LUZ: 5 Cts/kWh 3.0 TD
        

Mensajes de LUBIAN (Zamora) enviados por barxés:

Sodes uns fenomenos contando contos, ainda que os do churrian so mais antergos e mais propios da nosa zona pero estan mui ben todos. Gardade alguns para despois da comida do mes de agosto, pra escarallarnos de risa como me estou rindo eu co do supositorio emais co do analizador da orixe dos polos.
Unha aperta para tod@s dende este lado das portelas.
Eu prefiero a explicación dos vagalumes facendo o amor, inda que só é a femia a que ten órganos fosforescentes. Iso leva á conclusión de que se trataba de dúas femias lesbianas de vagalume xogando á brincadeira.
Por certo: os vagalumes tamén son chamados "luciérnagas", lucecús, lucernas, vermes de luz, vellas das papas, vacalumes e cagalumes.
Probablemente os lucecús do Churrián sabrán das vosas pescas nocturnas, pero tamén das aventuras daqueles Templarios dos que dice proceder Malladadacima.
Alegroume un montón saber que Pingadelo saio de dubidas, coa bruxa e o trasgo, non tanto polo tropezon que deo na lastra nin polo mal que o pasou no galiñeiro.
Pero quizas ti coas vellas das papas, vermes de luz teñas razon que podian andar a brincadeira as femias, e o non ter macho brillaban moito mais, e nese caso podian parecer un fantasma ou un morto vivente, habia que liscar rapido e esconderse onde se poidera. UN SAUDO PROS DOUS
Feliz nadal e prospero ano novo a Inda Cho Sei, Pingadelo, Lobonocortello, Cimapolapaladosalbardeiros, Piño, e tamen pros que non nomei e sean bos foreiros.
Saudos agarimosos a tod@s
Pidolle disculpas Amalladacimapolapaladosalbarde iros. com porque na mensaxe anterior papeille medio nome
Saudos
Feliz nadal e prospero ano novo a Inda Cho Sei, Pingadelo, Lobonocortello, Cimapolapaladosalbardeiros, Piño, e tamen pros que non nomei e sean bos foreiros.
Saudos agarimosos a tod@s
Nun pobo non me souperón decir se do Caurel en Lugo ou das frieiras en Ourense, pero si que éra un pobo onde nevaba, é duraba semanas a neve. Habia un crego que era abade por que tiña a parroqia muitas terras este crego se chamaba RVDO. D Tomas é tiña un criado casado o cal tiña oito fillos, o criado se chamaba Maximino, o crego tiña trinta vacas,é caeo unha nevada moi grande as vacas estavan nos currais, habia algunhas paridas con becerros xa de catro meses, pero o pobre do Maximino non tiña que ... (ver texto completo)
Felicidades o Piño dende terras da Gudiña por esa poesia tan bonita e verdadeira, por que cantas veces nas mallas, sendo eu pequeno habia que tapar a meda cando estaba pola metade por que viña a tronada,é andando nas faceiras pasaba o mesmo.
UN SAUDO AGARIMOSO A TODOS OS FOREROS DE LUBIAN
Que ben lle quedou o de capador de grilos, pois efectivamente por terras da Gudiña enseñaban a capar os grilos da seguinte maneira sobor de todo os rapaces
primeiro botabanlle auga, ou mexabanlle no burato pra que saira, e despois mandabanlle por as maus coas palmas estiradas en posición vertical é a unha distancia de 15cm. unha da outra enton colocaban o grilo nunha palla pasado polo medio e colocada facendo de travesa de mau a mau, enton collian un fio pra capalo. E decian apreta apalla rapaz é daban coas mans por o lado da fora enton ó grilo quedaba aplastado na man do rapaz é decian xa está capado, chamabanlle o" capagrilos". Un saudo pra Pingadelo, Lobonocortello, Xinxelo é Indachosei. ... (ver texto completo)
Prezado amigo Indachosei: Non podo por menos que felicitarte, por as tuas mensaxes é contos en distintos foros dos pobos das frieiras e outros e por empregar esas palabras tan nosas como reata, piorno, pinotes e outras tan propias da nosa zona. Despois de ler a lenda, tamen polo noso entorno hai outra naque un rapaz coidaba as vacas no mes de xaneiro nun prado, e pasou de volta pro pobo o cabreiro co rabaño das cabras e ovellas, e quedou unha ovella escarriada e saio o lobo matouna e puxose a rillar ... (ver texto completo)
Tamen apoyo o que dixo Carmina, fixeron ben tocalo.
Quero felicitar a Pingadelo por escribir no idioma noso, e polas suas fotografias, para que os incultos sepan onde chegou a gallaecia romanica.
Un saudo de un da Gudiña que mora en VIGO




5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España