Éste seica pasará a censura ¿ou non?
O mestre na clase:
-Oxe vamos a aprender a restar con calculadoras.
Os alumnos en coro:
-Beeeen, beeeen…
O mestre:
-Pedriño, vamos a ver, se teño cinco calculadoras e te dou a ti dúas, ¿cantas me quedan?
Xosé, uns días sin entrar no foro e mira con qué noticia me atopo! Sinto muito o ocurrido a Yolanda. Calificándoa de Superwoman quédaste curto. É admirable a valentía que amosou como tamén é normal que curar as secuelas psicolóxicas que deixa unha experiencia tan horrible leve o seu tempo. É moi triste que haxa seres tan despreciables que non tein respeto por nada nin por naide. Esta é por desgracia unha parte da realidade que nos toca vivir.
Mutos ánimos para Yolanda, que se recupere pronto física- ... (ver texto completo)
Mikel, que evolucione a recuperáción e que Lito te siga coidando así de ben.
Apertas
O tío Horacio era un home de peso, de moitas terras e moi traballador. As terras foron de sempre a súa mor paixón. Eran ó que máis quería. Ahora xa de vello, cada vez que se paseaba agarrado ó caxato polo que ainda era seu, puña a man a modo de visera para mirar ao derredor e caíalle a alma ós pes o velas de monte e sin ter a ninguén que botara man delas.
Cando un fururo empresario lle comentou que andaba á procura dunha terra non dubidou en ofrecerlle unha das del. Prefería vendela que vela abandonada; ... (ver texto completo)
Bonita flor, Mikel. Co teu permiso, vóuvola adicar a todolos forer@s que a queiran apreciar.
Hoxe fai 175 anos do nacemento de Rosalía de Castro. A Asociación de Escritores en Lingua Galega anima a regalar un libro en galego mais unha flor para celebrar este día.
O último que lin de Rosalía foi hai uns días o "Conto Galego". Non vo-lo vou a regalar, pódese atopar na Biblioteca Virtual Galega. Inda non tiven tempo de pensar detidamente qué penso do seu contido.
E para homenaxear a Rosalía nada ... (ver texto completo)
Menos male Gel, ahora doume conta, pois onte dixome un de Irán, a voçe quein ô mandou pra aquí foi un paisano teo,-eu nahún daba credito, más claro ô ver a tua mensaxe comprendi un bocadito,él decía ê dun sitio que din frieiras, Alá,-eu le explicaba que viñera co padre José ô fillo do Ruiz Matos y ô meu xefe, más él so facía que decir gracias a Alá que ê das Frieiras, xegou a mala ca.
Unha aperta.
Ze, alégrome que o calor brasileiro non te afecte o teu particular enxeño.
Se son certos os rumores que corren de que en España fan falta máis funcionarios para combatir a economía sumerxida... non acabedes con todo o xabón aí no Brasil que eiquí a máis dun faralle boa falta para lavar as calzas.
Mirade o que me contaron fai pouco:
Un das frieiras moi conocido porque se comporta como se lle faltara unha fervedura, últimamente anda un chisco desbocado e a muller mandouno ao psicólogo.
-A ver, cónteme como comenzou o seu problema.
-Pois mire, doutor -di o noso amigo, como de costume, mou ufano -todo empezou cando EU creei o mundo e....
Saudiños
No foro da Vilavella temos, entre outras, unha bonita conversación sobre cómo se cargaba o carro. A mín deume por aportar tamén a miña vivencia, pero, dado que o carro cargábao no Pereiro, parecéme que dito mensaxe debe estar tamén aiquí, no foro do Pereiro, como homenaxe a quen me enseñou: meu pai que no ceo esté. Por tanto, transcribo eiquí o mensaxe posto por mín no foro da Vilavella en Fecha: 03/02/2012, Hora: 22:41
------------------------------ ----------
Respuesta al mensaje, enviado el ... (ver texto completo)
Claro que si, Candil, onde millor que no foro do Pereiro para facerlle esa pequena homenaxe ó teu mestre en cargar carros e tantas outras cousas que te ensinou na vida. Gracias por compartir estes bonitos recordos con nos. ¡Xa me gustaría verte cargando o carro!
