LUZ: 5 Cts/kWh 3.0 TD

LUBIAN: Amigo Barxes: O carro é moito carro, e son moitas as...

Amigo Inda: A exposicion, estaba o lado xusto da casa dos primos meus, algo lle queda dela, porque o resto marcharon rodando.... adornar chales en Canido, Nigran, Baiona e un polomenos marchou pra serra de Madri xunto con arados romanos, e un par deles xunto con duas charruas portuguesas adornan a estacion de servicios de Erosa, tamen tiñan xugos e todo tipo de farramentas pra labranza.
¿Como se lle chamaría en Lubian as partes do carro? que onda nós lle chamamos
chedeiro, que se compon das chedas, estadullos, estrado, coucons, treitoiras, chavellas, pinalla, ladreales, canizas e bios. E o rodeiro que ten o eixe, que ten as rodas compostas por o mion e as cambas, os aros e a espiga que e a parte do eixe que sai da roda pra fora.
Un saudo.

Amigo Barxes: O carro é moito carro, e son moitas as súas palabras. Un carro delas.
Está a EIXEDA ou AIXEDA. Toda dunha peza, desde a punta da CABEZOALLA ata os dous BRAZÓS da traseira.
Na cabezoalla están as CHAVELLAS, para suxetar a cabezoalla ao xugo co sobeo.

"Quíxente botar un polvo
na cabezoalla do carro
foise a chavella pra atrás
e esfolei todo o carallo"
(Jota cantada por un dúo de Ourense, na festa do pobo, adicada ao seu alcalde)

Por diante do ESTRADO está a CADENILLA, onde van as dúas ESTADULLETAS. O estrado está rematado por diante e por atrás polas dúas MESAS. Entre a mesa de adiante e a cadenilla, algúns carros levan un CAIXÓN, que sempre ten utilidade.
Se o carro leva BERBIOIS, leva tamén 4 ESTADULLOS, dous de cada lado. As pezas horizonais dos berbiois chámanse BARANDILLAS. Para os berbiois fan falta dúas SOLTAS cando se carga o carro: unha adiante e outra atrás, para que non abran os berbiois co peso.
Tamén pode levar ANGARILLAS ou ENGARILLAS para o esterco. Daquela, por diante leva unha CANIZA (e outra por atrás, se o esterco é moi miúdo). Coas engarillas tamén leva as soltas.
Pola parte de abaixo van os catro BIOS para amarra-la treixa.
Do rodeiro e do eixe (ou eixo) xa falarei outro día, que hoxe xa vai unha boa carrada de palabras.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
De todas estas palabriñas, eu sólo sei (ou recordo) algunhas: treixa, angarillas, estadullos, soltas, xugo, eixe, carro... as outras son como unha novedad pra mín. E non che quero decir pras miñas fillas, na vida as oiron, qué lástima. ¡Que non se perdan!
Practicamente os nomes da parte do carro son semellantes, amin esqenceram e as soltas e os berbiois, non sei se as do rodeiro seran iguais.
A difernza atopeina, nas angarillas, que nos angarillas chamamoslle, as que se lle poñen os burros mulas ect. encima da albarda pra traer feixes, leña ou calquer outra cousa parecido as angarillas eran os serois, que nestes era onde traian o peixe, e tamen o pan.
Perdon que non se moleste el Sñr de las albardas.
Un Saudo


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España