OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

BARXA: Barxes, xa vexo que na Semana Santa ficestes turismo...

Para os amigos virtuais das portelas.
Amiga Gel e demais foreir@s das portelas e frieiras: Na semana santa tiven a oportunidade de visitar as frieiras e Lubian, que xa facia tempo que non estaba no pobo, aunque a Madrí vou con relativa frecuencia, e a Barxa cada 15 dias. En Lubian so parei coa compañeira a tomar unha cervexa no bar que está na rua Manuel Fabrega Coello, antiga estrada de Madrí a esquerda indo direción castela, foi o sabado 23, por certo tomando a cervexa apareceo un home nun renault koleo, que mirando fotos do foro pareciase o Piño.
Tamen visitei Aniceto veciño de Barxa que está na residencia de ancians da Mezquita, estaba cun tal "Larocas"do Pereiro, o cual me informou de parte das boas xentes destes foros, e dos seos lugares de traballo. O Anniceto era cando estaba en Barxa o que mais contos de cregos nos contaba, e os sigue contando os comp@ñeiros, e o persoal de sevizo na residencia, me repetío un que eu tiña medio esquencido.
Habia un crego nun pobo das frieiras do cal non da nombre, que todolos anos na cuaresma ia por os pobos que non tiñan crego a facer as confesións, na quel tempo comfesabase toda xente, pero nun dos pobos que foi un home que se chamaba Juan non se quixo confesar, enton foron a sua casa a preguntarlle porque non se confesaba respostoulle que sabia dun pecado tan grande, mais grande cos veniais, mortais é co grave sacrilexio, que é o pecado mais grande que hai, recollido no catecismo, pois o pecado que el sabia tiña que confesarllo a Dios directamente senon Dios non o perdonaria. Despois de tanta insistencia por parte de Juan, o crego dixolle bueno pois chamarei o ceo pra que baixe Dios a confesarte, xa marcaremos dia e hora, enton o crego falou co sacristan, e dixolle teis que poñer unha peluca grande e barba postiza e pois unhas capas brancas das que eu teño na sacristia, teis que quedar igual que se foras o mismo Cristo, e o sabado avisamos as 22h pra que vai a igrexa e asi o fixeron, avisaron o Juan dixeronlle que se presentara as dez que o recibia Cristo que aporta da igrexa estaria cerrada pero non pechada que estaria no altar coa luz dunhas velas, asi foi chegou Juan abrio a porta e dixo "ave maria purisima" contestoulle Crito sin pecado concevida "aver Juan hijo mio que pecado tan grande sabes para que tuviera que bajar yo del cielo a confesarte"responde Juan mire mismamente a usted Dios mio me da verguenza contarselo "cuenta hijo cuenta"escuche el sacerdote se esta tirando la mujer del sacristan, o sacristan leba as mans a cabeza e di "nunca endexamais pensei verme nisto pra saber que era cornudo tive que disfrazarme de Cristo

Barxes, xa vexo que na Semana Santa ficestes turismo pola zona. ¡Qué envexa! Pra min estas fechas son poucos días e muta á distancia.
O que máis me gusta da residencia da Mezquita e que alí atopas residentes procedentes de todo o contorno. Ó mellor, algún día dentro de múúúútos anos, seremos nós os residentes, e se chegamos alá teremos que formar unha sociedade de contacontos para amenizar os días da edade de platino.
A miña querida nai foi unha das primeiras residentes cando se abríu no 2004. Por eso teño mutos bos, e tamén menos bos, recordos da residencia. Volvendo á miña nai, sempre fumos, ademáis de nai e filla, grandes amigas e tiven a sorte de compartir con ela esa complicidade que fai entender á xente só cunha mirada. Tanto rimos xuntas que ó perchar os ollos ainda repenica en min o son tan agradable daquelas risadas. Moitas veces lle demos unha visión humorística á realidade cando me contaba anécdotas do día a día da residencia, que dito sea de paso, tamén se pasan momentos ben tristes e todo momneto é bo para arrancarlle á xente un sorriso.
Había daquela unha residente solteirona, que cada vez que tiña ocasión, sin que naide lle preguntara, deixaba ben clara a razón pola que nunca casara. Anque estivera sola, era frecuente oirlle decir: “Non quero homes, nin quero saber nada dos homes”. E que non se lle acercara ningún, que entón armábase a danza dos sete velos. Contábame miña nai que unha noite se despertou o sentir unha grande revolta nunha habitación. Asustada saíu o pasillo e sentíu que os gritos proviñan da habitación da solteirona. “ ¡Un home, meteuse aiquí un home, votadeo fora…!” berreaba a pleno pulmón.
O día seguinte, miña nai foi a interesarse polo seu estado emocional, e díxolle:
- ¡Un home na habitación, muller, que susto debiche pasar! O primeiro que tivo que vírsete á mente sería que te quería violar… ¿ou non?
Ela respóndelle aspirando e soltando un xemido:
-Bueno…, despois de todo, iso sería o de menos. ¡Eu o medo que tiña era que viña a facerme algunha cousa mala!