LUBIAN: Prezados seitureiros de Lubian: Xa vexo como segais...

Esta segunda fase da segada é como moito máis tranquila e relajante, sempre se conta algún chiste ou se crea no momento, risas con bastante frecuencia, total, que este grupo o está pasando muy ben recordando tempo pasados é unha mañá super agradable.

Prezados seitureiros de Lubian: Xa vexo como segais sobre todo nesta foto, creo que a fouce mais afilada que hay e a que está montada no cabalete, da cal estades todos afilando,"bon porveito" que despois dunha xornada tan calurosa e de esgotamento fisico ben merece repor forzas. Estas cousas traen a mente tantos recordos os que nos criamos no agro, que as revives cando as veis ainda que con algunha diferencia, as gafas de sol escaseaban polas decadas dos sesenta e setenta, igualmente as lubas (guantes) os seitureiros levaban dedis de coiro pros dedos meñique e anular para o dar a fouzada non se cortar.
Por a miña idade xa seguei coa fouce pero o que eu mais me adicaba éra as labores de intendencia, como na casa se puñan duas medas grandes entre corenta e cincuenta carros de mollos, meu pai pagaba moitos xornais os portugueses que aparte de pagar había que mantelos e ben por suposto, sempre se mataban cordeiros, polos, e xamón e chourizos por suposto. Xusto onde o Inda Cho Sei vio
a potra de meu primo, ronpin eu con doce anos un garrafon de oito litros de viño que levaba xunto coa merenda pra dez seitureiros e menuda bronca me botou meo pai non se me olvida na vida, por certo ese dia entre eles estaba o amigo 252525 e o finado do seo pai, os cales ainda segaron ben anos pra nos, o 252525 solo era mais vello ca min cinco anos e como segaba, mais cos mais vellos, despois de Barxa marchaban a Vilavella, Castromil, e pra todo concello de Lubian, e chegaban a Puebla xa cunhos bos cartiños ganados pero moi ben merecidos, practicamente todos os que viñan éran do concello de Vinhais, o Ze e o seo pai que era un home moi alto, dei que lle chamaran o Ze Pequeno. Esto todo espero que o fillo do ZÉ Pequeno cuando se incorpore o seo traballo en Madrid nolo esplique porque nas Carballas na casa que ten en reformas non ten internet seguro que o mellor mirando a foto, conoce algun de bos.
Estivemos facendo unha boa festa cuns amigos del o di 13 de agosto no restaurante Novo Ribeirinha aveira do rio Rabaçal.
Saudos a todos os seitureiros en especial os que o organizaron.
¿Por que Gerundina y Pita Moñuda no han participado en la siega, o solo le gusta pisar la hierva en los pajares, por lomenos llebar la merienda el vino y las cervezas fresquitas a los segadores? ¡O no!


5 Cts/kWh para tarifa 3.0 TD, autónomos y empresas
Llama al 654 409 325, ofertas especiales para Pueblos de España