OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

LUBIAN: Amigo Inda: A exposicion, estaba o lado xusto da casa...

Amigo Inda: A exposicion, estaba o lado xusto da casa dos primos meus, algo lle queda dela, porque o resto marcharon rodando.... adornar chales en Canido, Nigran, Baiona e un polomenos marchou pra serra de Madri xunto con arados romanos, e un par deles xunto con duas charruas portuguesas adornan a estacion de servicios de Erosa, tamen tiñan xugos e todo tipo de farramentas pra labranza.
¿Como se lle chamaría en Lubian as partes do carro? que onda nós lle chamamos
chedeiro, que se compon das chedas, estadullos, estrado, coucons, treitoiras, chavellas, pinalla, ladreales, canizas e bios. E o rodeiro que ten o eixe, que ten as rodas compostas por o mion e as cambas, os aros e a espiga que e a parte do eixe que sai da roda pra fora.
Un saudo.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Amigo Barxes: O carro é moito carro, e son moitas as súas palabras. Un carro delas.
Está a EIXEDA ou AIXEDA. Toda dunha peza, desde a punta da CABEZOALLA ata os dous BRAZÓS da traseira.
Na cabezoalla están as CHAVELLAS, para suxetar a cabezoalla ao xugo co sobeo.

"Quíxente botar un polvo
na cabezoalla do carro
foise a chavella pra atrás
e esfolei todo o carallo"
(Jota cantada por un dúo de Ourense, na festa do pobo, adicada ao seu alcalde)
... (ver texto completo)


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España