BARXA: Cara? Bastante non é sinónimo de suficiente, senon...

Dous cregos moi amigos foron a merendar unha tarde de verán á sombra dos bidueiros que abundaban á beira do río. Antes de comer decidiron darse un baño para refrescarse, pois estaban moi sudorosos polas arduas tarefas que tiñan encomendadas. Eran tempos nos que os crentes mailos medio-crentes ainda pululaban dabondo.
Os rapaces daquela, mesmo se divertían con calquera cousa anque non tivera chips nin bits nin megas. Ó albiscar ós cregos na auga, o montón de roupa á sombra das árbores e a carón dela a bolsa da merenda, os rapaces fóronse achegando amodiño. Nun santiamén deron boa conta dos dous anacos de pantrigo e sendos chourizos que atoparon dentro. Ao rematar, meteron na bolsa os panos nos que estiveran envoltos aqueles manxares e contendo a risa escondéronlle a ropupa aos homes nun muiño que había á beira do camiño.
Cando os cregos saíron da auga atopáronse espidos en sin merenda. Para taparse tan só dispoñían dos panos de cuadros que lle deixaran na bolsa.
O da nosa parroquia colleu o pano e tapou a súa dotación. O forasteiro votouno pola testa.
-E ti por que non tapas a entreperna?
-Home, ti si. Pero a min nesta parroquia só me coñecen pola cara.

Destinguida Señora: Bastante cara es la que tiene usted, por el amor de Dios.

Cara? Bastante non é sinónimo de suficiente, senon cumpriríame tapala con un mantelo. Pero non é o caso.
Eu non critico as crencias de ninguén. Quen queira comulgar con rodas de muiño, adiante. Pero tampouco hai que meter a cabeza na terra. Ata polas veas da nosa admirada Rosalía corría sangue clerical.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Aprezada Xel, creo que debes perdoar o Pachi, pois nahún é mal gaxo o que pasa que nahún le gosta nin contar coisas de curas, nin oirlas, agora como tú béin dices ata Rosa Linda le gostaba o Carnaval.

Unha aperta.


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, autónomos y empresas
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España