As miñas aportacións á recollida da herba resúmense en quitarlle as moscas ás vacas de cando en vez e, sobretodo, adicarme a coller saltóns, como testemuñan unhas fotos que subín fai tempo.
Un aplauso tamén pola túa defensa dos funcionarios ... (ver texto completo)
E logo ti aínda non viche a película "Sempre Xonxa"?. A min paréceme encantadora. Ven unha escena con ese conto. E resulta que o boi da aldea levábao o crego, para máis inri. Merece a pena vela.
Eu este conto hai anos que o lin nun libro de Ramón J. Sender, "La tesis de Nancy" ou "Nancy doctora en gitanería", non lembro en cal deles. ¿Onde nacería o orixinal?
Unha maravilla de flores, están preciosas estas camelias. E os rosales tamén, da gusto miralos. Saúdos
Amigo Mikel, en la última visita al neurólogo para comentar la "polineuropatía" que padezco desde hace años, y a la vista de que no me han recetado nunca ni una puñetera aspirina para aliviar (no digo curar, porque esto no tiene cura), los efectos de esta jo... ¡piiii! neuropatía, ha tenido a bien recetarme veinte sesiones de rehabilitación. ¡Toma yá!. Y aquí me tienes todas las mañanas. metiendo las manos tres veces en agua caliente con parafina (¿porqué me recuerda el pulpo "a feira"?); luego quince ... (ver texto completo)
Xosé, bonitos relatos, como sempre, graciñas.
En cuanto ás rehabilitadoras, non están para velas, non, de feito están para axudar a rehabilitar a quen necesite rehabilitación... jaja. E ó fin e ó cabo, ¿qué máis dá? Se a doenza provoca falta de sensibilidade, anque se vos "escape" unha man disimuladamente, a desilusión será máis pequena.
Mírao do lado positivo, uns bíceps ben (re) modelados, ahora que a primavera está á porta, á túa muller vanlle gustar. Saúdiños.
ya ves gel que tus deseos son ordenes
los foraneos te obedecemos y vamos con chascarrillos pero
los forer@s del pueblo no sueltan prenda
Mikel, non digas eso, que neste foro non hai forasteiros. En canto a os que só len en non escriben qué queres que te diga, será verdai eso de "xente do Pereiro....." jaja. En fin, que cada un é cada un e cada seis media docena. Apertas.
Non poñades os dentes de punta pero estaban moi bos (ou bois) como bos queirades.
Barxés, ¡qué mala uva tes! Á foto sólo lle falta soltar ese delicioso recendo a fungo recién chegado do monte para boatarlle a man e probalos. Xa me resarcirei con creces en canto teña ocasión. Apertiñas.
Na miña casa había unha variante a cerca da fustaxe. Recordo que miña abuela dicíame, mira que fustras levas coa faldra fora.
Fustaxe, fustras... lévame a palabra "palafustrán" que miña nai usaba cando se refería a alguén desaliñado ou con pouco espírito.
teresa, pensabamos ir este fin de semana pero con eso de las nevadas y del plan de frio q nos presentan, nos quedamos aqui, aunque seria bonito estar en pereiro con un monton de nieve,,, pero el problema es el viaje de vuelta,, que teniendo buen tiempo es pesado pero con mal tiempo..
la fuente intentaremos buscarla para darle un poco de aventura,, y si no la encontramos preguntaremos.. por cierto pregunta q la he realizado antes pero no contestan? cuando celebran en mezquita carnavales? jueves, ... (ver texto completo)
Mikel, Xosé, ¿onde se quedou atascada aquela promesa de anécdotas? Seguimos esperando...........
