LUZ: 5 Cts/kWh 3.0 TD

LUBIAN: Co tempo e por como vai indo a vida moitas palabras...

Nunha gasolineira moi próxima chamábanlle "O Doule" a un camioneiro deiquí, porque decía "doule" en lugar de "doulle".
En Lubián, como no resto dos lugares do concello, agás nas Hedradas, non somos "cheístas" nin "lleístas". Pero as características do noso galego propio non son máis ca esa, os plurais en OIS dos singulares en ON, e vulgarismos nas conxugacións verbais, como lle pasa a tanta xente castelá co castelán, e aos galegos que non tuveron ocasión de estudiar a súa lingua.
Faínto e fento son dous sinónimos. O primeiro ten unha difusión territorial moi pequena.
Por certo, tamén hai territorio "leísta" e "teísta" preto da fronteira portuguesa por terras de Celanova e Bande, según algún libro de texto.
GORROMELA é unha bonita palabra, certamente. (Nada ten que ver con "gonorrea", por se acaso).
Eu hoxe vou sacar do saco outra: BETILLO.
O betillo era unha táboa con puntas que se lle ataba por riba dos fociños ás becerriñas, cando empezaban a saír aos prados coas vacas, para destetalas, para quitarlle a gorromela de mamar na mai, xa que as puntas mancaban á vaca, e a vaca non se deixaba mamar.
Menos mal que non vos puseron un betillo a algúns nos fociños por esas gorromelas das que falades. Nos fociños, ou onde ficese falta, vamos.

Co tempo e por como vai indo a vida moitas palabras vanse perdendo, en parte poque non se usan. E o caso de todas as que estan ligadas ca labranza e os labregos. os aparellos, o carro, animais e tantas cousas que "O PROGRESO" vai pasando por cima delas e deixandoas esmagadas. Recordo cando era menino en en primaveira ibamos o orto do romeiro a coller AMORODIOS. Que palabra tan bonita e que ricos estaban.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Amigos foreiros de Lubian: Temos a un lado das Portelas a mesma forma de falar que do outro, palabras ainas curiosas como comenta Xinxelo, Amorodios, ésta me fai lembrar cando llos iamos a roubar de pequenos por suposto, a tia Rosa, aunque tias ou tios por onda nos éran todos os maiores. Os amorodios por o noso pobo habia moitos silvestres ou bravos, que bos éran deixaban a boca toda roxa e por suposto os fuciños e as maus.
Me gustaria que o noso amigo Inda nos explicara un pouco mais ampliamente, ... (ver texto completo)


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, otras tarifas consultar.
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España