Mensajes de LUBIAN (Zamora) enviados por Pingadelo:

Onte foi un día moi triste, de pronto espertáronnos do sono demócrata no que creriamos vivir, hoxe déronnos outra volta máis de rosca. Que naide se chame a enganos, isto é o que nos agarda.
Garapio, espalladeira cos dentes virados para arrancar o esterco, isto non saíu de ningún dicionario, é como eu o vexo. Fai anos, tiña un compañeiro de traballo que se chamaba Serapio, e ás veces imaxinábao espetando os dentes no esterco, eu escarallábame a rir e el enfadábase cando le explicaba o motivo das miñas risas.
Canto me alegro de que a palabra non sexa só de eiquí. Porque esa é unha das dúas acepcións que lle daba miña nai.
Na miña casa había unha variante a cerca da fustaxe. Recordo que miña abuela dicíame, mira que fustras levas coa faldra fora.
Lembreime da palabra moumelo, adxectivo que por cuestiois fonéticas é moi explícito, ao menos para min, e fixe consulta en Cortes y Vázquez atopándoa como sinónimo de maranxeco e máis tamén marandelo. Estraviz dale o mesmo tratamento. Eu discrepo, pois inda que podan ser moi semellantes, entre un maranxeco, un maradelo e un moumelo hai pequenos matices moi determinantes. Ao menos para min.
Abecerrarse, dícese del pan que sale pegajoso.
Poda que o Piño nunca se le abecerrara o pan nin os roscois pois tiña moi boa mou. É outra dás palabras que me gusta, e a máis creo que é moi exclusiva da nosa zona. ¿Ou non?
Cacaforra; Cortés y Vázquez a recolle como "hongo venenoso", a min gústame máis cando a facemos servir para referirnos a unha persoa de pouca valía, ou ben cando nos referimos a unha persoa, case sempre muller, que pasa por un estado de doenza.
Por certo, cantas veces non diría eu o do cerote cando falo en castelan.
As falepas ou copos de neve; penso que é unha palabra usada nun reducto moi pequeno. Cando comeza a nevar e o vento as move aseméllanse ás falmegas.
Inda me escarallo de risa cando recordo ós meus rapaces, entón nenos de gardería, pedían “colo” as súas mestras. Ó remate tamén elas acabaron aprendendo o que era o colo, e máis non solo elas, tamén a maioría dos outros nenos pedían colo, non solo na gardería, tamén na casa. De este xeito escampouse a palabra a máis de 20 familias. Pasados xa 14 anos algunha vez visitamos a gardería e inda entre as mestras a usan. O que non sei é si a farán servir o resto de nenos.
O feito de pensar en galego e traducir sobre a marcha cando converso es castelán, tenme feito máis de unha xogada. A composición moi a miúdo usada en galego para pedir unha explicación máis precisa: ¿e logo?, fágoa servir en conversacións en castelán, ¿y luego?, ó que os conversadores me miran con cara estrañada e contéstanme, “después nada”.
Estes episodios degraciados suceden, maiormente, por duas razós:
A primeira; por ignorncia, ou, pra ser mais suave, por descoñecemento de outras palabras que dicen o mesmo (sinónimos).
A segunda;é unha flagrante falta de educación. Aquelas personas que se reíron de tí, tiñan tres problemas: a mais do dous reseñados, perderon unha boa oportunidade de "aprender"algunha palabra mais, tan nosa como outra cualquera; eu, toda a vida oí chamarlle vacoriños (ou vacuriños) a os porcos recién nacidos.

