BARXA: Prezad@s Gel, Inda Cho Sei, Zé e Camba, adicovos esta...

Prezad@s Gel, Inda Cho Sei, Zé e Camba, adicovos esta foto con cariño, non para darvos envexa, xa que os cogumelos son de tempada, pero o xamon e o viño son de todo o ano, que xunto con algunhas cousas mais estaran o voso dispor cando vos gusteis, ainda que o viño de momento ten que facerse pois está mazado segun os vellos, que saben desto muito.
Decirvos que os niscalos foro collidos nas Carvallas nuns piñeirais cerca da casa do Zé quen por certo ten uns viciños mui amables que me mandaron cumprimentos pra el, aporveito pra mandarllos atraveso deste medio
Mandovos un forte abrazo a todos.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Barxés, poslle a cousa complicada aos que están a dieta. Os manxares da foto non poden pintar millor.
Eu deime un paseo polos montes do Pereiro coa ilusión de atopar algún cocomelo, pero quedeime coas ganas, inda era moi cedo.
Ahora que estarei máis tempo pola contorna, para a próxima non deixaremos de visitarte.
Amigo Barxes: A foto é digna de bón tema pra un Bodegón. Sí que me deches envexa, pero sana envexa.
O xamón, ten boa pinta, e veise que eres xeitoso pra cortalo. Xa sabes o que se dice:
Un xamón ben cortado, é un xamón aproveitado; e un xamón mal cortado, é un xamón estropeado. Claro que o coitelo debe estar ben afilado.

Gracias por a invitación.

Un abrazo