Non sei. Nunca fun especialista nesta materia. Eu limítome a reproducir o que teño ouvido por aí: "A augardente é mellor, canto peor é o seu irmán viño."
Unha noite de verán, alá pola unha da madrugada, deulle por cantar ao meu teléfono. Do outro lado estaba unha irmá miña, que traballaba nunha Casa Rural do pobo, e quería saber como se prendía unha queimada.
--E porque me chamas a min para unha cousa coma esa? --díxenlle todo pasmado.
Pois chamárame, manda carallo, porque me vira de mestre de ... (ver texto completo)
Dei por descontado que sendo parentes se lle podía aplicar eso de “de tal palo tal astilla”, pero eu tampouco entendo moito destes asuntos. Meu pai, que sí era entendio, xa decía que darme a min un bo viño era como botarllo na amata a un burro. Que cousas tiña!
O día memos pensado darémos unha voltiña por Barxa.
O viño de Barxa é moi bon, así o atestigua a augardente de herbas que puidemos degustar por cortesía do Barxés (máis familia). Ten pinta de mansiña, con esa cor de licor dulzón que invita a relamber os beizos só con mirala. Pois eso mesmo lle pasou a un convidado. Abriu a gola a tope, encandilado polo aspecto inocente do brevaxe, e tomou un grolo demasiado grande. Ben pensei que lle iban a saír os ollos das furacas ata que acertou a balbucir: “ssstrassss que forte é!”.
Despois deste percance amosou ... (ver texto completo)
Destinguida Señora: Bastante cara es la que tiene usted, por el amor de Dios.
Cara? Bastante non é sinónimo de suficiente, senon cumpriríame tapala con un mantelo. Pero non é o caso.
Eu non critico as crencias de ninguén. Quen queira comulgar con rodas de muiño, adiante. Pero tampouco hai que meter a cabeza na terra. Ata polas veas da nosa admirada Rosalía corría sangue clerical.
Dous cregos moi amigos foron a merendar unha tarde de verán á sombra dos bidueiros que abundaban á beira do río. Antes de comer decidiron darse un baño para refrescarse, pois estaban moi sudorosos polas arduas tarefas que tiñan encomendadas. Eran tempos nos que os crentes mailos medio-crentes ainda pululaban dabondo.
Os rapaces daquela, mesmo se divertían con calquera cousa anque non tivera chips nin bits nin megas. Ó albiscar ós cregos na auga, o montón de roupa á sombra das árbores e a carón dela ... (ver texto completo)
Aprezado sinor Telesforo: Me parece que usted con el deber cumplido, de haber acatado béin y fielmente las ordenes que le han incomendado, debe istar satisfeito, depois lo que vió en íse primer piso según el padre Xosé, nin caso, lo más seguro sería el tal de las polainas, pense que cuando lo xamen al xuicio finale él debe responder por sus fechorias, que desdeluego no serán pocas, además uno más no importa.
Mísero consolo, eso do xuízo final. Semexante mondongada ten que pagar ao contado, que ó pasar á vida eterna calquera pode ser santo. Que me disculpe el padre.
Despois dun naufraxio atopánse tres superviventes nunha illa deserta, unha parella de recién casados máis un mariñeiro. Xa é o terceiro día que se repite a mesma escena: o mariñeiro sube á frondosa palmeira que lle da sombra para ver se albisca algún barco no horizonte. Dende a cima da árbore di pasmado:
-Eeeh, os dous de abaixo, un pouquiño de respecto, non vos poñades aí a facerlo amor! –E por terceira vez consecutiva lle responde o home lixeiramente mosqueado:
-Ti deliras! aquí naide está a ... (ver texto completo)
Aprezado Telesforo: Creo que usted como militar debía defender las consignas del sinor Rouco, pues se le istá a faltar al respeito a la familía de tuda la vida,é decer a los que só facian o amore para pro crear, nahún vei que por el camiño de que cada mujer mande na sua perrecha a íste paso se perden las buenas constumbres, además que es iso de matar a un ser semexante, con razahún el sinor Gallardo dice lo que dice, teña enconta que me istá a dictar el padre Xosé i éste é munto tolerante, amigo ... (ver texto completo)
Vintecinco, entre o padre máis as malas compañías estanche a facer un branqueo de ideas. As mulleres non precisamos que ninguén decida por nos.