Cambiando ... (ver texto completo)
Esta mesma tarde, escoitando o programa da Cadena Ser: “ La véntana”, un dos presos da carcel de Carabanchel que Genma Nierga ten as tardes dos martes na tertulia, definiu ó juiz Garzón como unha das últimas vítimas do franquismo. E pode que sexa certo.
RAPADALLAS
Bonito xogo este das nosas palabras. A min sempre me gustou moito, rapadallas. E máis tamén me gustaba lamber as rapadallas que quedaban pegadas na artesa cando as nosas nais facían xuntoiro para cocer os roscóns nas festas.
Máis agradecido tenle que estar o mór ó mestre que ó pai
Sendo eu un garoto, xa fai moitos anos, na decrúa, axudábale a meu pai a arar a cortiña de San Sebastián, e cia o cimo a vertedera enganchábasenos cada dúas por tres nas raíces da nogueira co Manoliño ten na súa horta. Por baixo de nos andaba escabuxando nos allos a tía Agueda que non perdía detalle da nosa xeira, rezadora e comedora dos santos como poucas, e ata cun da súa propiedade que andaba polas portas pedindo esmola, acercouse a meu pai e dixole: mira, o que tes que facerlle a nogueira é a ... (ver texto completo)
O Máximo enviuvera había xa moitos anos, e desde que se xubilara, cada primeiro de mes apartaba unhas croas para ir a Ourense e darse un caprichiño nas mozas da vida.
O ritual era sempre o mesmo; á mañá cedo collía o Ferrobús na estación de Lubián cara a Ourense, primeiro comía o pulpo e unha ración de orella ou callos no mesón Entroido ó pe da estación, para facer tempo, unha voltiña polo parque de San Lázaro, e ó querer caer a noite achegábase onde a Soraya que le facía perder a testa... e nun ... (ver texto completo)
A chave e a pechadura

Aproveitando o día de mercado achegouse ao Púente o Sr. Prat co propósito de facer unha copia da chave para porta da súa nova residencia de vrou. O “Rayanico” tiña a ferretería cheíña de xente e ó pedirle a chave dixole que mellor fora a facer o resto de mandados ao Mercado e alá a última hora se achegara a buscala.
Mira por onde unha muller de Valdespino tamén se achegou a ferreteria a facer unha chave, e como non podía ser de outro xeito cando o desorde impera e os porcentaxes ... (ver texto completo)
Alá polo ano 1973 ou 74 sendo eu rapaz de escasos oito anos, andabamos unha tarde de domingo, varios “pintas”, ás froitas que o Agustin tiña na Cana. De repente vemos que pola canada acía nos, ven un matrimonio de carrilanos que facía pouco tempo vivían no pueblo, ó que chegaran para traballar na CECEA. Nos espantados por tal de non ser descuberta a nosa trasgada, metimonos na caseta que ó pé do camiño había, e creo que inda hai, engatemos pola parede e agazapemonos no alto, por tras de unha viga. ... (ver texto completo)
Gerundina; e logo, ¿porque non cabe posibilidade algunha de que Ricardo fora o que estoupara a testa contra o cumieiro?
A tía Marea era morgada dunha familia acomodada que non se viu na inevitable obrigación de emigrar ás Américas, que ós comezos do século pasado era tan habitual entre as xentes da comarca.
Solteira, á morte dos seus pais quedou como única herdeira daquel xeitoso capital, mais a falta dun home na casa, pra facer os traballos propios da labranza, a condenaron a pasar a súa vida tras de unha parexa de vacas e media ducia de rixelos. O seu viaxe máis longo, fora sendo nova á festa das candelas a Acibeiros ... (ver texto completo)
Ben pensei que le darías un abrazo e máis un bico ao carballo.
No temas Ricardo, la naturaleza siempre se apodera de lo que le corresponde. Hay pruebas evidentes.
O "caballero" sempre toma ponche Caballero. Un cafetiño quente, e despois a súa copiña de Caballero, a pao seco, con ese sabor doce que pega un beizo co outro, facéndote rumiar.
Unha tarde, en lugar da copiña, botáronlle en Casa Tito o Caballero nun copón, cunha pedra de carouxo --tamén chamado xeo--.
El non facía máis que chocaldrear aquel copón de Caballero pra disolver o carouxo: tilín, tilín, tilín... Inda me parece estar ouvindo o soniquete. Bebía un grolo, e o penedo rebotaba contra os dentes: ... (ver texto completo)
Lembra tamén, que entre golito e golito de ponche Caballero, o citado "caballero" acomodaba os xemelgos, unhas veces por diante e a maior parte delas por tras.
A praia de Valença do Miño.