Piño, como ben dice a Gel non deixes de visitar Galicia so por non falar ou escribir o galego que si por eso fora nos terían que prender a todos ademais a calquer proviencia ou Pueblo que baias se falará de forma distinta polo tanto tú tranquilo porque o mior e que cada un fale, escriba como sabe e porque non como o falamos sempre e o que nos enseñaron toda a vida o fin ¿cal e o autentico galego? eu diría que o que cada un de nos aprendimos desde pequenos. Me atrebo a decir que o oficial está bastante ... (ver texto completo)
Moi ben dito, Pepita. Saudiños.
Velaí outra palabriña nosa que non vexo nos diccionarios, nin xiquera no noso particular de Cortés: FUSTAXE.
"Pero qué fustaxe levas!" Esta expresión refírese a que non vas ben vestido, ou que andas enlarafuzado ou embulleirado, ou cheo de fariña,... Refírese á mala pinta que levas.
"Non fagas fustaxes". Así lle decía Lola ao Filipín cando facía "muecas", como torce-los fociños, ou xestos esaxerados.
¿Tamén se diría esta palabra fóra de Lubián?
Outra palabra máis que aprendo, fustaxe. No Pereiro nunca a oín. Miña nai usaba a palabra zapaldrán para referirse a persoa que andaba pouco arreglada ou cas faldras fora.
Ás cacaforras nos chamámoslle casi igual, cacaborras. Tamén se usa para referirse as persoas que están con frecuencia doentes.
Gel, Efectivamente cibaco, así lle decimos en Lubián o alimento que levan os paxáros no pico as crias cuando están no nido.
Eu xa ando con cuidado de non meterme no interior de Galicia, teño medo que si me pillan os da Real Academia Da Lengua Galega por ourense, me metan na cadea, asi o salir seguro que me expresaría millor en esta lengua. ¡Por As Portelas mal será!
Piño, se os da Real Academia te encerran a tí, terían que encerrarmos a inmensa maioría dos galego-falantes e non creo fora moi rentable. Por outra banda, non me pareces dos que se amilanan por tan pouca cousa e deixes de ir a Galicia a disfrutar dunha boa mariscada. Eu pola miña parte aprendín unha palabra galega nova: civaco. Graciñas.
gel eu recordo coller cadavos na fonte do xan luis habia bastantes bueno imaxinome que sabedes onde e era, tiña unha auga moi boa que ibamos a vuscala pra comer.
Pili, ¿qué tal os ánimos?
Esa fonte da que falas tes que decirme onde está, por ese nome non se me fai coñecida. Creo que no Pereiro, fontes, en cada curro hai unha. Saúdos.
Si señor, os pobres cadávos que están casi sin cabeza, ¡teñen que mui intelixentes.!
Sendo nenos pequenos, estaba eu a porta de casa cuando pasan Daniel pai ó Daniel neno, máis unha parexa de vacas, iban arar, me dice o Daniel pequeno queres vir con nos, eu o ser meu amigo, feliz me vou con eles.
Vamos o Cayo Carro mui cerca do pueblo, mentras seu padre araba nos baixamos a unha poza que habia no prado do Pepe, nos liamos a xogar cos cádavos que mencionáis, de pronto atopamos un par de salamandras ... (ver texto completo)
Tamén recordo as salamandras, éstas no Pereiro, o meter o bote no pozo entre os lumiacos as veces tamén se "pescaba" algunha das negras. Miña nai xa me tiña ben avisada de non tocalas. Camiño do xogo dos bolos había unha fonte e alí recordo velas con pintas amarillas. Desde logo son preciosas, pero metelas na boca, Piño,... menos mal que todo quedou nun susto.
Esa palabra que usas, "civaco" ¿é o que levan os paxaros no pico para as crias, que nos lle chamanos "ceballo"? Saúdos.
En Vilavella chamábanse LUMIACOS, por certo, sempre había mutos no pozo que estaba cerca da casa de teus primos (e da miña),ó pé do forno.
Un saludo.
Gracias, Ballesteros, por refrescarme a memoria. Ahí precisamente nese pozo me recordo de collelos. ¡Que bonitos recordos teño dese tempo nese rincón da Vilavella e da súa xente en xeral!