O respeto é algo que dá moito xogo. Ter, infundir, merecer, ganar. Eu téñolle moito respeto a tonsura do loro. Porque esa non foi á cuchilla, foi a ripiapelo. Coitadiño bicho!
Aprezado Barxés: Eu con relazahún al amigo Pachi pouco teño que decir, penso que téin munta razahún en coisas que dice,él é un gaxo de igrexa cuasi tanto como el padre Xosé, debemos de respetarlo tal cual como es, además si algo me dice lo hace por mi bien, o que nahún poso entender de voçe que diga como si tuviera enveixa del tal Zurrarin, eu desdelogo nahún cambiaría a meu pai nin por Zubiarrain nin Zurrarahún con tudos los respeitos para éstos, eu penso que cada uno nacemos donde nos parieron, ... (ver texto completo)
Prezado Zé, o Barxés fai moi ben referirse aos tres de cima, porque él ben sabe que eu non teño nada que ver coa floristería que montastes ti máis o Romerales. En canto ao teu amigo Pachi é sabido de que pata coxea, pero sobretodo que non se enfade, que non merece a pena.
Pues a mí me parece que en el óbito del ginecólogo también estaría muy bien que sus compañeros fueran así de imaginativos. Una perrecha que se abre para darte la despedida ya es en si misma una hermosa flor. Tan natural como la más bella de las rosas. Por ahí hemos nacido todos.
Hai que ver Romerales, explícaste coma un libro aberto! Abraia o teu intelecto, e por suposto, en teoría, é do máis razonable a túa exposición.
O fin dareille a razón á Pita. A pesar de ter momentos moi lucidos, algunha visagra enferruxada acota esa gran capacidade de entendemento que adoitas ter. Cualidades básicas e presentes na maioría dos mortais coma pode ser o recato, quedan atrapadas nos entresijos da túa sensatez.
Fai pouco deixounos para sempre un cardiólogo moi renomeado e querido nesta cidade na que resido.
Daquela morea de flores que o rodeaba chamaba en especial a atención unha composición en forma de corazón que cando chegou o intre de darlle o adiós definitivo ao noso prezado amigo, abriuse pola metade como dándolle paso de xeito maxestuoso cara ese camiño sin retorno. Dun canto colgaba unha cinta dourada na que se podía ler "Os teus compañeiros Card. Thor/AC".
Casi todos os presentes deixamos escapar ... (ver texto completo)
Según me dixeron este ano as cerdeiras en Barxa portáronse moi ben. Seguro que andas todo atareado para recoller as cereixas. As cerdeiras dan dous praceres: ó miralas cando están floridas e despois ó recoller o fruto e de paso ir xa probando. Tede coidado coas carabuñas que entran máis fácil que salen! Un abrazo.
Amigo Camba, haber se entre tu e os demais foreiros entre eles os distinguidos Inda Cho Sei, Gel e noso gran amigo Zé nos contais mais chistes para seguir reindonos con eles... este estuvo muy ben. Pero que sepa o noso amigo Inda que os ourizos en Lubian pican mais que en Barxa pois ali fai mais frio...
Un aperta pra todos
Prezado Barxes, un saúdo para ti e demais foreros. A pesar de as aparencias non teño este agradable foro no esquecemento.
Pero tes que me disculpar, vou a deixar o chiste para outro intre no que me atope máis en órbita. Os avatares as veces fan relegar o humor a un segundo plano. Mentras tanto, unha aperta para todos.
Lo de torpedear el puente, no es mas que una alegoría, y como dice Ze, "falar por non estar calado".

Si analizamos los acontecimientos actuales, no son los militares los únicos que en teoría torpedean.