Esta ferbente aventura de Ricardo aflórame un recordó.
Aos comezos dos anos 80, aterrécemos en Portugal medio cento de persoas en excursión turística ao norte do país veciño. Envoltos, novos con vellos e outros non tan vellos nin tan novos, acheguémonos a praia de Valença, uns a bañarse e outros a mollar os pes na borda. O mar estaba picado e as olas iban en aumento. Nun plis plas, ven unha oliña moi brava e rebolquilla a metade dos que por alí estabamos. Entre nos, ... (ver texto completo)
Os xemelgos

Hai xa uns 30 anos coa chegada dos primeiros kiwis neocelandeses a Lubián en charla picantona e moi animada, mentres agardaban para comprar no Delfín, varias mulleres alababan os poderes da novedosa froita. Dicía a Sabel: “O outro día na –tevelisión- dixeron que vaí moi ben para as galipandias, e para ir a Hedroso tamén”. Contéstale a Toña: “si home o que le facía falta o meu Lebrele levalo a Hedroso coa herba, a seitura e a carrexa por facer”, “nada… nada! mentres os palleiros non ... (ver texto completo)
Ay!… Ricardo ay!…. Que peso me acabas de quitar de encima, recuerdo bien aquella noche. Yo venia de colocar unas “mansoeiras” en le regato de Carnatiño, de pronto oí como alguien caminaba detrás de mi, y con temor a ser descubierto me metí en la pallarega donde Sergio guardaba las gallinas. Recuerdo los alaridos del carabo, recuerdo la oscuridad y recuerdo tu larga presencia en la fuente, pero nunca pude saber quien eras. También el miedo se apodero de mí y los nervios me hicieron encender un cigarrillo, ... (ver texto completo)
Cheirando na rede atopei esta bonita imaxe da estacón de Lubián.
Eu non cheguei a recordar a grua do cargadeiro en pe
¡Pingadeloooooo! ¿Donde estás que no me oubes? Xa outra vez te chamei e nada... Non che das conta que eres necesario no foro de Lubián. Contanos algun relato, dinos algo.
Espero, que esto será solamente pereza. FELIZ ANO NOVO.
¡Feliz 2011! ao Piño e a todos os que non tuve ocasión de ver en persona nestos días. A ver si me poño ao tema e botamos unha parolada.

Sempre con vos.
Los Hijos de Abraham.

Vai tu a saber a santo de que, pero o caso é que o maestro aquel día, e sin que servira de precedente, pediule os alumnos de 4º de EGB, na asignatura de relixión, que le ficeran unha redacción da vida dos fillos de Abraham-. “Papofino” que non achaba xeito por onde collelo, axudouse da “boa voluntade” de Holofernes e o seu parente, máis non o curman adivino, outro, catro ou cinco anos mores quel, e que se sentaban xusto no pupitre por tras.
Cos ecos daquelas estupendas ... (ver texto completo)
Dende o día de antes, a tía Maximina xa estaba nerviosa co viaxe a Zamora pra darse a ver aos médicos dun problema que viña arrastrando nunha perna facía xa un ano. Primeiro hasta Puebla na linia dos Guerra, noite na fonda da Pascasia pra seguir ó día seguinte na empresa Vivas hasta Zamora, aquelo era un martirio nada doado de levar. Sempre que viaxaba acababa mareándose, e ela xa se preparaba cunha bolsa plástico polo que podera pasar. Atrás quedara Otero de Bodas, Tabara, Pozuelo e chegando ó embalse ... (ver texto completo)
Este foro é para moitos de nos a ventá pola que nos asomamos o noso pueblo. Pode ser unha boa ferramenta si se fai un bo uso dela. A miúdo pasa que a participación acaba sendo cousa de tres, dous e ata incluso un, o que fai que decaia o animo e as ganas de participar.
Eu celebro que se participe, e cantos máis mellor.
Ó mesmo tempo que os primeiros moradores de Lubián levantaban barreiras, trazaban camiños e colmaban con xestas as súas casas, Adolfo Fernández, prantou o castañeiro que nos vindeiros anos axudaría o sustento da súa familia. Naquela nutrida terra virxe medrou moi á presa e ó cabo de dous outonos xa dou as súas primeiras castañas xanotas. Os anos caeron por lustros, decenas e centos, mais nin un solo novembro deixou de axudar ao sustento da familia co seu froito.

Non houbo xeadas, ventos nin crudos ... (ver texto completo)
O desterro.