No Pereiro chamámoslle lumiacos a esas algas que tamén proliferan nas fontes.
Cágados creo que é o nome mais usado no resto dos pobos, claro que como se esquezan do acento..... Apertiñas
Boa lección Gel; Eu tamén aprendin a non presumir do que non somos. A propósito aunque o sospecho ¿que son os cádavos?. Saudos. Xosé.
Cádavos son o que en castellano se chaman renacuajos. Así é como lle chamamos no Pereiro, pero en cada pobo téñenlle distinto nome. Eu iba de pequena moito pola Vilavella e os meus primos chamábanlle doutra maneira, que neste intre non chego a lembrar. Saúdos.
De todas formas Gel, aunque dejé la pesca por esos y otros motivos, yo seguía llegando a casa los dias salientes de guardía con mi quiñón de pescado, con lo que me hice pescador famoso entre la familia, y famoso cliente entre las pescantinas de la lonja. Claro que puesto que a rizar el rizo un dia llegué a casa con un par de rodaballos "recien pescados" y no les quité la etiqueta de "made in Galicia" que llevaban colgando. No sirvieron las explicaciones de que habian cruzado el Estrecho, y llevaban ... (ver texto completo)
Non entendo moito de pesca, pero teño oído que é un recurso usado con frecuencia eso de pasar pola lonxa, pero... non quitarlle o DNI os rodaballos, Xosé, eso xa é un despiste que non se pode facer dúas veces...
Miña nai ía as veces a lavar o regueiro da Ponte do Charro. Eu adicábame a facer pozas na area e a "pescar" cádavos. Un día tive sorte e enchín a poza. Fumos a comer á casa ao mediodía e cando volvimos a auga da poza filtrárase pola area e os bichiños estaban todos panza arriba. ¡Coitadiños, ... (ver texto completo)
pues si gel mi primer parto fue en el hospital santa cristiana en madrid, yo 18 añitos de hace 40 me encuentro en un paritorio con una sra despendolada y afeitada (entonces se afeitaban) y me dice el ginecologo (dr. caballero) junta el 2º y3 dedo y dime plano.... ufff yo en aquella epoca excarceos con la novia.. pero de dedos naaaa.. y claro le dije mal la situacion del feto... de ahi llega el parto y mikel redondo al suelo... pero lo pase.. esta es la primera pero hay mass un bico
Mikel, despois de 40 anos ben seguro que xa tes todo baixo control en non haberá parto que se te resista.
Xosé, ¿cómo te foi a parar o anzuelo na cabeza? ¿Ficecheo tu soíño ou metiche a cabeza onde non debías? Saúdos para os dous.
bueno abuelete yo tb hace años llevo canas... pero tu eres unb abueleta encantador con esos nietos tan preciosos y deseados... lo del temporal pues yo he embarcado 4 veces,, bcn -- baleares.. en el barquito de mi hermano (sirauna) q salimos de getaria y en media hora en puerto otra vez con nun mareo q el cemento del puerto lo veia por la cabeza.. y otra vez con un marinel jubilado de mutriku q fuimas a txipirones (yo no persaque ninguno) pero nos entro una galerna y menos mal q el era un veterano ... (ver texto completo)
Venga, venga, a animarse e contar anécdotas! Mikel, tu a primeira que tes que contar é a do teu primer parto, que me diexache moi intrigada... apertas
Barxes, este cartel pódese ver a veira dun río da provincia, non é o de Barxa, pero unha troitiña desta medida daría ben para facer unha boa merenda ja ja.
Saúdos.
Estoy por aquí, lo que pasa es que estais todos disparados, y no puedo meter baza. Un abrazo a tod@s. Xose.
Vaia, xa me andaba preguntando eu tamén qué sería do fillo da señora Carmen. Alegróme que estés ben, en que non te olvidaras de nos. Saúdos.
A min tamen me pasou o mismo ca ti Piño, coa palabra pocillo e con mutas outras. Pero os castellano falantes que les parecia rara esta palabra non dominaban o idioma tan ben coma eles pensaban.