Se torpedea nuestra enseñanza.
Se torpedea nuestra sanidad.
Se torpedea nuestra economía.
Se torpedea nuestra unión.
Se torpedea nuestra creencia.
Se torpedea nuestra intimidad. ... (ver texto completo)
Claro que si, Camba, que duda cabe, todo son simplemente alegorías, e como tales, neste foro non hai lugar a ofensas. Xa o decía Don Quixote a Sancho: "... y, acabada la comedia y desnudándose de los vestidos de ella, quedan todos los recitantes iguales".
Tes razón en cuanto aos torpedeos. Pero si miramos para atrás na historia, torpedeos houbos sempre, só que hoxe están tendo un radio de expansión máis amplio (esto tamén é alegoría).
Eu voume a quedar con esa frase tan bonita que dis: "... nuestros ... (ver texto completo)
Fais ben Barxes, vixilade a ponte do Tameirón non vaia a ser que calquera día amañeza sin ela. Para a xente pacífica é incomprensible esta exhibición militar sin sentido. Non sería a primerira vez que se derrochan millares de cartiños para, un chisco tarde por certo, chegar a conclusión de que o perigo só era imaxinario. Quedo abraiada por tal derroche de enerxía militar en currunchos que eu recordo como remansos de paz, alá cerca da ponte do Pereiro mais ás veiras do río Diabredo. E todo por medo ... (ver texto completo)
Para todoslos barxeses, barxesas e demais foreir@s, que pasedes boas festas e que o ano vindeiro nos traiga moita saúde e boas cousas.
Me sorprenden queridos amigos, como tratan de guardar las compusturas, como buenos militares,éstos sahún buenos, más se pasan unos a los otros la pelota, quedando el Zé con cara de idiota, sin saber qué querría decer la hoz y el martelo.

Unha aperta pra tuda malta.
Parece mentira, Zé, que coa cantidade de fouces que tu desgastache na túa xuventude, non sepas que representa esta noble ferramenta xunto co martelo na bandera comunista.
A min, a contra de outos, sempre me fascinou este símbolo, simplemente pola influencia do ambiente no que me criei. E, como en deternminadas esferas sociais, sempre imperou a tendecia de confundir republicano con comunista, hasta cheguei a collerlle certo cariño.
Amigos foreros: acudo a vosotros por si alguno me lo puede aclarar.

Llevo, por tradición, como creo que he dejado constancia en este foro, que todos los años suelo ir por castañas para luego hacer magostos con familias amigas, aunque el verdadero motivo sea pasar un rato en amor y compañía. Y por supuesto, haciendo Patria.

El caso es que la semana pasada, hice un con unos amigos de Murcia, y me quedaron las castañas poco asadas. Entonces me salió del alma decir: "Están mamotas". Mi mujer me ... (ver texto completo)
Nos chamámoslle mamotas as castañas cocidas en auga coa casca. Despois de cocidas e peladas están boísimas con leite. Lembro que os bullós despois de asados no tixolo e retirados do lume tapábanse un anaquiño cunhas follas de verza para que se coceran millor por dentro. Ahora, a falta de verza, vale tamén un periódico. Bueno, esto no Pereiro, claro. Saúdos.
Qué tendrá que ver que o burro istée capado pra comer o trigo, dito doutra maneira, creo sinceramente que a xente que saca as coisas de contesto, penso que nahún o facen por mal, más béin por ignorancia, quero aclarar que isto último díxomo o padre Xosé, espero se derin conta o que quero decir, nahún me tomen a male pois os tenentes coroles me merecen el mayor de los respeitos, nahún cabe dubida que a carreira melitare é munto digna y sacrificada y a veces mal mirada, por alguns que nahún e o meu ... (ver texto completo)
Amén. Que ben te explicas!
