LUBIAN: Nos comezos das obras da estación do ferrocarril de...

Nos comezos das obras da estación do ferrocarril de Lubián, ó igual que moitos outros homes da comarca o noso personaxe achegouse a obra a pedir traballo.
Naqueles duros tempos as xornadas eran de dez ou doce horas, e as remuneracións eran as mínimas que os contratistas se vían obrigados a pagar. Pra ir collendole as medidas a situación, aquel mesmo día xa quedou a probar. Durante toda a xornada, o capataz, un foguinas vido de Murcia, anduvo a procura del con tal de telo baixo presión, era o xeito de marcar o territorio.
A mida que pasaba o día, o Maurilio se queimaba mais e mais e non paraba de botar contas entre ser mísero traballando de sol a sol cun machaquito entre as uñas, ou ser igual de mísero cúa súa burra detrás dos rixelos.
Sen esperar a que terminara a xornada, con xesto sarcástico quedouse mirando pro capataz e dixole.
- Sr. Amable, ¿e pra coller as vacacións?
- Pero hombre, las vacaciones… cuando usted lleve un año trabajando tendrá derecho a quince días de vacaciones.
- Boooo carallo, entón así non me interesa. Si fora que por cada quince días de traballo tivera dereito a un ano de vacacións, inda, máis así non.
Pegou media volta, e sen esperar a cobrar as nove ou dez horas de traballo montou na burra cara Castrelos.