.
REAL ACADEMIA DE LA LENGUA ESPAÑOLA
pocillo.
(Del lat. pocillum).
1. m. Tinaja o vasija empotrada en la tierra para recoger un líquido, como el aceite y vino en los molinos y lagares.
2. m. Vasija pequeña de loza, como la del chocolate
E en galego: ... (ver texto completo)
Carmina, únome o club do pocillo. A min pasoume o mesmo cuesta palabriña e resulta que tamén é castellana... ¡xa me desquitarei!
Eu de pequena quedábame embelesada escoitando falar o tío Francisco de Padornelo.
Estes episodios degraciados suceden, maiormente, por duas razós:
A primeira; por ignorncia, ou, pra ser mais suave, por descoñecemento de outras palabras que dicen o mesmo (sinónimos).
A segunda;é unha flagrante falta de educación. Aquelas personas que se reíron de tí, tiñan tres problemas: a mais do dous reseñados, perderon unha boa oportunidade de "aprender"algunha palabra mais, tan nosa como outra cualquera; eu, toda a vida oí chamarlle vacoriños (ou vacuriños) a os porcos recién nacidos.
Lembro unha conversa xa fai moitos anos. Tiña eu daquela amistades nun pobo da provincia veciña castellana, e decía un que certa palabra a usaban no pobo de ó lado (tamén castellano) porque "non falaban ben o galego".
Vamos a ser francos, a auga clara io chocolate espeso. Rirse ó oír unha palabra descoñecida é unha reacción humana tanto acá como alá das Portelas. Eu non creo que teña nada que ver o haber mamado o galego nos lindeiros ou galicia adentro. As palabras descoñecidas asociámolas co primeiro ... (ver texto completo)
sou Kin o fillo do cacheiro, a toli non foy o grupo a Mezquita. Que escola era? un abrazo
Saúdos Kin, fillo do Cacheiro. Tamén un forte abrazo para Ludi.
de la casa de las marujas ya solo queda la explanada.. pero gel cuando vengas a pereiro podras tomar un cafe en el escano de las marujas,,, q ya esta reformado despues de mucho trabajo en nuestra casa.... o sea q animate,,,
un bico
Xa teño ganas de tomar ese café no escano das Marujas e recordar tempos bonitos todos xuntos. Unha aperta.
tere " uja" maruja era un encanto de mujer sin lugar a dudas.. pero era barja y esa familia como te cuento en face tiene algo por ahi mal de ojo.. fario.. no se que es.. pero las desgracias van encadenadas,, los mayores se fueron con logica y con edad pero sus primas (feliz y nela) con veintitantos, manoli hija de carmen con 11 maruja con cuarenta y pocos y ahora esto... creo q ahi q buscar alguien o algo q proteja a la familia
Mikel, as cousas pasan porque sí, e non se lle pode dar máis voltas.
