LUBIAN: Sendo eu un garoto, xa fai moitos anos, na decrúa,...

Sendo eu un garoto, xa fai moitos anos, na decrúa, axudábale a meu pai a arar a cortiña de San Sebastián, e cia o cimo a vertedera enganchábasenos cada dúas por tres nas raíces da nogueira co Manoliño ten na súa horta. Por baixo de nos andaba escabuxando nos allos a tía Agueda que non perdía detalle da nosa xeira, rezadora e comedora dos santos como poucas, e ata cun da súa propiedade que andaba polas portas pedindo esmola, acercouse a meu pai e dixole: mira, o que tes que facerlle a nogueira é a mouquiña, si, si a mouquiña. Hai uns anos eu fixelo a unha que puxeron por riba da nosa cortiña da Mollariza, despois cando foi o tempo dás confesións en segredo conteillo ó crego, máis a nogueira non foi adiante.

Agora lembro eu que a nogueira non foi adiante, máis tampouco a tía Agueda vive xa, nin á horta da Mollaríza hai quen le bote unhas fabas.

Récenme máis a modiño.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Amigo Pinga, olla fixesteme recordar de coisas de cuando era garoto, cuando meu paiciño le ia a pagar a burra o cura pra poder comer carne na coaresma, e decer si pagabas a bula, nahu cometias pecado, perdón o primeiro puse burra nahu sey se e uhma coisa ou e a outra, de tudas maneiras ispero me entendan. Tamen sey que en xente que se confesa a algún bon, pasa como cuando metes na criba as castañas alguhas sahu boas.
Unha aperta.