Tocoume vivir entre as portelas naqueles duros anos en que tanto odio cía nos tiña a xente daquela xeración.. Dicíase, que nos eramos os causantes de tódolos males que os homes padecían. As lendas, rara vez certas, fixéronnos moito mal. Certo é, que penurias pasabámolas todos e cada un tiña que procurar unha esmola para el e a súa familia. Un duro inverno, tras xa varios días sen comer, a miña compañeira e máis eu sentímonos atraídos polos berros de un cordeiro que por baixo da Cruz ... (ver texto completo)
Nos comezos das obras da estación do ferrocarril de Lubián, ó igual que moitos outros homes da comarca o noso personaxe achegouse a obra a pedir traballo.
Naqueles duros tempos as xornadas eran de dez ou doce horas, e as remuneracións eran as mínimas que os contratistas se vían obrigados a pagar. Pra ir collendole as medidas a situación, aquel mesmo día xa quedou a probar. Durante toda a xornada, o capataz, un foguinas vido de Murcia, anduvo a procura del con tal de telo baixo presión, era o xeito ... (ver texto completo)
O éstrano é, que naquel mesmo intre non intentara vendervos a criatura resultante da súa cuberta polo garañón do tío José.
Daquel home tan chocante circulaban por Lubián moitas e enrebesadas historias, unhas certas outras lendas e outras sinxelamente mentira.
Dos máis vellos, sempre oín contar aquela na que en un dos moitos días que se achegaba a Lubián pra mercar, e debido á falta de liquidez, xurdiu de venderlle o tío Xico un suposto vitelo de poucos días que tiña na corte. O trato cerrouse e ... (ver texto completo)
Comecei o meu servicio como Guarda das fabas na Estercada. Foi unha mala entrada ó ser requirido pra este cometido cando as fabas xa levaban sembradas varios días, as merlas e outros paxaros que viñan dun crudo inverno, non esperaron a que naceran e desenterraron as sementes pra comelas. O meu amo cada vez que viña á cortiña e vía aquel desastre, facíame o responsable de tódolos males: “maragatiño, ovella negra, pasmarote…”. Pra vergonza miña, como os paxaros, sobre todo as pegas e os corvos, me ... (ver texto completo)
Era Luisito un prometedor atleta na especialidade de * “Coellos”, facía xa un ano que ninguén le ganaba os domingos antes da misa, e era o escollido para representar a Lubián no próximo campionato intermunicipal. Como a máis estaba na edade, alternaba as carreiras, coa prestación como monaguillo en practicas. Un domingo, víctima de unha novatada, o xefe de monaguillos mandouno a tocar a segunda --“das cento cincuenta badaladas a grande”--. Luisito tratando de cumprir ó requirimento, comezou as badaladas, ... (ver texto completo)
Dacasnalgas levaba o día enteiro de caza pra Serra; dos Cortellos a Barón, da Mallada da Cruz á Barreira Blanca, hasta chegar a Lagarellos cúa entreperna encetada e nin perdices nin charrelas… ¡nin tan xiquera pitos verdeais!.
Eso si, polos Queirugais e o Bedulo non deixaron de sentirse tiros en toda a maña, ao que el respondía: “así reventaseis, no os cansareis de perdices, ¡carajoo!”- si no encuentro perdices comere al menos la merienda.

Ó acabar de comer, encetadiño como estaba, colle o pendín ... (ver texto completo)
O tio Pedro foi un dia a feira, e o darse unha volta polos postos, os de lenceria sempre atraen a atencion. Despois de tanto mirar, decidiu comprarlle un sujetador distes modernos a sua muller.
Pediulle un a vendedora en ista loxicamente lle preguntou que talla queria, o que el lle responde: "Pois, uste vera, eu de tallas non lle entendo". A vendedora dicelle: "Bueno, pero uste sabe como son os peitos da sua muller, digo eu"
O tio Pedro: "Bueno, si, asi mais ou menos como pementos"
A vendedora: ... (ver texto completo)
Moi bo, Gel, moi bo...
Dende facía tempo o tío José e a tía Josefa estaban a precisar de un caldeiro novo pra cocerlle aos porcos, e naqueles primeiros anos 70, a Leonides xa non viña vendendo os xeitosos cacharros de materiais reciclables, (eso si que foi un exemplo de reciclaxe: latas de aceite que se convertían en regadoiras, e que logo os rapaces faciamos servir de saxofóns, botes de tomate que acababan sendo cazos pra sacar a augua do deposito da cociña económica, latas das empanadas, ou carrapitos de varias midas). Achegouse o tío José á casa dos do Sotillo pra mercar un caldeiro sin dicirlles o fin pro que o farían servir. Vendeulle o Miguel un caldeiro moi lixeiriño e cun colorido que daba gozo velo. O tío José iba máis contento que unhas castañolas, pero non pasaran nin catro horas e xa estaba reclamándolle polo mal resultado que le dera o coitado caldeiro.