Grande amigo Zé: Nunca me esquecerei de voçe, y de cuantas coisas eu lembro de cuando viña co seo paicinho as segadas, pois voçe sabe que segou eim Barxa cuando
eu tiña só 10anos y voçe 17. Y lembro alguma das cantigas que voçes cantabaum, como aquela que decia... SOL Y VENTO QUE A SEGADA VAI CO TEMPO... PIMENTOS COZIDOS SARDIÑAS ASADAS QUE BOA PETISCADA PRA RAPACIADA.
O que pasa e que voçe agora teim outros amigos, do cual eu me alegro pois e bo ter amigos mas voçe lembre sempre o dito do seu ... (ver texto completo)
Tamén hai cousas e cousiñas, tan só dependende do contexto que as rodea. A tarefa da pechera das camisas non é outra que tapar o pelello, non teñen máximo nin mínimo, como tampouco o ten a longura da gravata. Naide coma o señor Romerales para determinar a inmensidade da súa pechera, que dúbida cabe!
O tío Pío máis a tía Madalena, enchoupados da sabenza que implica o pertencer á terceira idade e por mor da fiúza que medra cos anos de convivencia, andaban sempre de barallada. Unha vez no medio dunha delas, berra ela:
-Porco, que eres un porco!
El, xa canso de cargar con tal adxectivo, incha o peito, apreta os puños e aturra de volta:
-Pois se son porco, voume para a corte a dormir con eles, que seica ei de estar máis tranquilo!
Ó seguinte día ben cediño chaman á porta da casa. Era un home ... (ver texto completo)
Munto bueno Gel, más ficesteme recordar un caso que me contarin de piqueno, era por istas fechas, totale que eran unhs musicos y forin a tocar la pra un pobo da serra, a noute le tocou durmir a dois na mesma casa, sendo ista terreira, a coisa que denoute a un deule ganas de bober y foi dereito a pipa como se la tiña esinado o seu dono de día, más tarde se levanta o compañeiro y face o mesmo, totale que tudo normal, volta pra cama y nesto senten xi, xi, xi, o mellor nahún me explico béin, a coisa ... (ver texto completo)
Sinceramente 25, menos mal que a mutos lle costa asimilar o que escribes... jaja
É unha mágoa, tantos anciáns que padecen o síndrome da soidade. Para min non hai lección que máis disfrute que escoitar os avatares da vida contados por estes velliños e velliñas de cara arrugachada e olliños saltois cheos de historia, que lembran detalles do pasado como se os acabaran de vivir.
Dito sexa de paso, a guinda destes relatos é o feito de ser contados na nosa fala, sí, sí, o galego, a raíz da nosa cultura, lingua na que foi falada a nosa historia antes de ser escrita noutras.
Aí vai ... (ver texto completo)
Graciñas Gel: Pola aclaración feita porti o noso grande amigo Balleteros, e un alumno aventaxado e xa cando algunhos van el ven de volta.
E despois de reflexionar sobor da foto, vai ter razón o Lito, algunhos con tres anos de diferencia parecemos pais non, pero como se lle levaramos 10 dito por entendidos en fisionomia, a gran foreira que non e outra que Gel Martinez.
Unha grande aperta a tod@S
Quédoche ben agradecida polo aprecio que me amosas. Amigos así alégranlle o día a calquera, sobretodo o rebasar a barreira dos cincuenta jajaja.
En canto ao noso amigo Ballesteros, en efecto, cando outros van el xa ven de volta. Xa moitos que se as dan de entendidos quixeran ter as luces que ten él.
Apertas.
Mui bon ten que estar ese viño, ¡Non soltáis os vasos mais o garrafón, nin que caian centellas de punta!
Abrazos pra todos.
Ballesteros, como na viña virtual paséanse caletres de ben distintas raleas, para evitar malentendidos vouche a aclarar que o garrafón amarrámolo ben, pero só foi para a pose, despois compartímolo con tódolos presentes:-)
Barxés, gracias pola invitación, a ver si no verán hai máis tempo.
Moi bonitas as fotos. Esta camelia fala por sí soa. Os tres irmáns encantadores. Para min que ó pequeniño parece que lle rondaba algunha urxencia fisiolóxica... non sei. Apertas.