Toda esta familia para min é como si fora propia. A tía María Corvina e miña nai (DEP as dúas) levábanse como irmás e os fillos criámonos todos xuntos alí no cima da aldea. Para mín a Rosa máis a Uja foron as miñas compañeiras de xogos infantiles, e levo recordos delas deses que nunca se olvidan por muto que pasen os anos. A Uja (María) era tan boa que non pode estar máis que en bo sitio, protexendo os seus fillos, e ben seguro ... (ver texto completo)
Gel non lle des mais voltas, por favor, que non paga a pena, o meu comentario era un guiño, dito en tono de broma. Foi, fai tempo, no foro da Vilavella e tu falabas de duas mulleres que tiñan problemas de vocabulario dicindo que ocurrira na Gudiña, pero non decias que "as pavas" foran da Gudiña, podían ser incluso de Vilavella, ja, ja. Unha aperta
Vaia, xa caín. Mea culpa, mea culpa. Aquelo foi un feito real e relateino tal como e onde sucedeu. Desde logo que foi unha falta de consideración por a miña parte nomear o pobo, ou hasta contar o conto quizais, pero é sempre sen intención de descalificar a ninguén. As señoras non eran da Gudiña, obviamente ahora non direi de dónde, ja, ja... por si acaso. Apertas
Ola Gel un saudo da miña parte para ti tamén, a pesar de que, como dices, e a primeira vez que participas no foro da Gudiña, teño leido as tuas mensaxes en outros foros, principalmente no da Vilavella e vexo que temos varias cousas en común ou polo menos dúas, o amor a nosa lingua nai e formar parte dos galegos da diáspora. Hay tamén algún dos teus comentarios nos que non queda muy ben parada a xente da Gudiña, penso en particular aquel da que decía "analfabeto", este último comentario fago en clave ... (ver texto completo)
Picarel, podes creerme, levo bo rato exprimindo os miolos e non logro lembrar o escrito ó que te refieres. Dime por favor cando e en qué foro o puxen. Eu as veces leo as mensaxes despois de postas e doume conta de que se poiden interpretar de xeito distinto ao que un desexa. O que si te podo asegurar é que nunca utilizaría esa palabra de maneira deliberada para referirme aos da Gudiña nin aos de ningún outro pobo, por suposto. As bromas io respecto deber de ir ó par.
Alégrame que teñamos cousas ... (ver texto completo)
Como siempre yo soy la de las malas noticias. Hoy se le quemo la casa de los nietos de Corbina. Los hijos de Maria q. e. d y de Jose luis. Lo siento mucho O Candil, tus sobrinos, y a lo mejor no sabes aún nada y yo soy la que te amargo la tarde, pero tarde o temprano te vas a enterar. en principio parece que le ardio todo, aunque yo espero que al menos objetos personales y sobretodo recuerdos pudieran salvar algunos. La verdad es que una tragedia para estos chichos que yo aunque los conozco poco, ... (ver texto completo)
¡Qué mala noticia, Pura! Cuánto ó sinto, polos dous chavales que sí, por certo son moi boas persoas, como toda a familia. Si non houbo que lamentar daños personais xa é moito. Espero que se recuperen pronto deste mal trago. Unha aperta para O Candil e para toda toda a familia
gel eu no soy lito soy un suplantador... mikel y mi lengua materna es el euzkera... necesito algo sencillo para aprenderlo.. hace 30 años cuando apareci por pereiro no entendia na de na.. ahora al menos creo q entender lo entiendo.. y hablarlo pues no aunque me encanta soltar parrafadas cantarinas
Home, a estas alturas xa sei que non eres Lito, jaja, trabuqueime qué queres, pero eu dirixíame tí, Mikel, que sigas soltando esas parrafadas cantarinas que te quedan moi ben.... apertas (tamén para Lito)
Gel a mi tambien me encanta poder comunicarme contigo eres la hija de Clementina QDP verdad? tu continuas en Holanda? me encanta tener noticias de la gente del pueblo asi que continuaremos comunicandonos, perdoname pero no se escribir en gallego que vergüenza pero en mis tiempos no nos enseñaron, a ver si tengo corage y me pongo a ello.
Bueno O Candil yo tampoco sé quien eres, me fui de España en el 67 asi que seguro que tu no habias nacido, soy hija de Amador hermana del Manolo que està en Verin ... (ver texto completo)
Prezada Belsita, claro que son a filla da Clementina e sigo en Holanda. A min tamén me encanta comunicarme coa xente do pobo, non me importa en qué lingua, cada cual na que poida ou queira. Eu a ti creo que fará dous anos que te vin no don Pepe, xunto ao Manolo máis a Toñita. Eu estaba cos meus irmáns e as nosas familias.
Lito, o teu galego e precioso, tu sigue practicando que o vas a conseguir.
Un abrazo.
Gel Graciñas. Me gusta moito como te expresas nos teus mensaxes, sempre que podo os leo, referente a tua opinión sobre os mensaxes dos demáis foreir@s, que che vou decir, das moitos ánimos ¡eres un cielo de muller.! O do corruncho do mundo mundial, tamén me fai gracia.