- ¡Mecago no birimbao…! mira o que quedou do raio do caldeiro, enseñandole a argola.
- Pero home de Díos, como pois o caldeiro na lareira, non veis que é de plástico.
- ¡Arrenegado sea o demo! ... (ver texto completo)
Bo moi bo, non veis cómo te dixen que tarde ou cedo a muller daríase conta. Vai e cascalo si non o fíxeste xa. A min pasoume cómo ó Piño, escaralleime de risa.
Hai fotos novas pra ver. Foron feitas nestes días pasados, inda que a luz non era moi boa. Pulsando no apartado "ver últimas fotos de Lubián" vaise dereito a elas.
Hola Piño, xa vexo que estás de volta, notase que a chuvia do Mediterráneo fixote aflorar a poesía.
Benvido de novo.
Impresionantes imaxes Carmina. Esperemos que aviado se normalice a situación
En Lubián neste inverno non Chove Miudiño, máis ben o contrario.
Indachosei, Carmen, Pingadelo-Mirlo Blanco, Manuel y otros, Gracias por ser tan buenos, me gustan mucho los mensajes y fotos que subís al Foro, tanto que incitáis a uno a escribir, (aun siendo tonterías.) Pingadelo. Las dos últimas fotos, super buenas.
Un abrazo para todos. Piño.
Piño sigue escribindo como o fas, é agradable ler esas historias salpicadas de Toponimos.
No meu paso efémero polo mundo da pesca, sempre que saia pra zona da granxa, á volta pra casa viña pola Cruz, onde a miúdo andaba a pasear un home, agora xa morto, que nos seus tempos mozos fora moi aficionado ás mansoeiras. Este home sempre le botaba unha guincha, que a modo e caxato levaba cuel, ao fondo da miña cesta pra sopesar a cantidade de troitas que collera. Ao fin, sempre decía o mesmo: "non as entendes". Cansado desta situación, un día que miña mai comprara xurelos e congrio no pescadeiro, ... (ver texto completo)
Naqueles tempos do século pasado, subía un pescador polo Tuela arriba a partires dos Coutos de Chaos e enchía de troitas o mingacho antes inda de chegar ós Areáis.
Trinta e nove troitas un día, todas collidas á "cucharilla", algunhas delas de unha libra de peso.
Desde os Areáis o pescador subíu ladeira arriba cara ó lameiro do Casar, con todo aquel peso do mingacho ó lombo.
-- Ësta sí que foi! Subir tanta costa pola forza do día!
Pero era mellor subila, que desandar o andado pola borda do río, ... (ver texto completo)
¿O tren correo?, si si... máis ben o tren da maña cara Ourense
Estaba un vello sentado nun banco da praza, de pronto un rapaz cos pelos tesos e tinxidos de roxo, amarelo, azul e verde sentase o seu lado. O vello sorprendido non podía deixar de miralo. O rapaz con desaire dicele: ¿Qué pasa gilipollas?, ¿nunca fíceste unha loucura na túa vida?.
O vello sin alterarse contestale:
Sí, unha vez emborracheime, e fuquei cun loro... e agora xustiño estaba eu a pensar si á raiz daquela non serás meu fillo.
Moito máis que un simple billete.
La nieve de Enero, dura cómo el acero.
(lo contrario a la de Marzo)
Dura más la mala vecina, que la nieve marcelina.
Dura a neve e duro o inverno.

Mentres non chegue o tempo de sentarnos ao soalleiro, seguiremos estirando do sequeiro.
Certamente, é unha das vistas máis fotografiadas de Lubián.