O tío Horacio era un home de peso, de moitas terras e moi traballador. As terras foron de sempre a súa mor paixón. Eran ó que máis quería. Ahora xa de vello, cada vez que se paseaba agarrado ó caxato polo que ainda era seu, puña a man a modo de visera para mirar ao derredor e caíalle a alma ós pes o velas de monte e sin ter a ninguén que botara man delas.
Cando un fururo empresario lle comentou que andaba á procura dunha terra non dubidou en ofrecerlle unha das del. Prefería vendela que vela abandonada; ... (ver texto completo)
Unha maravilla de flores, están preciosas estas camelias. E os rosales tamén, da gusto miralos. Saúdos
Barxes, este cartel pódese ver a veira dun río da provincia, non é o de Barxa, pero unha troitiña desta medida daría ben para facer unha boa merenda ja ja.
Saúdos.
Seguro que coñecedes esa parella de xubilados que non perde unha feira no contorno das Frieiras.
Nesta última feira de Verín a dona estaba un pouco doente e como non puido ir encargoulle ó home unhas luvas, que co frío que vai andaba cuelas rotas.
Cando o home chega a mercería que hai na praza a mecar as luvas, a dependenta, unha rapaza nova, atenta e ben feita, pregúntalle de qué talla as quere.
El ponse a cavilar e o fin tivo que confesar que non o sabía.
-Non se preocupe –dille cun sorriso a rapaza- colla a miña man entre as súas e pense se é igual a man da súa muller.
-Oies, pois é verdade, a ver… a ver… eu penso que as dela… seránche un chisquiño máis grandes quizáis…
Escolleu o modelo e cando a rapaza acabou de envolver a compra pregúntalle sempre tan amable:
- ¿Non lle fará falta algo máis a súa dona?
El mira ó redor da tenda en cando pousa a vista nunha caixa con roupa interior aluméanlle unhas chispiñas dentro dos ollos e contesta cheo de esperanza:
-Bueno, agora que o penso ben, non lle viría mal un sostén novo… pero, eso sí…. vai a ter que axudarme tamén ca historia da talla….

Deséxovos a todol@s forer@s de Barxa moi boas festas e un fabuloso ano novo. ... (ver texto completo)
De mozo, el andaba un día a gardar as vacas nun prado perto do río Asureira.
A Garbosa érache unha novela mansiña, cunha mirada limpa e penetrante. El ollaba pra ela, garimoso; e ela mantíñalle a ollada, mentras andaba a remoer as herbas frescas daquela fresca riveira.
--Garbosa, carallo: que boa estás!
Ela, veña remoer, allea aos pensamentos xa casi lascivos do seminarista.
--Carallo, Garbosiña, que xeitosiña eres!
Botoulle man aos cornos, colocouna de cu contra a parede do prado, e el encaramouse ... (ver texto completo)
¡Home vai, semellantes proezas acrobáticas naide llas apuña! Anque nesta, o nome de milagreira perténcelle á Garbosa sin dúbida algunha.
Para os amigos virtuais das portelas.
Amiga Gel e demais foreir@s das portelas e frieiras: Na semana santa tiven a oportunidade de visitar as frieiras e Lubian, que xa facia tempo que non estaba no pobo, aunque a Madrí vou con relativa frecuencia, e a Barxa cada 15 dias. En Lubian so parei coa compañeira a tomar unha cervexa no bar que está na rua Manuel Fabrega Coello, antiga estrada de Madrí a esquerda indo direción castela, foi o sabado 23, por certo tomando a cervexa apareceo un home nun renault ... (ver texto completo)
Barxes, xa vexo que na Semana Santa ficestes turismo pola zona. ¡Qué envexa! Pra min estas fechas son poucos días e muta á distancia.
O que máis me gusta da residencia da Mezquita e que alí atopas residentes procedentes de todo o contorno. Ó mellor, algún día dentro de múúúútos anos, seremos nós os residentes, e se chegamos alá teremos que formar unha sociedade de contacontos para amenizar os días da edade de platino.