Que pasedes todos un feliz día, e non vos olvidéis de tomar un cafetiño a media mañá, que eso levanta os ánimos, a seguir luchando, non queda outra.
Uff! Gracias a ti máis a Inda pola vosa amabilidade. Gloria, ceo.... seguro que é polo tema da miña descripción das vistas do colexio, digo eu, pola relación coa gloria eterna, o paso á morada celestial...
Amigo Barxes, a túa mensaxe abre un bo tema de debate, non coñezo o tal Isaac, perdoa a miña ignorancia, i o non coñecelo sinto a súa morte como sinto a morte de calquer ser humano, sexa galego ou filipino.
O que me produce un certo "picor" na mensaxe e a súa redacción. Non sei quen e o autor, se fuches ti ou outra persoa, en calquer caso o autor debe pertencer a esa clase de iluminados denominados "lusistas" que son xente que me perturban, eufemisticamente falando, polo sectario e sin sentido ... (ver texto completo)
Picarel, primeiro saudarte, xa que é a primeira vez que entro neste foro, pero teño que aplaudir esta túa mensaxe. Non podo estar máis de acordo co que escribes.
É unha falta de respecto para a nosa lingua o querer torcer (ou estancar) a súa evolución según lle veña en gana a un grupo concreto.
O galego foi avasallado fai séculos pola burguesía, pola dictadura mais tarde, ahora polos lusistas, os castellanistas.... pero esta lingua rebule e non hai quen poida con ela!
Imperdonable mencionar as chairas de Lubián é non facelo coa chaira da Veiga Forcado, si era a despensa do noso pueblo, mira que viñan carros de patatas e de millos de esa chaira, abundancia de auga, bon terreno, (cuatro fames quitou.)
Por outra parte famosa por a leyenda que comentan, parece ser, que en tempos bastante remotos, había unha moza no pueblo muy hermosa, chamaba a atención por toda a contorna por a sua belleza, tiña novio, ¡como non! bastante celoso por certo, hasta se celaba que cuando ... (ver texto completo)
Xenial Piño. Esta mensaxe faime lembrar con nostalxia aquel encanto peculiar que atopei neste foro que a min personalmente me cautivou e incitou fai tempo a participar nel.
Esta é unha opinión moi persoal, claro está. Quizais sexan as secuelas da miña pertenza á diáspora neste curruncho do mundo mundial.
Hola Belsita, alégrame saudarte neste foro e non deixes de amenizalo cas túas mensaxes. Tamén aproveito para desexarte a ti máis a túa familia un feliz ano.
Non sei porque o falar do Garapio vexo a imaxen, debe ser que es una ferramenta da familia da Espalladeira: Una cargaba los montones de esterco de las cortes y el otro hacia los montones de estiércol en las Leiras, la mayor parte se componía de bosta de vaca. Para los que no sepan que es la bosta;"es la leña de vaca"que aparte de calentar el cuerpo, comer mucho, dormir poco, había que dar mucha suela de zapato para alargar la vida manteniéndote ágil. Todo esto se termino porque decían que contaminaba ... (ver texto completo)
Eu sendo de O Pereiro, a palabra garapio escoiteilla a miña querida nai mutas veces. Sería porque ela era de Cepedelo, e este pobo está máis cerca de Lubián que a Gudiña. E se os da Gudiña van a pobos de A Coruña e lle chaman guincho ao que alí le chaman picaña.. xa me dirás...
Ó ser o galego tanto tempo unha lingua sin normativa, casi pode dicirse que, non en cada comarca, senon en cada pobo desenrolouse de xeito diferente.
Eu son da opinión que en todolos pobos se fala ben o galego, cada un ... (ver texto completo)
Muto ánimo para as dúas xunto coas vosas respectivas familias. Un abrazo.
quiero descargar un par de fotos y no me deja el sistema, las he comprimido y tampoco ¿sabeis si tiene algun problema?
Quizáis teñas que facer as fotos con unha resolución menor. Eu ás veces tamén teño problemas para subilas, pero ó comprimilas sí que as admite. Apertas
O camposanto de San Francisco en Ourense foi declarado Ben de Interés Cultural.
Alí descansan grandes personaxes da nosa cultura.
Fai tempo, estando eu en clase e según en qué local, mutas foron as veces que me perdín na inmensidade de cruces e figuras de mármore branco, viaxando no mundo fantástico de soños de futuro, ó mirar pola ventá en vez de atender a lección.
Desto hai xa mutos anos, e ainda non se podía ler alí o nomeado epitafio do ilustre Ben-Cho-Shey:
"O señor D. Xosé Ramón Fernández ... (ver texto completo)
Para todol@s forer@s deste bonito pobo vos desexo unhas felices festas e un venturoso 2012.
Seguro que coñecedes esa parella de xubilados que non perde unha feira no contorno das Frieiras.
Nesta última feira de Verín a dona estaba un pouco doente e como non puido ir encargoulle ó home unhas luvas, que co frío que vai andaba cuelas rotas.
Cando o home chega a mercería que hai na praza a mecar as luvas, a dependenta, unha rapaza nova, atenta e ben feita, pregúntalle de qué talla as quere.
El ponse a cavilar e o fin tivo que confesar que non o sabía.
-Non se preocupe –dille cun sorriso a rapaza- colla a miña man entre as súas e pense se é igual a man da súa muller.
-Oies, pois é verdade, a ver… a ver… eu penso que as dela… seránche un chisquiño máis grandes quizáis…
Escolleu o modelo e cando a rapaza acabou de envolver a compra pregúntalle sempre tan amable:
- ¿Non lle fará falta algo máis a súa dona?
El mira ó redor da tenda en cando pousa a vista nunha caixa con roupa interior aluméanlle unhas chispiñas dentro dos ollos e contesta cheo de esperanza:
-Bueno, agora que o penso ben, non lle viría mal un sostén novo… pero, eso sí…. vai a ter que axudarme tamén ca historia da talla….
Deséxovos a todol@s forer@s de Barxa moi boas festas e un fabuloso ano novo. ... (ver texto completo)
Eusebio foi sempre un home moi apacible. No pobo inda hoxe a hora de facer comparanzas é frecuente escoitar: "ten máis aguante que o Eusebio".
Estuvo casado ca tía Marcela. Serache verdai eso de que os polos opostos se atraen, porque ela era todo ó contraio, moi rexileira, sempre estaba rebulindo, mandando e xurdindo para non deixalo tranquilo.
Cando enviuvou púsolle de epitafio: "Miña amada Marcela, agora descansas e eu tamén".
Pero un bo día ó Eusebio chegoulle tamén a hora de pasar a, según dicen, millor vida.
O ateravesar a porta do ceo, ainda non acabara de mirar ó redor admirado da paz que alí se respiraba, cando de repende vei chegar a Marcela cos brazos abertos a darlle unha aperta ben preta.
-Por fin Eusebio da miña alma, canto desexei este momento.
O Eusebio púsolle as mans nos ombreiros e apartouna un chisco para mirarlle fixamente os ollos.
-Marcela -dixo con voz firme- o trato foi: "hasta que la muerte nos separe". ... (ver texto completo)
Tamén para ti, 25, felices festas mais un venturoso ano novo, e ademais de saúde, traballo.. e todas esas cousas boas que sempre queremos, deséxote tamén que conserves o bo humor e paciencia co teu xefe. Saúdos.
El bar del que hablas era de una tía de Milagros, la Xita. Ahí pasábamos los ratos libres en nuestra niñez. La Xita tan buena persona, siempre renegando con la rapazallada que allí se juntaba a pero nunca enfadada. ¡Qué paciencia!
El segundo apellido de mi abuela paterna también era Gallego, y creo haberle oído a mi padre alguna vez que eran familia lejana, asique aunque sea poco, algo emparentadas estamos. Apertas.