A miña querida nai foi unha das primeiras residentes cando se abríu no 2004. ... (ver texto completo)
Se se trata do mesmo crego que eu penso, habería que engadir o que sigue:

Aquel mociño, unha vez cura, nunca precisou da "bacinilla". El enchía o depósito, sin derramar unha pinga, directamente coa súa mangueira, que che foi sempre moi milagreira.
Jaja, pois xa nos contarás algún deses milagres, que a miña fonte informativa non chegou a tanto.
Seguro que sentiche falar algunha vez dun famoso crego que houbo, xa fai moitos anos, polo noso contorno. Foi máis coñecido pola súa peculiar forma de proceder que polas obras propias da vocación. Segun decían, vírono mais dunha vez polas discotecas, en non estaba alí precisamente en función do seu cargo. Pero unha cousa sí a tiña: o home sempre cumpría ca sua palabra.
Non fai moito escoitei unha historia relacionada cuesta virtude del, que segundo parece foi a que ó levou ó seminario.
Daquela, ... (ver texto completo)
Uuuuyyyyy! A algún faille falta moito azucre…Pero neste mundo, como en botica, ten que haber de todo. Hai xente que é loada e admirada polos demais, e hai xente que se loa a si misma. ¡Algo votarán en falta!
Saber respetar a pluralidade de ideas, é o que nos enriquece como persoas.
Por eso a min as veces o ler certos textos levántaseme espontaneamente unha cella. Non me rima que alguén se autocalifique de “verdaderos demócratas y caballeros educados” e se sinta autoridade pra tirarlle a outro “de las orejas” por ter opinións diferentes. Polos seus feitos os coñecereis..... eche unha gran verdade. Saúdos. ... (ver texto completo)
Hay mutos anos, nun pobo mais acá de mais alá das portelas, había un crego, que por a edade mais os achaques propios dela xa estaría millor disfrutando dun ben merecido retiro. Pero non sei se era por decisión propia ou polo feito de ter o cargo vitalicio, o caso é que seguía con muta dedicación o pé do canón.
O sacristán, tamén xa maduriño, ainda tiña a mente muy clara e, como levaba casi toda a vida desempeñando iste oficio, sabía toda-las lecturas de memoria. Cando o crego predicaba, apostábase detrás del, atento os patinazos que de cando en vez daba, e si a ocasión se presentaba dáballe disimuladamente co cóbalo, mentras entre dentes intentaba salvar-lle a prédica.
Un domingo na homilía o crego decía: “Naqueles tempos, San Xosé o enterarse que Herodes quería matar o Neno, colleu o avión pra fuxir….”
O sacristán arrímase, golpe de cóbalo disimulado, e dille: “Señor cura, naqueles tempos non había avións”.
O crego mira o sacristán de reollo e dice: “ ¿logo quen carallo me dixo a min que Poncio era piloto?” ... (ver texto completo)
Nun pobo portugués preto da raia, un crego recién salido do seminario, co entusiasmo ainda fresco e recién estrenado, puña tal brío nos sermóns que parecía que os vivía realmente.
Un Xoves Santo, o crego apuntaba co dedo índice pro medio da igrexa chea de fregueses e decía:
- ¡Por nos o crucificaron!, ¡Por nos morreu! ¡Os nosos pecados o mataron!......
Na primeira fila, sitio fixo de tres beatas, estas vivian o sermón tan intensamente coma o curiña e a medida que él subía a voz as beatas pasaron ... (ver texto completo)
Xa me imaxino que haberá quen pense que meto os fociños onde non me chaman, pero cómo considero veciños a todos os do contorno (tamén os curmáns de Portugal), tómome a liberdade de facer un comentario.
Non creo que nun foro coma este, no século vinteún, sexa correcto que un individuo diga o que se debe ou non debe por, sobretodo tratándose de chistes. Si non gustan non se len e xa está. Contar chistes de santos e curas e tan usado entre nos como contalos de galegos ou de portugueses. E algo que ... (ver texto completo)